martes, 3 de maio de 2011

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS



Dende a Biblioteca, convocamos o Primeiro Concurso de Marcapáxinas . As bases do mesmo publicaranse a partir do 5 de Maio, en carteis que se porán por todo o Centro. Haberá dous premios, e agardamos que haxa moit@s concursantes

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

ENCONTROS CON ESCRITORES







No mes de abril, para conmemorar o Día Internacional do Libro, celebramos dous encontros con escritores: visitounos Teresa González Costa , que nos falou da súa obra : A filla do ladrón de bicicletas. Tamén nos visitou Pere Tobaruela, que nos explicou as claves do seu libro: Viaxes dun can de palleiro.



Os encontros tiveron lugar na Biblioteca, coordinados polo Equipo de Normalización Lingüística. Foi unha actividades para todo o primeiro da ESO. Os alumnos poideron preguntarlle ós escritores sobre aspectos dos libros e tamén ó remate dos encontros lles adicaron os libros.