martes, 28 de novembro de 2017

O MACHISMO QUE NON SE VE

Os alumnos de 3ª  de ESO B, xunto  coa nosa titora Rocío,  estivemos a falar sobre  " O machismo na nosa sociedade " durante as sesións de titoría do mes de novembro. Primeiro vimos o documental :  " El machismo que no se ve " , de RTVE, e logo mantivemos un debate onde cada un de nós comentaba situacións reais nas que observamos que ese machismo está presente nas nosas vidas.

Por último, e con motivo da celebración  do
" Día  Internacional contra a  Violencia  de Xénero ", buscamos cancións   relacionadas con este tema e escollimos frases  para escribilas en cartolinas que logo colocamos nas escaleiras principais do instituto, porque a violencia de xénero , é un problema que nos atinxe a todos.


                                                      Rocío González Vázquez.  Profesora de Matemáticas .
                                                                                                 Titora  de  3º  de  ESO  B  .           

luns, 27 de novembro de 2017

PALABRAS E VOCES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como todos os anos, o venres 24 de novembro tivo lugar no salón de plenos do Concello do Carballiño un acto conxunto de todos os centros educativos da vila, no que se denunciou a violencia de xénero, auténtica lacra que non somos capaces de erradicar da nosa sociedade. Ese mesmo venres, víñase de producir unha nova morte dunha muller a mans da súa parella. 
Quero agradecer dende aquí a colaboración de Marta  e  Natalia  (  1º  de  ESO  )  e   de  Abril  e  Sara  (  1º  de  Bacharelato  )  que  foron as representantes  de noso centro e que leron poemas alusivos a esta problemática.

Xa no centro, fixemos tamén unha exposición con carteis e con libros  cuia temática é fundamentalmente o maltrato e a violencia contra as mulleres. Dende a vicedirección  do centro tamén se puxeron as " esquelas "  cos nomes e apelidos de todas as mulleres mortas no que vai de ano.

venres, 24 de novembro de 2017

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Este ano con especial dedicación a madame Curie,  da que se cumpriron 150  anos de seu nacemento  (  Varsovia, 7 de novembro de 1867 ).

Marie Curie foi a primeira muller que recibiu o premio Nobel  de Física  en 1903 , xunto co seu home Pierre Curie  e,  posteriormente o de Química xa en solitario -1911-

Como outros cursos, tamén temos unha exposición na Biblioteca de libros que nos falan de Ciencia . Dende hai varios anos, a Biblioteca foi adquirindo  fondos  desta temática: dende novelas , DVD,s , biografías de científicos e, libros divulgativos, que falan de distintos aspectos da Ciencia  pero dun xeito ameno e asequible.