Non nos trabucamos se dicimos que o Mosteiro de Oseira, moi perto do Carballiño, foi a orixe dalgúns dos oficios máis antigos que perviven na nosa comarca e que ademais lle dan merecida sona fora de Galicia: o Pan de Cea e o Pulpo de Arcos.
![]() |
| Monumento ás Pulpeiras de Arcos. Concello do Carballiño |
O pulpo é un dos produtos máis importantes da cociña galega.
![]() |
| Monumento ás panadeiras de Cea. Concello de S.Cristovo de Cea |
A orixe desta contadicción está no feito de que este preciado cefalópodo era o pagamento que facían en especie os veciños do porto de Marín ao Mosteiro de Oseira na Idade Media, xa que nesa época as posesións da orde Cisterciense de Oseira chegaban á carón do mar. Os veciños da parroquia de Arcos encargábanse do seu transporte dende a costa, preparábano e vendíano nas feiras de Cea e Carballiño creadas e institucionalizadas tamén polos frades de Oseira.
O mellor acompañamento do pulpo é o Pan de Cea, vencellado tamén ao Mosteiro de Oseira e as feiras da comarca. Estes dous oficios centenarios na súa orixe son levados a cabo por mulleres e como actividades complementarias á economía familiar: se consideraban máis importantes as actividades que facían os homes, mentras que vender o pulpo ou o pan polas feiras, eran actividades que facían maioritariamente as mulleres hasta hai ben pouco. Hoxe pode decirse que estes traballos feitos polas mulleres amosaron unha grande capacidade de resistencia, dinamismo e adaptación ós novos tempos, sendo na actualidade a base da economía de moitas familias nas comarcas de Cea e Arcos.