O venres 11 de maio, recibimos no Instituto a Abraham Carreiro, un dos creadores e ilustradores da personaxe de Xoeliki .
Esta personaxe, é un neno tímido, pero que se transforma cando accede á internet : quere ser un hacker e salvar os ordenadores do colexio.
Abraham Carreiro explica aos alum@s de 1º de ESO, os distintos usos que pode ter a Internet. Logo fai un repaso as distintas personaxes que aparecen nas historias de Xoeliki.
Ari. A rapaza rebelde, idealista e intelixente.
Barbabranca. Sabio creador da resistencia pirata.
Maverick. Membro tamén da Resistencia Pirata, que actúa por libre, navegando pola internet sen deixar rastro.
O Director do colexio de Xoeliqui. Moi estricto e severo. Gústalle castigar aos alumnos. Pensa que os nenos están pervertidos pola Internet.
Centulo. Xenio programador de informática.
Aparecen tamén outras personaxes coma: Iván o Bucaneiro, Estrela ou Mr. Virus.
Un dos momentos máis interesante da charla, foi, sen dúbida os debuxos das distintas personaxes do libro que o autor fixo alí mesmo.
Carreiro tamén lle explicou aos alumn@s, as distintas técnicas que se empregan no proceso de ilustración dun libro.
Moi ilustrativo - nunca mellor dito- foi a explicación que lles deu Abraham dos distintos " trucos" que empregan os ilustradores para definir as " personalidades " dos distintos debuxos: así, as que son boas, teñen os ollos máis redondiños, as malvadas, máis triangulares. E non só polo que atinxe á cara, senón que o debuxo do corpo ten que ir en consonancia co que lle está pasando a personaxe. En definitiva, trátase de darlle a maior expresividade aos debuxos para que as ilustracións collan vida.
Por último os rapaces e rapazas de 1º de ESO, por indicación do autor se animaron a facer seus propios debuxos, converténdose eles tamén en ilustradores.
Foi esta unha reunión moi interesante, divertida e ilustrativa.
"Xoeliki : as aventuras dun ciberpirata ". Abraham Carreiro/Maties Segura. Edit.Sotelo Blanco