Parece que a Violencia de Xénero lonxe de desaparecer está acadando novas formas de presentación e manifestación. Por iso, este ano dende o IES Nº 1 quixemos denunciar este novo xeito de violencia. Xa que somos un centro educativo que matricula fundamentalmente adolescentes, queremos botar unha ollada a importancia que está adquirindo o emprego das TIC ( Tecnoloxías da Información e Comunicación ) como ferramentas de violencia e intimidación. Cando falamos de adolescentes, falamos de nativos e nativas dixitais, que naceron coas novas tecnoloxías e, que tamén as empregan para exercer todo tipo de violencia sobre as súas parellas : é o que se coñece xa co nome de ciberdelincuencia de xénero.
O teléfono móbil ou Internet son instrumentos fundamentais de socialización e comunicación, é a través deles como as rapazas e rapaces adolescentes consolidan as súas relacións. Ao respecto, é siñificativo que máis dun 19% de rapazas usuarias das redes, recoñecen sufrir acosos por parte de súas parellas a través das mesmas.
Este novembro de 2018, pensamos que sería bó reflexionar sobre estas novas manifestacións de violencia a través das redes e das novas tecnoloxías empregadas fundamentalmente por xente moi nova. Por todo isto, elaboramos un Decálogo ( dez proposicións para rapaces e dez para rapazas ) para ser capaces de Quererse Sen Violencia.
O luns 26 de novembro, catro rapazas e catro rapaces de 1º de Bacharelato acudiron a un acto no Concello do Carballiño , donde leron as proposicións do decálogo .
Dende aquí quero agradecer a : María, Jorge, Gisela, Erik, Laura, Noel, Bárbara e Alberto, a súa colaboración e compromiso con esta actividade.
Non quero rematar sen comentar brevemente o tráxico suceso que tivo lugar estes dias en Alcorcón , onde unha adolescente foi asasiñada presuntamente por outra, que tamén previamente, empregou whatsapp para ameazala.
Este caso- por desgraza- ilustra o que empeza a acontecer entre algunhas rapazas moi novas : adoitar actitudes violentas e machistas .
O teléfono móbil ou Internet son instrumentos fundamentais de socialización e comunicación, é a través deles como as rapazas e rapaces adolescentes consolidan as súas relacións. Ao respecto, é siñificativo que máis dun 19% de rapazas usuarias das redes, recoñecen sufrir acosos por parte de súas parellas a través das mesmas.
Este novembro de 2018, pensamos que sería bó reflexionar sobre estas novas manifestacións de violencia a través das redes e das novas tecnoloxías empregadas fundamentalmente por xente moi nova. Por todo isto, elaboramos un Decálogo ( dez proposicións para rapaces e dez para rapazas ) para ser capaces de Quererse Sen Violencia.
O luns 26 de novembro, catro rapazas e catro rapaces de 1º de Bacharelato acudiron a un acto no Concello do Carballiño , donde leron as proposicións do decálogo .Dende aquí quero agradecer a : María, Jorge, Gisela, Erik, Laura, Noel, Bárbara e Alberto, a súa colaboración e compromiso con esta actividade.