O pasado xoves 27 de maio, morreu Mª Teresa Miras Portugal.
sábado, 29 de maio de 2021
A última viaxe de Mª Teresa Miras Portugal
mércores, 19 de maio de 2021
Letras Galegas 2021
O venres 14 de maio, tivo lugar na Biblioteca unha lectura de poemas de Xela Arias, a cargo de alumn@s de 4º de ESO. Tamén houbo elaboración de trípticos sobre a autora. Esta actividade estivo coordinada pola profesora Ana Lousado ( responsable de Normalización Língüística e integrante do Equipo de Biblioteca ).
V I D E
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido,
a vos ver.
Ven que te reto
a ter ver ti a ti desde ti en ti.
I N T E M P E S T I V A ,
serse intempestiva.
É domeala-furia á procura
da froita madura.
I N C É N D I A T E.
á calor da observación.
E repaso logo a ollada
no pouso
dos afectos.
Non me conteño,
non me conteño e abato
os cormoráns contra as rochas.
Non
me
conteño
e abato
rochas e cormoráns e abatibles e contidos.
........................................
De certo, a vida ía en serio.
Por iso morrer non conta.
Números.
Era moza,
cómplice dunha derrota que non
sumabas. Feliz por terte insomne
por inmortal.
Xa temos cadáveres amigos
e coñecidos,
sabemos da morte o legado inútil..
venres, 14 de maio de 2021
Día das Letras Galegas: XELA ARIAS




