domingo, 28 de novembro de 2021

Obituario.

Novembro 2021. Mes tráxico para as Letras e a Cultura.

17 de Novembro 2021. 

Falece aos 69 anos Darío Xohán Cabana.


Poeta, narrador e ensaísta, foi unha das figuras fundamentais da literatura galega de finais do século XX.

 

 Falar de Darío como o gran poeta de Galicia non é limitarse só á súa produción lírica. Cultivou con igual éxito a novela, o relato curto, as narracións para pequenos lectores, o ensaio e a tradución, xéneros cos que tanto se insería na materia de Bretaña —Galván en Saor— como tiraba proveito da súa «obsesión pola historia do país» —O cervo na torre, Morte de rei—, especialmente o período que vai dende os reinos suevos ata finais da Idade Media, sen esquecer a homenaxe aos seus referentes: escribiu páxinas brillantes e perspicaces sobre Álvaro Cunqueiro e Xosé Luís Méndez Ferrín; con este último compartía tamén unha postura política e o interese literario pola fantasía como un xénero que, ademais das súas propias coordenadas, sería para amosar a realidade doutro xeito.

 

27 de Novembro 2021 

Almudena Grandes.

Premio Nacional de Narrativa no 2018, a autora de «Las edades de Lulú» e «El corazón helado» faleceu aos 61 anos na sua casa de Madrid.

Como el cuerpo de un hombre derrotado en la nieve,
con ese mismo invierno que hiela las canciones
cuando la tarde cae en la radio de un coche,
como los telegramas, como la voz herida
que cruza los teléfonos nocturnos
igual que un faro cruza
por la melancolía de las barcas en tierra,
como las dudas y las certidumbres,
como mi silueta en la ventana,
así duele una noche,
con ese mismo invierno de cuando tú me faltas,
con esa misma nieve que me ha dejado en blanco,      
pues todo se me olvida
si tengo que aprender a recordarte.

Luis García Montero


xoves, 25 de novembro de 2021

25 de Novembro. Video do Club de lectura "Argentarium". Día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Os alumnos do Club de Lecrtura "Argentarium" xunto coa dirección e colaboración dos seus profesores de lingua galega, fixeron este estupendo video para conmemorar o Dia da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

Aquí tedes o enlace.

 https://drive.google.com/file/d/16Fp08MzdbBwp7-Lcnubg4ZJeOHG91jjX/view?usp=sharing

25 de Novembro. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.





               

domingo, 21 de novembro de 2021

Club de Lectura Histórica. 1º Bacharelato.

Club de Lectura de 1º de Bacharelato.

Os alumnos de 1º de Bacharelato, inician o novo grupo do Club de Lectura, baixo a coordinación da sua profesora Nieves Abelleira.   

Esta vez tócalle ás lecturas históricas.

A desfrutar  rapaces !!!


mércores, 17 de novembro de 2021

Novembro.Mes da Ciencia en Galego.

Ola outra vez. 

Hoxe tócalle ao Departamento de Bioloxía.

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 3º e.s.o , fixo unha exposición de
maquetas con mostras de células e de varios tipos de tecidos. ¡Están feitos uns artistas! 
Aquí tedes unha mostra do seu excelente traballo.