Esto xa non é un vídeo de fadas: se trata de que pasedes un pouco de medo... xa que estamos perto
do " Samaín ", de datas de difuntos, ou de seres que aínda non están mortos de todo , e , dos que coa lúa chea se convirten en " lobishomes ". Esto é o que lle ocorre a Michael Jackson no seu mítico vídeo THRILLER. Este video é do ano 1982, pero revolucionou o mundo dos videos musicais. A dicir dos expertos, hai un antes e un despois no mundo da imaxe e da música con este video. Paga a pena visionalo, xa que conta unha historia que vai de medo. Non vos perdades a música, a posta en escea, e as coreografías, son case perfectas.


