luns, 11 de xuño de 2018

Visita do escritor Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville nun momento do coloquio 
Este luns 11 de xuño, dentro das actividades programadas por Normalización Lingüística, recibimos a visita do escritor Héctor Cajaraville, que veu falar aos alumn@s de 1º de ESO de seu libro : " Denébola a Roxa ".(Baía edicións , 2016 ). Este é o quinto libro do escritor, e a súa protagonista Denébola lle ocorren moitas cousas..
Despois dunhas breves explicacións do autor, abríuse un coloquio onde os alumnos-as poideron facerlle preguntas a Héctor, xa que todos leran o libro. Así, Cajaraville contou que quixo facer unha novela histórica, ambientada a principios do século XVII e, que para eso, tivo que documentarse moito sobre moitas cousas : alimentos que se consumían naquela época, nomes máis utilizados, descubrementos máis importantes, etc.. Confesa o autor que grazas a ter que documentarse tanto sobre esta época, aprendeu moitas cousas que o enriqueceron como persoa.
Tamén contou que esta historia é facilmente trasladable á época actual, xa que algúns temas que se tratan no libro seguen vixentes na actualidade : as desigualdades entre homes e mulleres  ou a homosexualidade, esta última raramente é tratada en libros de literatura xuvenil. Para rematar, nos falou do proceso de construcción das personaxes. E, como colofón,  asinou  moitos exemplares da súa novela para os alumn@s. Por suposto, tamén nos asinou un para a Biblioteca