martes, 28 de novembro de 2017

O MACHISMO QUE NON SE VE

Os alumnos de 3ª  de ESO B, xunto  coa nosa titora Rocío,  estivemos a falar sobre  " O machismo na nosa sociedade " durante as sesións de titoría do mes de novembro. Primeiro vimos o documental :  " El machismo que no se ve " , de RTVE, e logo mantivemos un debate onde cada un de nós comentaba situacións reais nas que observamos que ese machismo está presente nas nosas vidas.

Por último, e con motivo da celebración  do
" Día  Internacional contra a  Violencia  de Xénero ", buscamos cancións   relacionadas con este tema e escollimos frases  para escribilas en cartolinas que logo colocamos nas escaleiras principais do instituto, porque a violencia de xénero , é un problema que nos atinxe a todos.


                                                      Rocío González Vázquez.  Profesora de Matemáticas .
                                                                                                 Titora  de  3º  de  ESO  B  .           

luns, 27 de novembro de 2017

PALABRAS E VOCES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como todos os anos, o venres 24 de novembro tivo lugar no salón de plenos do Concello do Carballiño un acto conxunto de todos os centros educativos da vila, no que se denunciou a violencia de xénero, auténtica lacra que non somos capaces de erradicar da nosa sociedade. Ese mesmo venres, víñase de producir unha nova morte dunha muller a mans da súa parella. 
Quero agradecer dende aquí a colaboración de Marta  e  Natalia  (  1º  de  ESO  )  e   de  Abril  e  Sara  (  1º  de  Bacharelato  )  que  foron as representantes  de noso centro e que leron poemas alusivos a esta problemática.

Xa no centro, fixemos tamén unha exposición con carteis e con libros  cuia temática é fundamentalmente o maltrato e a violencia contra as mulleres. Dende a vicedirección  do centro tamén se puxeron as " esquelas "  cos nomes e apelidos de todas as mulleres mortas no que vai de ano.

venres, 24 de novembro de 2017

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Este ano con especial dedicación a madame Curie,  da que se cumpriron 150  anos de seu nacemento  (  Varsovia, 7 de novembro de 1867 ).

Marie Curie foi a primeira muller que recibiu o premio Nobel  de Física  en 1903 , xunto co seu home Pierre Curie  e,  posteriormente o de Química xa en solitario -1911-

Como outros cursos, tamén temos unha exposición na Biblioteca de libros que nos falan de Ciencia . Dende hai varios anos, a Biblioteca foi adquirindo  fondos  desta temática: dende novelas , DVD,s , biografías de científicos e, libros divulgativos, que falan de distintos aspectos da Ciencia  pero dun xeito ameno e asequible.




martes, 31 de outubro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

En palabras de Pilar López Ávila : " .. nas bibliotecas descubrimos, aprendemos, informámonos, sentimos. Vivimos outras vidas. Maxinamos que somos tartarugas xigantes que gardamos baixo a nosa cuncha as historias que nos contaron, os libros que limos e os libros que soñamos ler algún día. Somos auténticas bibliotecas ambulantes ". 
Dende 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove esta celebración do 24 de outubro como  " Día  Internacional  da Biblioteca ", en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante o conflito dos Balcáns en 1992.
Tralo ataque, o médico e historiador croata Mirko G. Grmek acuñou o termo  " memoricidio " para definir a destrucción da memoria e o tesouro cultural do " outro " , do adversario, do inimigo.
Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, escolares, etc.. acollen grandes tesouros, e destruílas ou non protexelas, que ven a ser o mesmo, é un " memoricidio "
Libros  Marabillosos
Un dos mellores xeitos de protexelas é dálas a coñecer, abrir as súas portas, amosar seus recunchos máis escondidos, extraer seus documentos dos fríos andeis e poñelos nas mans dos lector@s.
Aquí tendes unha pequena mostra dalgúns dos tesouros que temos na Biblioteca: Libros Marabillosos e pouco convencionais que nos falan do Titanic, as Aventuras de Ulises, Os Dinosaurios, Romeo e Xulieta, os Dragóns ou nos contan unha Öpera..
Son, en definitiva, portadores de historias, soños e esperanzas.
                                                                                                         






Nesta exposición tamén exhíbese unha edición facsímile do Pergamiño Vindel , cedido pola profesora de Língua e Literatura Galega Chelo González Álvarez.
O pergamiño Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax con notación musical incluída de seis.
A descuberta deste pergamiño debeuse ao azar. Ocorreu cando o comerciante de libros antigos  Pedro  Vindel o  encontrou na súa biblioteca en 1914 servindo de forro a un exemplar do  De officiis  de Cicerón, do século XIV con encadernación do século XVIII.
O pergamiño desapareceu pouco tempo despois de se descubrir, créndose perdido durante moitos anos. Logo, foi adquirido polo diplomático e musicólogo Rafael Mitjana , que o depositou na súa biblioteca de Uppsala, cidade sueca onde residía por aquel entón. Tras a súa morte , en 1921, a biblioteca foi vendida polos seus herdeiros e,  despois de varias vicisitudes, o pergamiño foi adquirido pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva dende 1977.
Entre os meses de outubro do ano 2017 e marzo do ano 2018, o pergamiño Vindel exponse no Museo do Mar de Galicia, na cidade de Vigo .

luns, 13 de marzo de 2017

NO DÍA INTERNACIIONAL DA MULLER





Este 8 de Marzo decidimos adicar o  " Día Internacional da Muller "  ás  " mulleres artistas ", pintoras e escultoras que ao longo da historia tamén deixaron a súa pegada na  Arte. Creadoras que, moitas veces foron silenciadas ou quedaron nun segundo plano con respecto ós seus compañeiros homes.

Esta quere ser unha pequena mostra dalgunhas das pintoras máis famosoas de todos os tempos: Artemisia Gentileschi,  Angélica Kauffmann, Mary Cassatt, Georgia O¨keeffe, Frida Kahlo , Lee Krassner ou Berthe  Morisot.









 Tampouco esquecemos  ás artistas galegasElvira Santiso, Maruja Mallo, Mª Antonia Dans, Concha Vázquez, Menchu Lamas , Carmen Rodríguez de Legísima, Xulia Minguillón..












Un caso moi especial é o da escultora francesa Camille  Claudel 
( 1864-1943 ), que forma parte do panteón de artistas cuxa xenialidade reamatou por converterse  en " loucura ". Puidera ser que Camille fose unha persoa inestable, pero hai serias dúbidas sobre a suposta loucura de quen foi unha das mellores escultoras do século XX . A súa, é a historia dun enfrontamento: dunha muller xenial e turbulenta contra todos aqueles que quixeron poñer atrancos ó seu indomable espírito.

Non se pode entender a traxectoria persoal e artística de Camille Claudel sen falar de Auguste Rodin, o recoñecido escultor francés de quen Camille foi durante 10 anos, alumna, modelo e amante, influíndo notablemente  en moitas das obras de seu mestre. Camille Claudel morreu en 1943 no manicomio de Montdevergues a idade de 79 anos. Despoi de máis de 30 anos de reclusión, aillada pola súa familia e na máis completa soedade.
Ela simboliza moi ben as dificultades que tuveron moitas mulleres para expresarse e traballar libremente, nas mesmas condicións nas que o facían seus compañeiros homes.