venres, 8 de abril de 2011
ABDEL: A historia dun pequeno saharaui

" ABDEL ", de Enrique Páez, é o novo libro do Club de Lectura. Conta a historia dun rapaz que xunto a seu pai chega a España procedente do Sahara. Buscan en Europa a liberdade e tamén poder prosperar. Pero despois dun atribulado viaxe , ( con pateira incluida ), as cousas non son tan doadas como parecían dende o Sahara. Escollimos este libro, ó fío dos episodios convulsos e das revolucións sociais que se estan producindo nalgúns paises do norte de África. E aínda que foi escrito nos anos noventa, pódenos servir como telón de fondo para amosar os problemas que plantexan as emigracións, fundamentalmente o desarraigo , a pobreza e o "choque cultural ".
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)