venres, 25 de novembro de 2022

25 N. A XUSTIZA POLA MAN.

Os alumnos do Club de Lectura "Argentarium" dirixidos pola sua profesora de galego, Isabel Álvarez elaboraron este video con motivo da conmemoración do 25 N. Eles mesmos nos explican esta actividade.

 Poema "A xustiza pola man" Rosalía de Castro.


 



 





xoves, 24 de novembro de 2022

"Quérote sen Violencia". 25 N.

Aquí tedes un adianto do que mañá vos atoparedes no Instituto. Baixo o lema "Quérote sen violencia", o equipo da Biblioteca xunto cos alumnos de 4º A-B, elaboramos unha colección de frases referidas tanto as agresións verbais que sofren as mulleres como as súas posibles respostas. Con elas "empapelamos" as escaleiras de acceso o centro e as aulas. 

A  nosa "Volvoreta da liberdade" foi elaborada polos alumnos do obradoiro de papiroflexia, baixo a dirección da súa  profesora Carmen Sánchez.

 

                                  






Exposición 25 N.

 Xa está na Biblioteca a nova exposición de libros de temática feminista, con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. 

¡Animádevos a visitala!


 

mércores, 23 de novembro de 2022

25 de Novembro. Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Corredor para Feminicidas.

Comezamos as actividades para conmemorar este triste día. Esperemos que nunca máis teñamos que facer unha publicación semellante, xa que isto suporía a eliminación de tantas mortes sen sentido.
O equipo de Igualdade xunto co equipo da Biblioteca, quixemos facer visible e poñer nomes a  tanta violencia, por iso creamos o noso particular "Corredor da Morte", enchendo os principais corredores do centro, coas necrolóxicas das mulleres e nenos asasinados entre os anos 2014-2022.
Esta mostra forma parte doutras iniciativas que iremos publicando nos vindeiros días.

 

 

Novembro.Mes da Ciencia en Galego.

Celebramos o mes da Ciencia en Galego na biblioteca, cunha mostra dos fondos sobre diversas materias científicas que atoparedes nos nosos andeis. Atoparedes tamén no taboleiro da Biblio os últimos manifestos dos científicos galegos, que rememoran este día.

 Esperamos que vos gusten....

 

martes, 22 de novembro de 2022

Celebración Sta. Cecilia 2022

Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico e de video da celebración do Día da Música e a súa patroa Sta. Cecilia. Os nosos alumnos alegráronnos o día con este bonito concerto.


 



                                    

   ¡GRAZAS EREA, ANTÍA, PABLO e ANXO!

luns, 21 de novembro de 2022

Concerto Sta. Cecilia 2022

Por mor da celebración de Sta.Cecilia (Patroa da Música) o Departamento de Música e os alumnos do centro que se forman no Conservatorio da nosa vila, organizaron un concerto que terá lugar  nos dous recreos do Martes 22 de Novembro. As profesoras do Departamento e os integrantes do equipo da Biblioteca prepararon  un fermoso escenario.   

                                                ¡NON FALTEDES Á CITA!







mércores, 9 de novembro de 2022

Club de Lectura ARGENTARIUM.

 ¡ XA ESTAMOS DE VOLTA !

O Club de Lectura "ARGENTARIUM" do I.e.s  Nº 1, baixo a coordinación da profesora de Xeografía e Historia, Nieves Abelleira, inicia unha nova andaina lectora. Este ano contamos con varios grupos que traballarán diferentes temáticas. Así: Antón Carballude, dirixirá as reunións de alumnos que tratarán temas relacionados coa Cultura Clásica, Isabel Álvarez xunto con Xiana Lastra traballarán a Lingua  e Literatura Galega con alumnos de 3º eso, e Nieves Abelleira centrarase na temática histórica con alumnos de 4ºeso e 1º de Bacharelato.. 

 Esperamos a vosa participación nestes grupos de lectura, e xa sabedes........

SE QUERES AVENTURA.....LÁNZATE Á LECTURA.

 

martes, 1 de novembro de 2022

Concurso de Cabazas e Disfraces.

Concurso de Disfraces e Cabazas organizado con motivo do Samaín. Sodes todos uns grandes artistas.


  


 

SAMAÍN na Biblio. Libros que meten medo.

O Samaín chegou a nosa Biblio, cargado de libros.Se queredes pasar medo, non vos perdades esta terrorífica exposición cos mellores textos do xénero.....Aquí tedes unha pequena mostra.......