lunes, 11 de junio de 2018

Visita do escritor Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville nun momento do coloquio 
Este luns 11 de xuño, dentro das actividades programadas por Normalización Lingüística, recibimos a visita do escritor Héctor Cajaraville, que veu falar aos alumn@s de 1º de ESO de seu libro : " Denébola a Roxa ".(Baía edicións , 2016 ). Este é o quinto libro do escritor, e a súa protagonista Denébola lle ocorren moitas cousas..
Despois dunhas breves explicacións do autor, abríuse un coloquio onde os alumnos-as poideron facerlle preguntas a Héctor, xa que todos leran o libro. Así, Cajaraville contou que quixo facer unha novela histórica, ambientada a principios do século XVII e, que para eso, tivo que documentarse moito sobre moitas cousas : alimentos que se consumían naquela época, nomes máis utilizados, descubrementos máis importantes, etc.. Confesa o autor que grazas a ter que documentarse tanto sobre esta época, aprendeu moitas cousas que o enriqueceron como persoa.
Tamén contou que esta historia é facilmente trasladable á época actual, xa que algúns temas que se tratan no libro seguen vixentes na actualidade : as desigualdades entre homes e mulleres  ou a homosexualidade, esta última raramente é tratada en libros de literatura xuvenil. Para rematar, nos falou do proceso de construcción das personaxes. E, como colofón,  asinou  moitos exemplares da súa novela para os alumn@s. Por suposto, tamén nos asinou un para a Biblioteca

Yo conozco mi herencia. ¿Y tú?


Da man da profesora Gema Roiz Sánchez - Dpt. Latín, Grego e Cultura Clásica-  e que tamén está integrada no Equipo de Apoio da Biblioteca , alumnas-os de 3º. 4º de ESO e 1º de Bacharelato  participaron no concurso:  " Yo conozco mi herencia. ¿Y tú? ". É un concurso a nivel nacional, impulsado por AMUPROLAG e a SEEC ( Sociedad Española de Estudios Clásicos ), que trata de reivindicar un lugar para a Cultura Clásica , o Grego e as Humanidades  na LOMCE. Este xa é o terceiro ano que  participa o IES Nº 1 , elaborando un  vídeo, cada ano cunha temática distinta  . O deste ano está adicado á figura de Ovidio, co gallo da conmemoración do bimilenario da morte do grande autor clásico. Participaron 20 centros educativos de toda España e o IES Nº 1 acadou un honroso terceiro premio.                                                                                                                                                                                     

viernes, 8 de junio de 2018

Regueifeiros do IES Nº 1

O  pasado mes  de maio, o instituto estivo de noraboa, xa que dous alumnos e unha alumna  de 1º de Bacharelato conseguiron o Primeiro Premio do concurso  " A  Reguifa  mellor  falada  " , promovida polos concellos de Ames, Teo, Carballo e Santiago de Compostela. Esta actividade estivo coordinada pola profesora Ana Lousado Duro  ( Língua Galega e Literatura ). Os alumn@s : Tania Pérez Godoy,  Esteban Decabo Nogueira   Manuel Cid Domínguez crearon  e  filmaron  esta simpática regueifa  que titularon  "  A Regueifa  de Papatoria  ", e  que se pode  ver en youtube.

martes, 15 de mayo de 2018

Marchando unha de ciberpiratas !!! XOELIKI

O venres 11 de maio, recibimos no Instituto a Abraham  Carreiro, un dos creadores e ilustradores da personaxe de Xoeliki .
Esta personaxe, é un neno tímido, pero que se transforma cando accede á internet : quere ser un  hacker e salvar os ordenadores do colexio.
Abraham Carreiro explica aos alum@s de 1º de ESO, os distintos usos que pode ter a Internet. Logo fai un repaso as distintas personaxes que aparecen nas historias de Xoeliki.
Ari. A rapaza rebelde, idealista e intelixente.
Barbabranca. Sabio creador da resistencia pirata.
Maverick. Membro tamén da Resistencia Pirata, que actúa por libre, navegando pola internet sen deixar rastro.
O  Director do colexio de Xoeliqui. Moi estricto e severo. Gústalle castigar aos alumnos. Pensa que os nenos están pervertidos pola Internet.
Centulo. Xenio programador de informática.
Aparecen tamén outras personaxes coma: Iván o Bucaneiro, Estrela ou Mr. Virus.

Un dos momentos  máis interesante da charla, foi, sen dúbida  os debuxos das distintas personaxes do libro que o autor fixo alí mesmo.
Carreiro tamén lle explicou aos alumn@s, as distintas técnicas que se empregan  no proceso  de ilustración dun libro.
                                        Moi ilustrativo - nunca mellor dito- foi a explicación que lles deu Abraham dos distintos " trucos" que empregan os ilustradores para definir as "  personalidades " dos distintos debuxos: así, as que son  boas, teñen os ollos máis redondiños, as malvadas, máis triangulares. E non só polo que atinxe á cara, senón que o debuxo do corpo ten que ir en consonancia co que lle está pasando a personaxe. En definitiva, trátase de darlle a maior expresividade aos debuxos para que as ilustracións collan vida.
Por último os rapaces e rapazas de 1º de ESO, por indicación do  autor se animaron a facer seus propios debuxos, converténdose eles tamén en ilustradores.
Foi esta unha reunión moi interesante, divertida e ilustrativa.



"Xoeliki :  as aventuras dun ciberpirata ".  Abraham Carreiro/Maties Segura.  Edit.Sotelo Blanco

jueves, 26 de abril de 2018

Outra vez.. as Bibliotecas na rúa



 Dentro dos actos programados polos Centros Públicos de Ensino Secundario  para conmemorar o Día  Mundial  do  Libro  2018, non nos podiamos esquecer dunha  actividade conxunta  do IES  Nº1  e do  Manuel Chamosos Lamas, que xa se ven organizando dende fai varios anos :  Biblioteca  nas  Rúas
                                                               No presente curso,  adicado aos autor@s  que dan nome ás rúas do Carballiño :  Eduardo Blanco Amor, Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Castelao, Vicente Risco, Emilia Pardo Bazán, e  os poetas Manuel María  e  Eusebio Lorenzo  Baleirón , tan vencellados á vila do Arenteiro.

                      Os rapaces e rapazas pertencentes o
Nº 1  e o  Chamosos Lamas, leron textos de todos eles. Houbo tamen  exposicións de libros, actuación do Coro  do  Chamoso Lamas,  música, etc..
Dende aquí queremos agradecer a todos os rapaces e rapazas que decidiron " perder " unha parte de seu tempo para poder estar na Praza do Concello celebrando este día do libro.
É certo que, ás veces, "  abusamos " da súa dispoñibilidade para facer este tipo de actividades. E me estou referindo a unha serie de alumnos e alumnas que sempre están dispostos a colaborar e a botar unha man cando se lle solicita dende o  centro . Novamente grazas.

Imos rematar cun  dos poemas lidos onte na Praza do Concello: é do poeta Eusebio  Lorenzo Baleirón,  profesor do IES Nº 1 , e que morreu tan novo.

UNHA  MULLER  ESTÁ  A  SOÑAR.

Un pequeno país era o seu rosto
de costas para o mar
no que antigos mercaderes
encetaban as rotas do marfín
e as especias.
Unha rexión nevada ao pé dos bosques
que cruzaban carretas misteriosas
guiadas por cegoñas como pontos de luz.
E pequenos dedos foon tecendo 
lingoas de mar
até as ribeiras firmes
para gardar o sono da muller en calma.
Ela levaba nos ollos
un pálpito de seres e de voces;
o intenso silencio da noite
pesáballe nos brazos e nas tempas...
Como quen sempre está a soñar
e non acorda


                                                



martes, 24 de abril de 2018

23 de abril, Día Mundial do Libro

Ao longo da semana , iremos poñendo distintas actividades que se fixeron  no IES Nº 1  para celebrar o Día Mundial do Libro.
                                                        Escomenzamos cunha exposición de libros  que teñen a dedicatoria dos propios autores-as.
Ao longo de moitos anos, algúns dos máis importantes escritores-as en língua galega , pasaron polo noso centro para falar co alumnado  de libros, así que nos sempre lle pediamos  que nos firmasen algúns exemplares.. as veces, as dedicatorias son persoais, outras son ao Instituto ou a Biblioteca. O importante é que nos fixemos cunha morea de libros dedicados que agora están na exposición. Aparecen  autores como  Ledicia Costas, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Miguel Anxo Fernández, Ramón Caride Ogando, Andrea Maceiras, Alfonso Pexegueiro, Marcos Calveiro, Tucho Calvo, Pere Tobaruela, Elena Gallego e mesmo o profesores do IES Nº 1 : Juan Manuel Valcárcel  Frutos Fernández.

                                          A  todos  eles,  moitas  grazas !

                                              FELICES   LECTURAS  !


                                 

lunes, 12 de marzo de 2018

8 de marzo : Día Internacional da Muller

Un ano máis, e de novo estamos conmemorando O Día Internacional da Muller. Nesta ocasión decidimos reflexionar sobre a  " Historia das mulleres", esa intrahistoria que non ven  nos libros de texto, porque as mulleres tamén son as grandes esquecidas da historia. O traballo deste ano está estructurado en dous bloques : por unha banda: unha escolma de mulleres que a pesares dos atrancos foron capaces de reivindicarse e conseguir  que o seu traballo lle fora recoñecido en vida, ás que lle  chamamos " As mulleres sabias " .
Aproveitando que este ano o lema das Bibliotecas Escolares é  " Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar ", ollamos cara unha serie de pensadoras e filósofas que teñen escrito e reivindicado o papel da muller ó longo da historia . Dende  a primeira gran poetisa da Historia , Safo de Lesbos, que viviu no século VI a.C., pasando pola naturalista, filósofa, musicóloga  Hidegard  von  Bingen do século XII, para rematar no s. XX con Simone de Beauvoir, a gran filósofa francesa precursora do feminismo contemporáneo.
En contraposición, temos outro apartado que definimos como: " Do esquecemento á memoria ", onde tentamos de poñer en valor a algunhas mulleres que no seu momento fixeron traballos moi importantes, aínda que non se lle recoñeceron:  son os casos das científicas  Rosalind  Franklin  e  Lise  Meitner, que investigaron respectivamente sobre a cadea do ADN  ou a fisión nuclear ainda que os Premios Nobel de Medeciña e Física só se lle outorgaron  a seus compañeiros de investigación homes. Houbo tamén curiosos casos de suplantación como o da autora María Lejárraga , que escribiu prácticamente todas as obras de teatro que logo asinou  seu home: Gregorio Martinez Sierra; o mesmo lle ocorreu a Margaret Keane- pintora estadounidense- aínda que era ela a que pintaba todos os cadros, era seu home quen  os asinaba , levando durante máis de dez anos todo o recoñecemento.
Estes dous casos, ou o de Zenobia Camprubí - muller de Juan Ramón Jiménez-  amosan tamén unha certa autoanulación ou renuncia  por parte das mulleres. De todo isto falamos no acto que tivo lugar o 8 de marzo  no Salón de Plenos do Concello do Carballiño, onde a alumna Abril Ciocciola Noto de 1º de Bacharelato leu  un pequeno manifesto que reproducimos en parte.
"Do esquecemento á memoria".
Alguén dixo algunha vez, referíndose á violencia de xénero que non só doen os golpes. Ao longo da historia, moitas mulleres foron anuladas, silenciadas e sen recoñecemento do seu traballo: iso tamén é un xeito de maltrato.. e non pequeno!. Hoxe queremos traer aquí, á memoria colectiva, as situacións tan inxustas que seguen a sufrir moitas mulleres no mundo. Según datos de UNICEF máis de 130 millón de seres humanos- mulleres- seguen  sen escolarizarse, sen poder ler libros, nin conducir, nin  acceder a Internet  ou votar.. por non falar dos centos de miles de nenas que sofren mutilacións xenitais ou son convertidas en escravas sexuais . Como o mundo é cada vez máis pequeno, non pensedes que están moi lonxe de nós. Lembrar cada 8 de marzo ás mulleres está moi ben, pero estaría mellor que ao longo do ano todas  e todos fixeramos algo máis pola auténtica integración e igualdade das mulleres: dende o seo da propia familia, pasando polas institucións públicas e tamén nos centros educativos . Debe ser unha tarefa colectiva , xa que as mulleres representan  a metade da poboación mundial. Se conseguimos que a maioría delas teñan unhas condicións de vida digna, con toda probabilidade os seres humanos en xeral seríamos  un pouco máis felices.