venres, 31 de maio de 2019

LIBROS, AVENTURAS, COMIC´S : AS REGUEIFAS VIAXEIRAS



 Este ano no IES  Nº  1 , tivemos a sorte de contar cun cursiño de Regueifas para os alumnos-as de ESO.
Aquí vos deixamos unha mostra  do que fixeron en 3º de ESO C : cando se mesturan libros, aventuras e seus heroes favoritos.

                     Os  libros  temos  que  ler
                     se  queremos  viaxar
                     Por  mundos  inventados
                     sen  Marte  visitar.



                     Sen  Marte  visitar
                     cun  libro na  man
                     mirando  pola  fiestra
                     vemos  a  Iroman  .













              


                 Cando  en  inverno  chove,
                 cun  libro  de  aventuras
                 viaxamos  polo  Caribe
                 e  tamén  Fuerteventura.
                









                     Cando  leo  Marvel
                     na  praia  no  verán
                     son  Hulk, Deadpool
                     e  tamén  Spiderman.




                     E  tamén  Spiderman
                     coas  súas  arañeiras
                     namora  a  Ollo  de  Falcón
                     e  as  súas  compañeiras.














                             
                        O Joker  na  súa  loucura
                        a   Batman  vai  a  buscar
                        xunto  a  súa  compañeira
                        pallasadas  a  fartar.                 

mércores, 29 de maio de 2019

AHÍ VEN O MAIO

            Ahí  ven  o   maio
            de  froles   cuberto
            puxeronse  a  porta 
            cantandome  os  nenos
            os  puchos  furados
            pra  min  extendendo
            pedironme  crocas
            dos  meus  castiñeiros ..

Son estas as primeiras liñas do fermosísimo poema de Manuel Curros Enríquez  adicado ó mes de maio, que é por otra banda, unha das celebracións máis importantes da primavera ourensá: maio florido e de cantigas;  cando se elaboran tamén esas estructuras cheas de flores, que logo adornan as rúas. Este ano no IES Nº 1 , a contribución a esta fermosa e consolidada tradición , veu da man dos alumnos-as de 2º de ESO e da súa profesora de Língua Galega Ana Lousado.
Coincidindo coa celebración  dos maios fixemos tamen  a nosa pequena contribución á figura que este  ano é homenaxeada  con motivo  das Letras Galegas : Antonio  Fraguas Fraguas.

Antonio Fraguas, o mestre da memoria, foi un importantísimo profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador  e  galeguista. Tamén lle quixemos render unha pequena homenaxe cunha  exposición  onde se amosa  algunha das súas obras máis senlleiras, xunto as distintas coleccións publicadas  polo Museo do Pobo Galego,  tan vencellado á figura de Antonio Fraguas. A exposición se complementa con outros libros sobre costumes, xogos, lendas, etc..  de Galicia.

venres, 24 de maio de 2019

LEDICIA COSTAS NO IES Nº 1




No  IES  Nº 1 estamos ultimamente de noraboa: esta vez, recibimos a visita de Ledicia  Costas,  escritora xa moi coñecida no centro. Veunos a   falar  do seu ultimo libro :  "  A Balada dos unicornios  "  A escritora nos comenta que os nomes das personaxes teñen que ser axeitados á  forma de ser dos mesmos. Tamén nos dí que á hora de escribir , o que máis traballo lle da é elexir os nomes das personaxes e os títulos dos libros.
                                                              Ledicia se confesa admiradora  dos temas e persoeiros " macabros ", por iso , en moitas  das súas historias aparecen personaxes como  Jack  o Destripador, que aterrou  o Londres victoriano de mediados do século XIX, e que está considerado como o primeiro asasiño en serie do que se ten memoria. Outro dos temas que lle gusta tratar é o papel das mulleres científicas , que seguen a ser invisibles se as comparamos cos seus compañeiros homes: fálanos por exemplo do curioso caso de Heddy  Lamar, que triunfou como actriz no Hollywood dos anos 30 e 40 do século XX.  Por contra , é moito menos coñecida a súa faceta como matemática e programadora, sendo unha das pioneiras na invención do wifi. Por iso,  a protagonista do libro é unha muller inventora. Despois do animado coloquio entre a escritora  e os alumn@s  , rematamos por facer unha fotografía todos xuntos con ela , como tamén ocorrera na visita do día anterior coa escritora Eva Mejuto
                                           

xoves, 23 de maio de 2019

A VISITA DE EVA MEJUTO

                                                                                                 

Esta semana recibimos a visita da escritora Eva  Mejuto, que veu falar de seu libro  :  "  Memoria  do  silencio  ".   Baseado en feitos reais, a trama do mesmo se desenvolve moi perto de aquí : na  vila de Ribadavia , no verán de 1943. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do nosos pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Básicamente é a historia de tres mulleres de Ribadavia que axudan a cruzar a fronteira con Portugal a varios grupos de xudeos .
A escritora subliña que non ten moi claro se esta novela é un libro xuvenil ou de adultos. Tamén nos conta que aínda que tentou documentarse en Ribadavia sobre a historia das mulleres, elas parece que xuraron gardar silencio, non deixando na vila constancia escrita dos feitos. Aínda así, a escritora considera que é ese papel de heroínas anónimas o que hai que rescatar do silencio.  Eva Mejuto nos conta que o que máis lle interesa é a perspectiva humana das personaxes, e reivindicar nas novelas os feitos importantes que levaron a cabo  personas que nunca van aparecer nos libros de historia.