mércores, 28 de novembro de 2018

No Día Contra A Violencia De Xénero ; Quérote Sen Violencia


Parece que a Violencia de Xénero  lonxe de desaparecer  está acadando  novas formas de presentación e manifestación. Por   iso, este ano dende o IES  Nº 1 quixemos denunciar este novo xeito de violencia.  Xa que somos un centro educativo que matricula fundamentalmente adolescentes,  queremos botar unha ollada a importancia que está adquirindo  o emprego das TIC (  Tecnoloxías  da Información e Comunicación ) como ferramentas de violencia e intimidación. Cando falamos de adolescentes, falamos de nativos e nativas  dixitais, que naceron coas novas tecnoloxías e, que tamén as empregan para exercer todo tipo de violencia sobre as súas parellas : é o que se coñece xa co nome de ciberdelincuencia de xénero.
O teléfono  móbil  ou  Internet son instrumentos fundamentais de socialización  comunicación, é a través deles como as rapazas e rapaces adolescentes consolidan as súas relacións. Ao respecto, é siñificativo que máis dun 19% de rapazas usuarias das redes, recoñecen sufrir acosos por parte de súas parellas a través das mesmas.

Este novembro de 2018, pensamos que sería bó reflexionar sobre estas novas manifestacións de violencia a través das redes e das novas tecnoloxías empregadas fundamentalmente por xente moi nova. Por todo isto, elaboramos un Decálogo (  dez proposicións para rapaces e dez para rapazas ) para ser capaces de Quererse  Sen  Violencia.

   luns 26  de novembro, catro rapazas e catro rapaces de 1º de Bacharelato acudiron a un acto no Concello do Carballiño , donde leron as proposicións do decálogo .
Dende aquí quero agradecer a : María, Jorge, Gisela, Erik, Laura, Noel, Bárbara e Alberto, a súa colaboración e compromiso con esta actividade.

 Non quero rematar sen comentar brevemente o tráxico suceso que tivo lugar estes  dias en Alcorcón , onde unha adolescente foi  asasiñada presuntamente por outra, que tamén previamente,  empregou  whatsapp para ameazala.
Este caso- por desgraza- ilustra o que empeza a acontecer entre algunhas rapazas moi novas : adoitar actitudes violentas e machistas .