venres, 26 de marzo de 2021

Unha de Poesías para rematar Marzo


 Rematamos o 2º trimestre, empezan as vacacións.

Qué mellor que despedir Marzo falando de poesía.


Xa en cursos anteriores, se levou á cabo esta actividade en colaboración co Departamento de Língua e Literatura Galega.

Igual que en anos anteriores participaron todos os alumnos-as de 1º de ESO  .

Trátase de ilustrar poemas de diversos autores e autoras: Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Antonio García Teijeiro, Ana Mª Fernández, etc.

 


 

 

E aquí temos o resultado das composicións que fixeron estes ilustradores-as por un día.. 

Xincana. Cuarta semana. Quinta e última pista.

 

Venres 26 de Marzo. Vacacións e última pista do concurso  "  As  Esquecidas  ".

Tendes ata o martes 6 de abril- 11 da mañá - para entregar a resposta co nome da última muller por descubrir.

No ano 1998, a Asociación Austríaca de Inventores e Titulares de Patentes otorgoulle a medaia " Víctor Kaplan ". En 1999, o Kunsthalle de Viena organizou unha homenaxe á actriz e inventora máis singular do século  XX.

Con esta última pista, queda xa moi claro de quen se trata.

                                                  BOAS  VACACIÓNS !!.

                                                                                                Vémonos o 6 de abril.  

xoves, 25 de marzo de 2021

Xincana. Cuarta semana. Cuarta pista.

 



Xoves 25 de Febreiro. Concurso " As Esquecidas ".

Cuarta Semana. 4ª pista.

Todas as tecnoloxías inalámbricas das que dispoñemos na actualidade : telefonía de 3ª xeneración, wiffi, Bluetooth, etc.. baséanse no cambio aleatorio de canal que ela investigou.

mércores, 24 de marzo de 2021

Xincana. Cuarta semana. Terceira pista

Mércores 24 de Marzo.

Concurso  " As  Esquecidas "

Cuarta semana. Terceira pista.

Durante a " crise dos misiles " en Cuba ( 1962 ), empregouse por primeira vez a " conmutación de frecuencias " para o control remoto de boias rastrexadoras.  
 

martes, 23 de marzo de 2021

Xincana. Cuarta semana. Segunda pista

 

Martes 23 de marzo.

Concurso  "  As  Esquecidas  ".

2ª pista da cuarta semana.

Recopilou información sobre as características da última tecnoloxía armamentística nazi antes da II Guerra Mundial.  

luns, 22 de marzo de 2021

Xincana. Cuarta semana. Primeira pista



Hoxe luns 22 de Marzo, entramos xa na última semana do  concurso " As Esquecidas ".
Como en semanas anteriores, de luns a venres sairán as pistas para descubrir á última muller do concurso.

Primeira pista. Cuarta semana.

.-  Naceu en Viena no s. XX.

Artemisia. Autorretrato

 Artemisia Lomi Gentileschi ( Roma 1597- Nápoles contra 1654 ).

É o nome da muller que tiñades que descubrir esta semana.

Foi unha pintora caravaggista italiana coñecida no mundo da Arte como Artemisia . Filla do pintor Orazio Gentileschi, viviu na primeira metade do S. XVII. Foi violada polo seu mestre de debuxo Agostino Tassi cando tiña 18 anos. Este feito, deixaría unha fonda pegada na súa obra pictórica.

O seu pai, seguidor do naturalismo tenebrista de Caravaggio, cedeulle en herdanza o seu obradoiro e influíuna cunha forte acentuación dramática, produto das obras de Caravaggio e cargada de efectos teatrais.


Judith e a súa doncela

Artemisia era a súa propia axente e administradora da súa obra, na que predominan as mulleres símbolo ( Lucrecia, Judith ou Cleopatra ..), pero sempre representadas dende a súa propia experiencia vital. Foi unha pintora que acadou moito éxito en vida: tivo encargos dos monarcas ingleses, españois, da aristocracia florentina e  romana, etc..

A pesares do traumático acontecemento que viviu de nova, pódese dicir que foi unha muller libre con moita autonomía personal e profesional, algo case que imposible naquela época tratándose dunha muller.

xoves, 18 de marzo de 2021

Xincana. Terceira semana. Cuarta e Quinta pista

 

Xoves 18 de Marzo. Concurso " As Esquecidas ".

Hoxe poñemos dúas pistas, porque mañá é festivo. Xa sabedes que son as últimas da semana.

Tendes ata o luns 22 de marzo-e as 11 da mañá como hora límite para entregar o nome da  muller esquecida da terceira semana .

4ª pista: A violación que sufriu por parte do seu mestre influíu na súa obra.

5ª pista : Foi unha gran representante do " caravaggismo ".

mércores, 17 de marzo de 2021

Xincana. Terceira semana. Terceira pista

 


Concurso  " As  Esquecidas  ".


Mércores  17  de  Marzo.


Terceira pista da 3ª semana.


Tratou temas considerados inadecuados para o espíritu feminino.

martes, 16 de marzo de 2021

Concursos, exposicións e demais




Os rapaces e rapazas de 2º de ESO C,  fixeron este cartel que resultou gañador do " Concurso de carteis para conmemorar o 8 de Marzo "

Convocado por Vicedirección.










2º  Concurso de Fotografía Matemática.

Dpto. Matemáticas















2º Concurso de relatos e poemas matemáticos.

Dpto. de Matemáticas.

















Exposición de instrumentos musicais elaborados  con materiais diversos.
Feito por alumnos-as de 2º de ESO.

Dpto. de Música.

Xincana. Terceira semana. Segunda pista

 


Martes 16 de marzo. Concurso /Xincana ." As Esquecidas "


Segunda pista da 3ª  semana.


Foron célebres as súas obras de personaxes femininas.

luns, 15 de marzo de 2021

Xincana. Terceira Semana. Primeira Pista

 


Hoxe luns 15 de marzo,  entramos na terceira semana do Concurso coa primeira pista da muller que tendes que descubrir.

A súa primeira obra atribuíuse ao seu pai.

Mª Luz Morales Godoy

 

Mª  Luz  Morales Godoy. Era a segunda proposta do concurso " As Esquecidas ".
Mª Luz Morales naceu en A Coruña en 1898. É considerada toda unha referencia para a incorporación da muller ao xornalismo e a literatura no século XX.
Foi a primeira muller na historia de España que dirixiu un xornal : " La Vanguardia " .
Aínda que naceu na Coruña, residiu dende pequena en Barcelona, cidade na que desenvolvería toda a súa vida profesional. Diplomada en Filosofía e Letras, nos anos 20 do século pasado traballou no xornal : " La Vanguardia ", onde asinaba os seus artigos co pesudónimo " Felipe Centeno ". A productora americana Paramount Pictures contratouna como tradutora e guionista. Dirixe durante a Guerra Civil española  o xornal : " La Vanguardia ". En  1940, en pleno franquismo -foi encarcelada e inhabilitada como xornalista.
En 1948 entra a colaborar no " Diario de Barcelona ", manténdose neste xornal como colaboradora ata a súa morte en 1980.
Mª Luz Morales , ten tamén unha interesante proxección como autora de novelas, ensaio, obras de teatro e tradutora.
Dende o ano 2016 a Academia Galega do Audiovisual , convoca os Premios Mª Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual. 

venres, 12 de marzo de 2021

Xincana. Segunda semana. Quinta pista. Concurso " As Esquecidas "

 


12 de Marzo. 5ª  Pista.

Foi a primeira muller en dirixir un xornal en España.

xoves, 11 de marzo de 2021

Xincana. Segunda semana. Cuarta pista. Concurso " As Esquecidas "

 




11 de  Marzo.  Cuarta  Pista.





Desde o ano 2016 un premio de xornalismo leva o seu nome.

mércores, 10 de marzo de 2021

Penúltimas Adquisicións

 


Xincana. Segunda semana. Terceira pista

Mércores 10 de marzo. Concurso " As Esquecidas ".

Lembrade que esto é unha xincana e non só chega con acertar a pregunta desa semana. É moi importante o día e a hora na que se entrega dita resposta.

Terceira pregunta da semana.

Traduciu do inglés ó castelán un dos libros infantís de J.M. Barrie.




 



martes, 9 de marzo de 2021

Xincana. Segunda semana. Segunda pista


9 de marzo.  Concurso  " As Esquecidas ".  Segunda semana. Segunda pregunta 

Foi unha muller polifacética:  novelista,  xornalista, tradutora ó castelán dende varios idiomas..

luns, 8 de marzo de 2021

Concurso As Esquecidas

 


Vimos de descubrir a identidade da primeira muller do concurso  " As Esquecidas " . Na seguinte entrada tendes unha pequena biografía dela.

Hoxe que é 8 de Marzo (  Día Internacional da Muller ), máis que nunca queremos rendir homenaxe a todas as mulleres que dende o seu traballo se esforzan cada día en ser mellores profesionais e que tamén se lle reconozan os seus méritos.

Como é luns, xa temos a primeira pregunta sobre a segunda muller que tendes que descubrir.


Naceu en Galicia pero criouse en Barcelona.

Marisol Soengas

 

Mª  Soledad  Soengas  González.

Era a primeira muller que tiñades que descubrir no Concurso " As  Esquecidas "
Marisol- como a ela lle gusta que lle chamen- naceu en Agolada en 1968. É unha das científicas máis prestixiosas de Galicia. Marisol conta que " de nena, os meus pais regaláronme unha enciclopedia divulgativa para cativos, na que a ciencia se describía dun xeito moi simple . Recordo pasar moito rato mirando e remirando as fotos.. É curioso como un agasallo tan sinxelo pode influir en nós a tan longo prazo ".
Empezou a carreira de Bioloxía na Universidade da Coruña e rematouna na Universidade Autónoma de Madrid en 1991, incorporándose ao equipo ( Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa ) que dirixía a prestixiosa científica Margarita Salas, sempre centrada no estudo da bioloxía molecular.
Dende 1997 á 2002 foi investigadora no laboratorio Cold Spring Harbour ( Nova York ) analizando os mecanismos da morte celular e a súa implicación  no melanoma.
Dende 2008 é responsable do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigación Oncolóxica 
( CNIO ).

8 de Marzo- Día Internacional da Muller -


 

venres, 5 de marzo de 2021

Poesía, Poesía, Poesía. Ilustrador@s por un día

 


O mes de marzo, é tamén tradicionalmente O Mes da Poesía, 

Pedímoslle  ós nosos alumnos e alumnas que se animaran a poñerlle debuxos a distintas  poesías, aproveitando tamén a data do 24 de Febreiro  ( Día de Rosalía ).

Nunha entrada anterior xa amosamos ás distintas " Rosalías " que foron saíndo.

Hoxe 5 de Marzo, traemos aquí as ilustracións que as alumnas de 1º de ESO:  Sofía Noguero Rodríguez e Noelia Soto Domínguez, fixeron de dous poemas que o poeta Manuel María adicou ó Carballiño: "  Canción da Feira "  e " Canción do Templo da Veracruz "
 Ao longo deste mes de marzo, haberá máis ilustracións e máis poesías.





Xincana. Quinta e ultima pista

 


5 de Marzo.  5ª e última pista. Concurso  " As  Esquecidas "



Dirixe un grupo de traballo de investigación dos melanomas.

xoves, 4 de marzo de 2021

Hércules Asperger y la mafia de El Olimpo

 

"  Hércules Asperger y la mafia de El Olimpo ",  es la primera novela de Bárbara M. Domínguez, estudiante de 2º de bachillerato en el IES Nº  1 , y con la que ha ganado  además el V Certamen Literario Corcel Negro.

Hablamos con ella de su novela y de sus inquietudes literarias.

P .  Bárbara , eres muy joven y esta es tu primera novela publicada. ¿Cuando empezó tu afición por la literatura y la escritura?.

R.  Desde muy pequeña. Mi padre me inculcó el amor por la literatura. Siempre me ha gustado crear y recrear mundos. Así que lo considero una pasión, tanto la lectura como la escritura.

P.  ¿Fue difícil la publicación de esta novela?.

R.  Hay una historia curiosa con respecto a esto: mi padre envió el libro al certamen y mi novela ganó el premio, que consiste precisamente en la publicación del libro. La novela está inspirada en los trabajos que yo hice para la asignatura de Cultura Clásica.

P.  Has decidido que los personajes de la novela tengan nombres de héroes y  dioses de la Mitología Clásica...

R.  Son trabajos que hice para Cultura Clásica, en los que reinterpreté la historia de la Mitología Griega, aunque la acción se traslade a una ciudad futurista.

P.  Profundizando en lo anterior. ¿ Crees que la Mitología Clásica-historias, personajes - tienen plena vigencia hoy en día?.

R.  Yo creo que sí. Muchos libros, películas, música, etc...son adaptaciones y recreaciones de lo que los griegos hicieron en la Antigüedad. Las pasiones y emociones que ellos describen son atemporales, incluso sus dioses son imperfectos  y están ligados al destino como los humanos.

P.   El teatro nació en la Grecia clásica. Yo sé que tú eres una gran aficionada al mismo: participas en un grupo de teatro y además eres alumna de la Escola Dramática de Carballiño. Leyendo tu novela, sobre todo los textos de introducción que haces en cada capítulo, he recordado las obras de teatro:  hay una preparación de la escena por tu parte  muy teatral. ¿Has querido rendir también un homenaje al teatro clásico griego, o has utilizado esta estructura de narrativa teatral porque consideraste que era la forma más adecuada para la historia que querías contar?.

R.  Efectivamente, no solo hay reminiscencias teatrales, sino que también está contado de modo cinematográfico, porque yo me nutro de todas las Artes Visuales:  cine , teatro, también me interesa muchísimo el mundo de la animación ( sobre todo la japonesa ).  Y en relación a la ambientación futurista quise darle este toque cinematográfico y teatral.

P.  ¿Habrá una continuación de esta historia, a modo de saga?.

R.  Posiblemente, aún no tengo nada confirmado, pero sí algunas cosas que me rondan por la cabeza.



Muchas gracias Bárbara : te felicitamos por ser tan buena lectora . Gracias a los libros que despertaron en tí la curiosidad por contar historias y recrear mundos, porque en eso  consiste la literatura. 



Bárbara M. Domínguez:  " Hércules Asperger y la mafia de El Olimpo ".  Entrelíneas Editores.

                                    Ganadora del  V Certamen Literario Corcel Negro

Xincana : Cuarta pista

 


4 de marzo: 4ª pista  Concurso "  As  Esquecidas  ".


Foi premio " Josefa Wonenburger " polos seus traballos e contribución á ciencia.

mércores, 3 de marzo de 2021

Xincana. Terceira pista.


 3 de Marzo.  3ª pista do concurso  " As  Esquecidas ".


En 2009, a prestixiosa revista estadounidense : "Cancer Cell", concedeu  unha das súas portadas ao traballo da investigadora galega.

martes, 2 de marzo de 2021

Xincana. segunda pista


 2  de  marzo:   2ª  pista do concurso :  "  As  Esquecidas  " 



.-  Recibiu  formación científica de Margarita  Salas

luns, 1 de marzo de 2021

1 de Marzo : Primeira Pista da Xincana

 


Hoxe -  1  de  Marzo -, xa temos aquí a primeira pista da xincana, da primeira muller cuxa identidade deberedes descobrir esta  semana.

1ª  PISTA:  Naceu nun pobo da Agolada e estudou Bioloxía                          Molecular.


Xa sabedes :  mañá  sairá a  segunda pista.


Estade atent@s  ás entradas do blogue