O dia 30 de xaneiro celebramos no IES nº 1 o Dia Mundial da Paz.
Este ano decidimos que foran os máis pequenos os que deixaran as súas mensaxes con debuxos e lendas alusivos o tema da paz.
Nin que decir ten, que, deseguida se puxeron mans á obra : a biblioteca encheuse de entusiastas rapazas e rapaces de 1º de ESO que debuxaron e colorearon corazóns, mundos, mans , etc.. Aquí no blogue vos deixamos unha pequena mostra do que fixeron.
Todos os traballos están expostos na biblioteca, aulas e corredores do centro.
Tampouco nos esquecemos de poñer na biblioteca, unha pequena mostra de libros que dun xeito ou doutro nos falan da paz ou da falta dela.
Moitos xa son clásicos como " O Principiño ",
" El diario de Ana Frank ", " Guerra y Paz "
ou " El niño con el pijama de rayas ". Tamén incluímos novelas gráficas como "Persépolis"
e varias novelas de Agustín Fernandez Paz:
" As flores radiactivas ", " O laboratorio do doctor Nogueira ", e " Lúa de Senegal ". Sen esquecer as biografías de personaxes como Martin Luther King, Nelson Mandela , Rosa Parks ou a testemuña biográfica de Malala Yousafzai.

