Dende aquí dámoslle a noraboa ás premiadas, as grazas ós/ás concursantes e tamén as profesoras dos distintos departamentos que propuxeron os nomes das " esquecidas ".
luns, 26 de abril de 2021
Dia do Libro . Lecturas compartidas. Entrega de premios
Dende aquí dámoslle a noraboa ás premiadas, as grazas ós/ás concursantes e tamén as profesoras dos distintos departamentos que propuxeron os nomes das " esquecidas ".
venres, 23 de abril de 2021
No principio foi o " relato "
Eu comezo esta pequena reflexión falando dos nosos antepasados máis antigos, os que cristalizaron nos " homo sapiens " que somos agora e que xorden en África hai máis de 200.000 anos. Pois ben, según os últimos estudos científicos, este homo-sapiens se impuxo a outras variantes de homínidos entre outras características pola súa capacidade de construir relatos, é dicir: comunicarse con outros da súa especie, tanto para crear e relatar como para escoitar e reinterpretar historias.
O relato está pois no principio da comunicación humana. Logo, ao longo dos séculos aparecería a escritura en unha morea de soportes: papiro, pergamiño, tabliñas de arxila cocida, papel, etc..ata chegar ós modernos soportes dixitais de lectura.
Pero no fondo, a idea segue a ser a mesma que fai milleiros de anos : a uns gústalle contar historias e a outros escoitalas e recrealas, porque con elas nos abrimos ó mundo, pero tamén abrimos xanelas a nosa imaxinación e as nosas emocións. En palabras de Daniel Pennac-novelista e estudoso do mundo dos libros e a literatura-: " O home constrúe casas porque está vivo, pero escribe libros porque se sabe mortal. Vive en grupo porque é gregario, pero le porque se sente só. Esta lectura non lle ofrece ningunha explicación definitiva sobre seu destino, máis técelle unha rede de conivencias entre a vida e el".
Hai máis de 5000 anos , os exipcios chamábanlle ás bibliotecas " casas de almas ", xa que pensaban que lendo se alimentaba o espíritu : un xeito de trascender a realidade e a vida mortal.
[...] " ¡ Libros !, ¡ Libros !... es decir, horizontes, es decir escaleras para subir la cumbre del espiritu y del corazón.
FELICES DIAS DE LIBROS E DE BOAS E PROVEITOSAS LECTURAS !!
venres, 9 de abril de 2021
Literatura Matemática
Samanta Fernández Jiménez. 4º de ESO
Terceiro Premio.
O número 2
Dous é un número par
Dous é un número primo
Dous é o número do amor
Dous son meus pais
Dous pares son meus avós
Dous somos eu e máis ti.
Dous os meus ollos
Dous tenden a infinito
Dous máis dous catro..
O un é moi soíño
Tres son dous máis un que estorba
Dous é un número pequeniño.
Dous non cansa, un e dous
Dous é unha parella
Home e muller , neno e nena
Dous é fermoso, sinxelo
Un dous, un par, unha parella
Dous é o son da campá
Ding dous, ding, dous..
Mara Nogueira Gallego. 2º ESO
Primeiro Premio.
As Ecuacións-
Anxo Luis Fariña Lousado. 2º de ESO
Segundo Premio.
MATE_COVID
Laura Neira Pinal. 2º de ESO
Terceiro Premio.
Rimas varias a las matemáticas.
Las matemáticas son como las orillas,
parece que te ahogas hasta que las pillas,
si las estudias con tesón,
seguro que te molarán un montón.
Trigonometría puede llegar a encantarte,
mucho más si tu calculadora hace arte,
aunque hay fallos malignos,
como te equivoques en un signo.
Las reglas de tres son importantes, aunque de ellas los profesores no son muy amantes,
nosotros no podríamos vivir con su ausencia,
y no escribo más porque soy de ciencias.
Blanca González Fernández. 1º Bacharelato
martes, 6 de abril de 2021
Hedy Lamarr: unha vida de película dentro e fóra das pantallas
Foi unha lenda do cine de Hollywood dos anos 30 e 40 do pasado século, mesmo foi catalogada como a muller máis fermosa do mundo. Pero tamén contou cunha faceta como inventora e que pasou case despercibida durante boa parte da súa vida. Naceu en Viena en 1913, no seo dunha acomodada familia xudea. Hedy foi a universidade , e xa dende ben pequena amosou unha grande intelixencia para as matemáticas. Tivo unha vida moi azarosa: mesmo tivo que fuxir de seu primer home: un nazi declarado que lle facía a vida imposible e que lle prohibiu estudar..
Hedy rematou na meca do cine ( Hollywood ) onde foi toda unha lenda como actriz nos anos 30 e 40.
A pesares de ser unha grande estrela do cinema, "mataba o tempo " entre rodaxes concebindo inventos: dende un escudo antiaéreo ata modificacións no deseño do Concorde, e sobre todo, xunto co seu amigo o compositor e pianista George Antheil , o esbozo dun sistema de conmutación de frecuencias de radio para a orientación de misiles que non puideran ser interceptados polos inimigos.En 1942 , o goberno dos EE-UU, concedeulle a patente, pero convencer ao exército que a tomara en serio a ela e a Antheil foi imposible. Pero outras empresas empezaron a traballar en distintas aplicacións da idea. Hoxe, os rudimentos daquela tecnoloxía están nos métodos de codificación empregados en conexiones Wi-fi, telefonía móbil e outros campos da comunicación inalámbrica.
Morreu no ano 2000 ( 85 anos ). En 1997, ela e o seu compañeiro Antheil ( a título póstumo ) recibiron o Premio Pioner Awards, da estadounidense Electronic Frontier Foundation.
Bueno, esta era a última muller que tiñades que descobrir do concurso " As Esquecidas ".
En entradas sucesivas do Blogue, xa vos diremos quen foi o gañador-a











