Xa sabemos que outubro é un mes moi especial para todas as Bibliotecas e a do noso centro tampouco é unha excepción. Este ano, pedímoslle a unha gran parte do alumnado que nos fixeran chegar as súas suxestións e recomendacións sobre libros que lle gustaban. Ao mesmo tempo, completamos esta actividade cunha Exposición de libros que nos levan a libros ou que falan de Bibliotecas. mércores, 30 de outubro de 2019
OUTUBRO , MES DAS BIBLIOTECAS
Xa sabemos que outubro é un mes moi especial para todas as Bibliotecas e a do noso centro tampouco é unha excepción. Este ano, pedímoslle a unha gran parte do alumnado que nos fixeran chegar as súas suxestións e recomendacións sobre libros que lle gustaban. Ao mesmo tempo, completamos esta actividade cunha Exposición de libros que nos levan a libros ou que falan de Bibliotecas. martes, 8 de outubro de 2019
VISITA GUIADA Á BIBLIOTECA
este ano tamén cumprimos coa tradición de ensinarlle a Biblioteca aos máis cativos.
Máis de 60 rapaces e rapazas de 1º de ESO acudiron hai uns dias a nosa Biblioteca por primeira vez.
A responsable da mesma, explicoulles a disposición dos libros, onde se atopan os máis interesantes para eles, o funcionamento do préstamo, as distintas normas para o uso do ordenador, etc.. ; as seccións máis visitadas son as dos Cómics e a de Literatura Xuvenil. Para rematar, tamén se lles informou da posibilidade de levar unha Mochila con distintos materiais durante a fin de semana. Tamén quedou constituido un Grupo de Voluntariado da Biblioteca, integrado por 10 alumnas de 1º de ESO.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

