venres, 27 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe 27  de Marzo, conmemórase  o Día  Mundial  do  Teatro. Nestos tempos de confinamento, Le Cirque du Soleil, unha das maiores compañías teatrais do mundo, ven de crear un novo espazo web de contido dixital chamado CirqueConnet con contidos para toda a familia: trátase de paliar o confinamento que vive medio mundo pola pandemia do Covid-19, contribuíndo ao lecer de toda a familia con algunhas das representacións máis exitosas do grupo.

Neste senso, ven de anunciar a creación dunha nova plataforma dixital na que, ademáis de ver algúns dos momentos máis especiais de seus espectáculos, os usuarios poderán disfrutar de experiencias de realidade virtual, entrenar, aprender técnicas de maquillaxe ou canta e bailar.

A web de contido dixital, chamada CirqueConn, está dispoñible en cirquedusoleil.com/cirqueconnect

Este venres 27 de marzo, a partires das 20:00h.-hora española, estrenará un especial de 60 minutos, onde se amosarán algúns dos momentos máis especiais de tres de seus icónicos espectáculos:  " Kurius " , " Cabinet of Curiosities ",  " O  y  Luzia  ", dirixidos a público  de todas as idades.

martes, 24 de marzo de 2020

SEGUIMOS APRENDENDO DENDE A CASA

TVE puxo dende onte 23 de marzo un servizo para estudantes entre 12  16 anos :  " "Aprendemos  en  casa ". É un programa de aprendizaxe en colaboración co Ministerio de Educación e Ciencia.
Son cinco horas de formación polas mañás de luns  á  venres , nas canles de " Clan " e  " La 2 ".

Os contidos que se imparten son :  Lóxica,  Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais, Educación  Física e Educación Artística.

A emisión para o alumnado de 12 a 16 anos é entre as 12:00  e  as  14:00.

Ainda que confinad@s..   Hai  Que  Seguir  Aprendendo!

PRIMAVERA 2020

Esta planta que vos presento en esta primavera estraña, chámase Clivia Miniata. Leo que  é unha planta orixinaria de África Meridional, pero que se adaptou moi ben ós climas de Europa . Para  mostra.. un botón: eu teño unha fermosa clivia na miña terraza.
A clivia é unha planta cunha flor fermosísima aparentemente fráxil, pero moi resistente. Florece na primavera ( xusto agora ). Penso que neste momento, esta planta, pode ser un símbolo do que nos está acontecendo a nivel mundial: esa dualidade que compartimos coa clivia: fráxiles , pero tamén resistentes.
Está sendo unha primavera atípica para todos nós. Aínda que pode ser difícil debemos tentar non virnos abaixo e ver o lado positivo das cousas: ollar ao noso arredor e comprobar que a Natureza segue seu curso tamén para o bo, e a min-por exemplo- me permite ollar dende a fiestra esta fermosa clivia.

martes, 10 de marzo de 2020

No Día Internacional da Muller

un ano máis acudimos ós actos que tiveron lugar  na casa do Concello do Carballiño, para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Dende o IES Nº 1 participamos coa proxección dun vídeo, feito por rapaces e rapazas de 2º de ESO, que ven a ser un resúmo da historia das mulleres  dende a Antigüedade ata  os nosos días.

A segunda parte desta exposición no Concello, consistiu nunha pequena homenaxe a todo ese esforzo e traballo das mulleres ao longo de tanto tempo, personificado en dous oficios senlleiros e centenarios que ata hai ben pouco realizaban case en exclusiva mulleres da comarca do Carballiño. Estámonos a referir as pulpeiras de Arcos e as panadeiras de Cea.

Lucía, Carla  e Violeta, alumnas de 3º de ESO do centro, nos falaron un pouco de todo isto, rendéndolle así a nosa pequena homenaxe as mulleres de todo o mundo, que traballaron e traballan sen o recoñecemento debido