xoves, 21 de decembro de 2023

Bo Nadal dende "O Lecer de Ler"

O  marabilloso equipo de voluntarias traballou moito para que o Nadal chegase tamén a nosa querida biblioteca. Dende alí, todos os que formamos parte deste espazo, voluntarias, profesores/as colaboradores, coordinadora  e todo o equipo docente.....desexámosvos unhas FELICES FESTAS. 

BO NADAL PARA TODOS!!!!

(Pincha no video)



xoves, 14 de decembro de 2023

Gañadores do Concurso de cálculo "Contas á Carreira"

 Con motivo da celebración da Semana da Ciencia, na Biblioteca "Lecer do Ler" do IES Nº1 fixose, entre otras actividades, un concurso de cálculo rápido chamado " Contas á Carreira". Os premiados, foron:

1°ESO Kevin Alexander Urbaez

 2°ESO Miguel González

 3°e 4° ESO Samuel Corral

 2º Bacharelato José González.



 

domingo, 26 de novembro de 2023

"Contas á Carreira".Semana da Ciencia en Galego III.

 Rematamos á Semana da Ciencia en Galego, co concurso matemático "Contas á Carreira", que baixo a coordinación de Encina, tivo lugar na biblioteca.

 Esta semana chea da actividades e experimentos do máis variado, grazas á colaboración e implicación do equipo de profesores do Club de Ciencias., acadou unha alta participación dos alumnos/as, que día a día encheron o laboratorio e a Sala Rosalía. Esperamos repetir a experiencia con novas e variadas propostas o próximo ano.



xoves, 23 de novembro de 2023

Semana da Ciencia en Galego II.

Continuamos coa Semana da Ciencia na Biblio. Cada día aumenta o número de alumnos que se suman aos experimentos que o Club de Ciencias propón durante os recreos. Estes días tocoulle a Cristina e Susana que dirixiron novas actividades relacionadas coa Bioloxía a Física e as Matemáticas. Destacar a construcción de moléculas con gominolas, poliedros ou os xogos con imanes......

Non vos perdades o Concurso "Contas á Carreira" que dirixido por Encina, porá fín a esta intensa semana científica.






martes, 21 de novembro de 2023

Semana da Ciencia en Galego.

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego comezamos a nosa Semana Científica na biblioteca. Os recreos están cheos de experimentos e obradoiros dirixidos polo profesorado do Club de Ciencias. Cada día aumenta a participación do alumnado e nótase o ambiente científico. 

Aquí tedes unha mostra destes primeiros días adicados á Física e Química e aos Xogos de lóxica matemática.






mércores, 15 de novembro de 2023

Encontro con Paula Carballeira.

Hoxe o alumnado de 1º ESO tivo o privilexio de escoitar á escritora, actriz e gañadora do Premio   Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira. As pantasmas, vampiros e otros personaxes terroríficos dos contos de medo tradicionais cobraron vida garzas ao bo facer desta gran narradora. Ao remate do encontro, firmounos exemplares do seu libro "As Alumnas" que atoparedes na nosa biblioteca. Grazas tamén aos Departamentos de Literatura Castelá e Literatura Galega por facer posible esta marabillosa charla.



 

Semana da Ciencia en Galego. 20-24 de Novembro

Iniciamos as actividades científicas na Biblioteca, grazas á colaboración dos profesores que forman o Club de Ciencias do I.e.s. Josevi, Ricardo, Sira, Cristina, Susana e Encina,  deseñaron un amplo programa de actividades que terán lugar nos recreos da semana do 20-24 de Novembro na biblioteca, para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego. ¡Animádevos a participar e desfrutade destas xornadas científicas! Aquí vos deixo o calendario das mesmas.

xoves, 2 de novembro de 2023

Gañadores dos Concursos do Samaín

 Gran participación do alumnado nas actividades programadas polo Samaín. No video atoparedes os nomes dos gañadores do Concurso de Cabazas e do Concurso de Disfraces. O xurado ainda anda a darlle voltas aos gañadores do Concurso de Relatos de Medo. Tamén atoparedes imaxes das exposicións da Biblio coas lecturas recomendadas para pasar moito medo .....(Pinchade nas imaxes)


 


xoves, 26 de outubro de 2023

Club de Lectura "Argentarium"

Comezamos un ano máis co noso Club de Lectura "Argentarium" . Este ano con dous grupos, baixo a coordinación de Isabel, a profesora de galego, quen tamén dirixirá ao grupo de lectores da Eso. Nieves (Historia) e Antón (C.Clásica) orientarán aos lectores de 1º de Bacharelato nas lecturas de temática histórica. ¡Todo listo! Nos proximos días comezaremos as primeiras reunións.

¡APUNTÁDEVOS Á AVENTURA DO LER"

 
      


mércores, 25 de outubro de 2023

Samaín 2023-24

 Xa temos lista unha ampla oferta de actividades para este Samaín 2023-24.A Biblioteca "Lecer do Ler" énchese de relatos de medo e misterio.¡¡¡Participa nos diferentes concursos e desfruta do TERROR........!!!


 

domingo, 22 de outubro de 2023

24 Outubro: Día das Bibliotecas.Tecendo Comunidades.

Este ano o Día das Bibliotecas foi un día especial para nós, 
xa que despois de dous anos de reformas puidemos celebrar
o seu fin. E que mellor día que este para facelo.
A celebración estivo dirixida por Antía Castro,alumna de 
3º eso C, gañadora do concurso que deu  nome á nosa 
biblioteca. Despois da descuberta da placa oficial cortouse
 a cinta inaugural e comezou a festa con pinchos e aperitivos 
para todos. Non puidemos tecer mellor comunidade que 
a que vivimos este día.
Aquí vos deixo unha pequena  mostra fotográfica deste 
24 de Outubro.


mércores, 18 de outubro de 2023

A Biblioteca busca un nome...

     

Despois de moito reflexionar, por fin atopamos un nome para a nosa biblioteca. (Pincha na imaxe). A proposta gañadora é  a seguinte:
 
 BIBLIOTECA

  " LECER  DO LER"

 A gañadora do Concurso foi:

 ANTÍA CASTRO BERNÁRDEZ  (3º eso C)

                               

 

domingo, 15 de outubro de 2023

Día das Escritoras.Os premios en España escríbense en galego.

 "... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo."

Como en edicións anteriores ,a data elexida para conmemorar o Día das Escritoras é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de Outubro. A VIII edición celébrase este ano 2023 o 16 de Outubro. Aquí tedes unha pequena mostra das actividades que preparamos no I.e.s para visibilizar a importancia das obras das nosas escritoras.



 

domingo, 24 de setembro de 2023

martes, 6 de xuño de 2023

XV Xornadas dos Clubs de Lectura.

A nosa compañeira e coordinadora do Club de Lectura "Argentarium ", Nieves Abelleira, asistiu ás XV Xornadas dos Clubs de Lectura en Santiago de Compostela. Estas xornadas son un punto de encontro para compartir as experiencias que se están a levar a cabo ao longo do país, pero tamén unha oportunidade de escoitar a persoas de referencia no ámbito dos clubs de lectura, da mediación lectora, da literatura... e de recoñecer á escritora ou escritor galego maís lido no curso pasado,que desta vez recaeu no escritor Manuel Núñez Singala.


 

luns, 29 de maio de 2023

Roteiro Manuel María

Un ano máis os alumnos do Club de Lectura "Argentarium" participaron no Roteiro Manuel María, organizado pola Asociación Cultural Avantar e a tenda O Zoco. Xunto cos alumnos do Ies Chamoso Lamas e Sagrado Corazón percorreron as rúas da nosa vila, lendo e recitando poemas e relatos, acompañados polos membros da asociación, que teatralizaron  e puxeron música ás diferentes paradas do percorrido. Aquí tedes a reportaxe fotográfica deste día.




mércores, 24 de maio de 2023

Hoxe @s profes do Depto. de Matemáticas fixeron entrega na Biblioteca, dos III Premios MASTERMAT, do Concurso de Resolución de Problemas Matemáticos. Aquí están os gañadores...Parabéns a tod@s.






domingo, 21 de maio de 2023

Día do Libro. Libros nas Rúas


 

O Club de Lectura "Argentarium" volveu sair á rúa, para facer reparto gratuito de libros, con motivo do Día do Libro.  A pesar da choiva, os libros pronto desapareceron dos seus lugares.......

xoves, 18 de maio de 2023

Semana das Letras Galegas. Festa do Libro.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  






 Semana da Letras Galegas 

Os alumnos integrantes dos nosos Clubs de Lectura acompañados polos seus profesores, Nieves, Isabel e Antón, participaron hoxe na lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego e doutros autores galegos. 

A actividade tivo lugar na Praza de Abastos e na Praza Maior do Carballiño, e foi organizada polo Ies Chamoso Lamas dentro da programación que o Concello elaborou para conmemorar o Día das Letras Galegas.


 

xoves, 11 de maio de 2023

Semana das Letras Galegas. Concerto Fillas de Cassandra.

Gran animación no Concerto que o dúo "Fillas de Cassandra" realizou hoxe para o noso alumnado. Comezamos con esta actividade as celebracións do Día das Letras Galegas. A primeira doutras que iredes vendo no noso blog próximamente.

Pasámolo moi ben...!!

Grazas "Fillas de Cassandra"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A continuación podedes ver un pequeno video da súa canción estrela cantada por toda a rapazada. 

 
 
 



mércores, 10 de maio de 2023

Éxito do I First Date Literario con motivo do Día do Libro.

Gran animación e participación no noso I First Date Literario, con motivo do Día do Libro. O comedor literario instalado na Biblioteca, non parou de recibir lectores con gañas de intercambiar  libros e falar de literatura.

Aquí vos deixo unha mostra da participación dos alumnos de 1º Bacharelato A e B, así como dos integrantes do Club de Lectura. Próximamente publicaremos o video dos encontros.