martes, 25 de outubro de 2022

"Berros á Raxeira". Día da Biblioteca.

Taller de collaxe creativa/combativa para celebrar o Día da Biblioteca, impartido pola ilustradora Laura Romero.
Berros á raxeira! é algo máis que un taller creativo de collage. Baseándonos na máxima punk“faino ti mesm@”, creamos pequenas pílulas visuais e combativas coas que tratamos de exteriorizar todo aquilo que nos gustaría berrar ao mundo.

O resultado deste obradoiro creativo foron estas  pequenas obras de arte dos nosos alumnos de 1º eso. Aquí tedes unha pequena mostra. O resto de obras atópanse expostas nos taboleiros do Ies.







luns, 24 de outubro de 2022

Actividades. Día da Biblioteca.

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua  e Literatura Galega.

O alumnado de 1º eso, tivo unha animada charla no Salón de Actos coa ilustradora Laura Romero, quen a continuación impartíu dous obradoiros de "collage", baixo o título de "Berros a Raxeira", onde a rapazada deixou mostra da súa creatividade.

Non nos esquecemos da Expo de Cómic, Manga e Album Ilustrado na nosa Biblio.

sábado, 22 de outubro de 2022

24 de Outubro. Día das Bibliotecas.

 Todo listo para celebrar o Día das Bibliotecas. Aqui tedes un resumo das actividades previstas, e unhas vistas da  Exposición de Cómic e Álbum ilustrado que xa temos montada na Biblioteca. 

Non deixedes de visitarnos este Luns 24 de Outubro.

En Bacharelato tamén se escribe...!!!

 O "Recuncho das Escritoras" segue medrando. As alumnas de Bacharelato tamén escriben.

¡¡¡Así se fai rapazas!!!











mércores, 19 de outubro de 2022

O Recuncho das Escritoras. 17 de Outubro.


 

O Día das Escritoras está a ser todo un éxito de participación. 
Aquí tedes algúns exemplos das citas e reflexións das "nosas futuras escritoras".
Parabéns a todas/os....