venres, 26 de febreiro de 2021

Xincana : " Lembrando ás esquecidas "

 


 O  luns- 1 de Marzo - empeza o concurso " Lembrando ás esquecidas".

Ese día xa daremos a primeira pista  da  muller que tendes que descobrir nesa semana.

Xa sabedes: cada  día  ( de luns á venres )  se dará unha pista., sempre a través do blogue da Biblioteca. Estade atent@s pois, porque ao longo da mañá irán saíndo as pistas durante todo o mes de marzo.

 
MOITA  SORTE !!

xoves, 25 de febreiro de 2021

Rosalías

 


Aquí vos deixamos unha mostra dos homenaxes que dúas alumnas de 3ª de ESO  lle quixeron facer a Rosalía de Castro..


Esta é a fermosa composición que fixo a alumna: Claudia García López, sobre o poema de Rosalía :

"  Pra  Habana "










Esta composición sobre o poema "  Probe  Galicia "

a fixo a alumna :  Leire Álvarez García, tamén de 3º 

ESO. Parabéns e moitas grazas ás dúas !!












Lembrando  a  Rosalía.

"  Viúvas  de  vivos  e  de  mortos  ".


Composición  de  :  Yaiza  Dobarro  Rodriguez.  3º de ESO








 "  Lembrando  a  Rosalía  ".


Composición de :  Antía  Pérez  González.  3º  de  ESO

martes, 23 de febreiro de 2021

24 de Febreiro: ROSALÍA




Falar do 24 de Febreiro en Galicia, é falar de  Rosalía de Castro. data na que naceu ela en 1837. Todos os anos, centros de ensino e diversas institucións homenaxean á unha das escritoras máis importantes e representativas da literatura galega.
No IES nº 1-dentro das moitas cousas que se fixeron- vos presentamos esta fermosa composición dos alumnos-as de 1º de ESO , que fixeron as flores da cabeza: cada flor leva un poema de Rosalía; a alumna de 4 de ESO,  Almudena  Decabo que debuxou  a imaxe e as profesoras : Isabel Álvarez  ( Língua e Literatura Galega ) e Nuria Mosqueira ( Artes  Plásticas e Deseño ) que dirixiron todo o traballo.





Fai 3 anos, lle pedimos ós alumn@s de 1º de ESO, que ilustraran algún poema da escritora galega, aqui vos deixamos unha pequena mostra:




.-  A Casa Museo de Rosalía ( Iria Flavia ), ten unha interesante páxina Webb , con poemas, visita virtual á casa onde ela  viviu.  Só tendes que premer no seguinte enlace:

DÍA DE ROSALÍA 

.-  Outro enlace interesante é tamén o da Asociación de Escritores en Língua Galega: Teus doces cantares

Premendo nel,  podedes atopar múltiples actividades, poemas e informacións para celebrar o día de Rosalía.

Como información curiosa e histórica, no ano 1968 , Televisión Española - TVE-, emitiu unha telenovela de 5 capítulos sobre a vida de Rosalía. Pensade que daquela só había unha canle para toda España ( bueno, existía outra canle prácticamente testemuñal, e que non se vía en gran parte do país ).

Este é o enlace que tendes que premer se vos " pica a curiosidade " e queredes ver un pequeno anaco da vida da escritora contada fai máis de 50 anos.

telenovela de Rosalía



venres, 12 de febreiro de 2021

PRIMEIRA XINCANA DO IES Nº 1 LEMBRANDO AS MULLERES ESQUECIDAS

 O  IES Nº 1 do Carballiño convoca a primeira edición da Xincana : " Lembrando  ás  esquecidas ".

Nela convertirédesvos en detectives e teredes que descubrir non as culpables, senón as vítimas  dun esquecemento que trataredes de subsanar.


           BASES  DO  CONCURSO.

LEDE CON ATENCIÓN  AS  BASES !!

I.  O  concurso consistirá en seguir as pistas que cada día  se publiquen no blogue da Biblioteca do Instituto ( biblog ), ao longo do mes de marzo, para poder descubrir a mulleres que destacaron en diversos eidos, pero que non son moi coñecidas pola sociedade.

II.  Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Nª 1 do Carballiño durante o curso 2020/2021.

III.  A inscrición realizarase na última semana de febreiro de 2021, cubrindo un formulario de inscrición  que estará na Biblioteca.

IV.  Cada día daranse pistas sobre unha muller cuxa identidade será descuberta ao final da semana. En total serán catro as protagonistas que terán a sorte de ser recoñecidas despois dun longo e inxusto esquecemento, unha por semana.

V.  Ao final de cada semana teredes que escribir nun papeliño- que haberá na Biblioteca- o nome da muller que conseguístedes sacar á luz e á que vos comprometedes a dar a coñecer aos vosos contactos para que nunca máis nos esquezamos dela.

VI.  O xurado estará formado polo profesorado dos departamentos que presentaron as pistas e máis a responsable da biblioteca.

VII.  Os premios consistirán: 

-1º Premio:  se atopan  catro esquecidas. 100 euros  en material dunha libraría do Carballiño.

-2º Premio:  se atopan a tres. 75 euros en material dunha libraría do Carballiño.

VIII.  No caso de empate, terase en conta a orde de presentación do resultado da investigación na Biblioteca.



xoves, 11 de febreiro de 2021

11 de Febreiro: Día da nena e a muller na Ciencia

Hoxe, 11 de Febreiro, celébrase o  " Día da Nena e  a Muller na Ciencia ", con tal motivo, ao longo do mes de febreiro, iremos publicando pequenas biografías de mulleres que destacaron como científicas, aínda que moitas non conseguiron no seu tempo un recoñecemento público. Cremos que compre sempre empezar polo que temos máis próximo que as veces é tamén o máis desoñecido ( por extrano que pareza ). Por iso hoxe traemos aquí a dúas investigadoras e científicas carballiñesas :  Mª Eugenia  Pereira  Rodríguez  e Mª Teresa  Miras Portugal



Mª Eugenia Pereira Rodríguez
Mª Eugenia  naceu no Carballiño en 1895.
Foi a primeira muller galega que obtén a licenciatura en Farmacia. Era filla dun notario César Pereira e de Purificación Rodríguez. Seu pai non a recoñeceu ata 1913.
 
Mª Eugenia estudará no Instituto Provincial de Ourense, realizando todos os cursos por libre e, acadando unhas moi boas cualificacións.
A pesares da oposición de seu pai, decide continuar estudos na Universidade de Santiago de Compostela, inscribíndose en Farmacia en 1918 e, coa nota media de notable obtén a licenciatura en 1923.
 
Mª Eugenia tamén figura  en 1920 matriculada na Facultade de Medeciña ( especialidade de hixienista ).
 
Estivo en réxime de pensión no Instituto Pasteur e tamén en Barcelona. Por oposición obtivo a praza de Xefe de Laboratorio Químico da Aduana da Cidade Condal.
 
 
 
 
Teresa  Miras  Portugal
Teresa Miras  naceu no Carballiño.
Licenciada en Farmacia con premio Extraordinario  e Premio Nacional fin de carreira.
 
Doctora en Farmacia  ( Madrid ) e Doctor Sciences ( Estrasburgo, Francia ). Catedrática de Bioquímica  e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense.
 
Mª Teresa  é  membro de numerosas sociedades científicas, tendo cargos de responsabilidade en moitas delas.
 
Está especializada no papel dos nucleótidos nas conexións neuronais, especificamente en enfermidades neurodexenerativas como o Párkinson ou o Alzhéimer.
Foi a primeira muller que presidiu  a Real Academia Nacional de Farmacia, dende o ano 2007 ata 2013.


AS  MULLERES  E  A  CIENCIA.

Moitas veces escoitamos que a Ciencia- en xeral- é unha disciplina ou conxunto de disciplinas que  pretenden ser " exactas, medibles, comprobables .. ".

Pero:  é xusta ?

Aquí deixamos algúns exemplos para a reflexión..

Son mulleres científicas : biólogas, xenetistas, astrofísicas, etc.. que cometeron o erro " imperdoable " de seren pioneiras nas súas investigacións e comprobaron así mesmo como seus compañeiros homes se apropiaban indebidamente do seu traballo, sendo mesmo ninguneadas e apartadas de premios tan importantes como o Nobel.  Vaia noso sinxelo recoñecemento e admiración para todas elas.


Nettie  Marie Stevens ( 1861-1912 ).

Bióloga e xenetista. Fixo estudos cruciais para amosar  que o sexo dun organismo ven determiñado polos seus cromosomas.

Un becario- Edmund Wilson- levou todo o mérito da investigación, a pesares de publicar estas conclusións despois de Nettie Stevens.







Esther  Miriam  Zimmer  (  1922-2006 )

Bióloga  molecular.

Descubriu o virus lambda , que infecta ás  bacterias e, xunto co seu home, Joshua Lederberg artellou un método para tranferir colonias bacterianas a unha placa de Petri.
O premio Nobel só se lle concedeu a Lederberg en 1958.




Rosalind  Franklin . ( 1920-1958 ).

Biofísica.

É autora da chamada  foto 51 dunha molécula de ADN , clave para que James Watson e Francis Crick descifrasen a súa estructura.
Maurice Wilkins amosoulla a Watson e Crick ás costas de Rosalind Franklin.

Os tres gañaron o Nobel en 1962.




                                                                            


Lise  Meitner . ( 1878-1968 ).

Física nuclear.

O seu traballo levou ó descubrimento da fisión mediante a división do núcleo dun átomo.

Seu compañeiro Otto Hahn publicou esta investigación sen mencionala como coautora, recollendo ademáis en solitario o Premio Nobel en 1944.






Jocelyn  Bell  Burnell.  (  n. 1943 )

Astrofísica.

Descubriu a primeira radiosinal dun púlsar en 1967, cando aínda era estudante de posgrao.

O seu supervisor, Anthony Hewwish, e outro compañeiro, Martin Ryle, recibiron o Premio Nobel por isto en 1974.








Chien-Shiung Wu.  ( 1912-1997 )

Física.

Conduxo aos experimentos que refutaron a lei da paridade, fundamental para o desenvolvemento da " teoría das partículas elementais ", e que deu o Premio Nobel ós seus colegas Tsung Dao Lee  e  Chen Ning Yang en 1957