Dentro dos actos programados polos Centros Públicos de Ensino Secundario para conmemorar o Día Mundial do Libro 2018, non nos podiamos esquecer dunha actividade conxunta do IES Nº1 e do Manuel Chamosos Lamas, que xa se ven organizando dende fai varios anos : Biblioteca nas Rúas.
No presente curso, adicado aos autor@s que dan nome ás rúas do Carballiño : Eduardo Blanco Amor, Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Castelao, Vicente Risco, Emilia Pardo Bazán, e os poetas Manuel María e Eusebio Lorenzo Baleirón , tan vencellados á vila do Arenteiro.
Os rapaces e rapazas pertencentes o
Nº 1 e o Chamosos Lamas, leron textos de todos eles. Houbo tamen exposicións de libros, actuación do Coro do Chamoso Lamas, música, etc..
Dende aquí queremos agradecer a todos os rapaces e rapazas que decidiron " perder " unha parte de seu tempo para poder estar na Praza do Concello celebrando este día do libro.
É certo que, ás veces, " abusamos " da súa dispoñibilidade para facer este tipo de actividades. E me estou referindo a unha serie de alumnos e alumnas que sempre están dispostos a colaborar e a botar unha man cando se lle solicita dende o centro . Novamente grazas.
Imos rematar cun dos poemas lidos onte na Praza do Concello: é do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, profesor do IES Nº 1 , e que morreu tan novo.
UNHA MULLER ESTÁ A SOÑAR.
Un pequeno país era o seu rosto
de costas para o mar
no que antigos mercaderes
encetaban as rotas do marfín
e as especias.
Unha rexión nevada ao pé dos bosques
que cruzaban carretas misteriosas
guiadas por cegoñas como pontos de luz.
E pequenos dedos foon tecendo
lingoas de mar
até as ribeiras firmes
para gardar o sono da muller en calma.
Ela levaba nos ollos
un pálpito de seres e de voces;
o intenso silencio da noite
pesáballe nos brazos e nas tempas...
Como quen sempre está a soñar
e non acorda


