mércores, 2 de xuño de 2021

A Visita de Dona Emilia Pardo Bazán

 

 

O IES Nº 1 está de noraboa. O luns 31 de maio , tivemos a honra de recibir a visita de Dona Emilia Pardo Bazán. Como muller enérxica e traballadora que sempre foi  , presentouse  no centro á primeira hora da mañá. Viña acompañada polo Excmo. alcalde   do concello de " Vilamorta " que, como xa sabedes case todos, foi o alcume que Emilia Pardo Bazán lle puxo ó Carballiño. E non só lle puxo ese alcume, se non que tamén escribiu unha novela que leva por título : "  El  Cisne de Vilamorta ", cuxa acción se desenvolve  no Carballiño e a súa comarca. Non vou falar dende o punto de vista literario da novela, pero sí de tantos lugares que aparecen na mesma e que resultan tan familiares para os que  nacemos e vivimos no Carballiño: o río, o balneario, as casas de pedra con solaina da praza maior, as festas do setembro, as vendimas.. de todo iso fala Dona Emilia no libro, xa que ela casara cun fidalgo carballiñés, José Quiroga,  e pasaba boa parte do verán entre o pazo de Banga e a fermosísima casa da Praza Maior. Despois de visitar ós rapaces-as de 4ª de ESO, como non podía ser doutro xeito, a Pardo Bazán quixo visitar a Biblioteca . Con todo isto fixemos unha pequena reportaxe que vos deixamos ao comenzo desta entrada.

Como xa sabedes, no 2021 se cumpren 100 anos do pasamento de Emilia Pardo Bazán. Estas imaxes que vos deixamos aquí forman parte dos actos do centenario que se están levando á cabo por parte do Concello do Carballiño e que incluíu esta " performance " da visita da Pardo Bazán ó IES Nº 1. Grazas os actores ( Dona Emilia e o Alcalde ) porque estiveron moi convincentes. A actuación levouse á cabo nos tres cursos de 4º de ESO, xa que foron estes alumnos os que leron e comentaron o libro coa profesora de Língua e Literatura Española : Carmen Hernández Castejón.

Campaña de concienciación : O Mar Empeza Eiquí


" O Mar Empeza Eiquí ".  É unha actividade promovida polo profesor do Dpto. de Francés  Xosé M. Bouzo Limia, ten como obxectivo a concienciación sobre os verquidos que se producen ás augas dos ríos e os mares. Estas augas proveñen -na maior parte- das nosas casas: da cantidade de resíduos que non deberíamos botar : panos de papel, aceites, plásticos, etc..

A campaña vai acompañada de textos sobre o uso da auga no propio domicilio para non sobrecargar as depuradoras. O texto orixinal é en francés, aínda que tamén colaboraron outros departamentos: Galego, Inglés , Latín, Grego clásico e Portugués. Tamén contamos cun  alumno chinés e unha alumna marroquí que nos proporciona o árabe; sen esquecer a Daniel Álvarez , antigo alumno do centro , e que é o tradutor de Haruki Murakami ó galego. En palabras de X.M. BouzoImplicamos ós centros da comarca regalándolles un vinilo a cada un deles (  como o que vedes na imaxe ). Lembramos que os vinilos son funxibles e terán unha duración limitada, pero pasarán dun ano de vida se non foran maltratados. O fundamental é a campaña educativa que os acompaña "