venres, 14 de febreiro de 2020

SAN VALENTÍN : CORAZÓN DE CHOCOLATE

 Venres 14 de febreiro, dia de San Valentín  e patrón dos namorad@s, .

Aproveitando a festividade deste día , cheo de corazóns e amor, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO montaron na entrada do Instituto un pequeno mercadiño de doces de chocolate con forma de corazóns.

Os cartos que se recaden son para provisionar fondos das excursións que se farán a Francia no terceiro trimestre do ano.

xoves, 13 de febreiro de 2020

11 DE FEBREIRO : DÍA DAS NENAS E AS MULLERES NA CIENCIA


Sempre foi comunmente acetado, que as mulleres son máis ben de " letras ". Ben é certo que as primeiras mulleres que accederon á universidade en España ( a principios de s. XX ), mesmo ata ven entrados os anos 60 do mesmo século, o facían maioritariamente a disciplinas como : Literatura, Filosofía, Historia, etc...

Ata ven entrados os anos 70 do século pasado, non se produce o acceso das mulleres a carreiras como Enxeñería  Industrial, de Camiños o Telecomunicacións.

Pouco a pouco, todo esto  foi cambiando, e na actualidade, ás distintas facultades de Ciencias acceden un número semellante de homes e mulleres.

Hai xa varios anos que dende a Biblioteca quixemos poñer en valor o traballo das mulleres científicas: tanto das actuais como daquelas pioneiras, como Mdme. Curie, gañadora de dous Premios Nobel de Física . Ou casos de precursoras como Lise Meitner, Rosalind Franklin..que tiveron que investigar e traballar nos laboratorios prácticamente ailladas polos seus compañeiros homes.

Afortunadamente, na actualidade, as mulleres que se queren adicar á investigación non teñen os atrancos que existían fai 75 ou 100 anos. As limitacións que existen hoxe teñen que ver máis coa falta de recursos e apoios fundamentalmente económicos das distintas institucións e administracións.. pero esa é outra historia.

Este ano no IES Nº 1, houbo unha morea de traballos de alumn@s de ESO e 1º de Bacharelato impulsados precisamente por profesoras de departamentos de Ciencias  ( Matemáticas e Bioloxía concretamente ). Tamén dende a Biblioteca quixemos colaborar convocando un concurso, onde teñen que adiviñar o nome dunha importante investigadora / precursora nacida aquí no Carballiño.