xoves, 26 de xaneiro de 2023

30 de Xaneiro. Día da PAZ e da NON Violencia.

Os nos@s voluntarios da Biblioteca xa están a traballar na preparación das diferentes actividades e exposicións, que o vindeiro día 30, Dia da Paz e da NON Violencia, terán lugar na nosa Biblioteca.

Alí atoparedes :

- Un expositor con lecturas e películas recomendadas sobre esta temática adaptadas aos  distintos niveis de usuarios.

- Unha exposición sobre os ACTIVISTAS pola PAZ máis destacados dos últimos tempos, con pequenas reseñas sobre a súa vida e actividades.

- Unha colección de cartóns elaborados polos alumnos voluntarios e polos alumnos de 3º eso C, con frases famosas de diferentes persoeiros, e ilustracións en "collage" das  mesmas.

¡Non deixedes de acudir a Biblio nun día tan sinalado!



   Voluntarias preparando os cartóns de "collage"