

Como todos os anos por estas datas, os alumnos-as de 1º de ESO visitan a Biblioteca. É unha primeira toma de contacto, aínda que moitos deles xa a coñecen, porque dende fai varios anos o IES Nº 1 ten unha xornada
de portas abertas no mes de maio para todo o alumnado que nese momento cursan
6º de primaria
Visitaron as duas salas e, quedaron un pouco abraiados da cantidade de libros e outros documentos que contén a Biblioteca.
A encargada da Biblioteca explicoulle todos os servizos con que contamos: préstamo de libros e DVd´s, acceso a Internet, revistas e xornais, libros para pais/nais , Clubs de lectura, Mochilas Viaxeiras, etc..así como normas de usuarios.
Cando rematamos, fixemos unhas fotos para a posteridade, das que vos deixamos unha pequena mostra no blogue e, que tamén poñeremos nos taboleiros da Biblioteca.