domingo, 18 de decembro de 2022

Encontro con Miguel Anxo Fernández

O mércores, 14 de Decembro, os alumnos/as de 4º eso pertencentes ao Club de lectura histórica ARGENTARIUM, recibiron a visita do escritor Miguel Anxo Fernández. O autor faloulles dos acontecementos históricos nos que se inspirou e dos lugares nos que se desenvolve  o relato que estiveron a ler, "O sangue dos Cortiña" e que forma parte da colección de relatos sobre a Guerra da Independencia recollidos na súa obra "O sabre do francés". 

Despois dunha animada charla, houbo firma de libros e a nosa alumna Lara, agasallou o escritor cun retrato que ela fixo durante o encontro.




martes, 13 de decembro de 2022

Club de Lectura Histórica."O sangue dos Cortiña"

O Club de lectura de Historia, celebra estes días novas reunións para preparar a visita do escritor local Miguel Anxo Fernández, que lles falará da novela que estiveron a ler "O sangue dos Cortiña". Nel cóntasenos a historia de Pedro Cortiña e a loita contra a invasión de Galiza polo exercito napoleónico. ''O sangue dos Cortiña'' é un relato privilexiado daqueles anos de ocupación francesa e tamén da mítica solidariedade e da grandeza dunha loita de liberación. Un episodio centrado nas terras que baña o río Avia.

                                     

Os Biblioguías decoran o Nadal.

As nosas voluntarias e voluntarios da Biblioteca (os Biblioguías) andan estes días a voltas coa decoración de Nadal. O certo é que lles está a sair moi ben. Aquí tedes unha mostra do seu traballo. 

¡Que faríamos sen vos!


xoves, 1 de decembro de 2022

Club de lectura "Argentarium" no Concello.

 As rapazas e rapaces do Club Argentarium deixaron unha mostra do seu bo facer, nun día tan sinalado como o 25 N. Representaron ao noso Ies no acto institucional que todos os anos organiza o Concello do Carballiño xunto co resto de centros de ensino da contorna. Todo un éxito a súa teatralización do poema de Rosalía , "A xustiza pola man".Grazas a todos/as.