Aquí tedes unha mostra das actividades desnvolvidas durante os días adicados a Rosalía. Grazas a tod@s os que participaron neste día tan sinalado.
Graffitis nas zonas de acceso. Negra Sombra
Murais Conmemorativos


Destacamos as seguintes:
- Graffiti realizado polos integrantes do Club de Lectura, sobre o poema Negra Sombra. Atoparédelo decorando as paredes e corredores do instituto.
- Murais baixo o título de " Cumpriuse a xustiza? coa imaxe de Rosalía no centro, rodeada de imaxes que mostran unha relación das inxusticias do mundo de hoxe, e imaxes que mostran ás asociacións, ONGs e persoas que traballan a prol da xustiza no mundo.
-Na biblioteca atoparedes unha escolma de libros da autora, en lingua galega.
Mostrarémos imaxes destas actividades nos próximos días.
Todo un éxito o Día de San Valentín na Biblio.
@s nos@s particulares Cupidos procederon a distribuir todas as mensaxes recollidas durante esta semana.
Os destinatarios quedaron encantados como podedes ver nas seguintes fotos.
O prazo de presentación dos mesmos é ata o 3 de Marzo, e os gañadores
daranse a coñecer o 14 de Marzo, entregándose os premios na Biblioteca.
Celebramos grazas ao traballo do equipo de profesores e alumnos do Club de Ciencias, o "Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia". Todos eles deseñaron e elaboraron un amplo programa de actividades.
Deixamos aquí, unha pequena mostra do seu traballo. ¡Que o desfrutedes!



O conxunto da comunidade educativa do Ies Nº1, participamos na actividade "21 Días co Galego" promovida polo equipo de Dinamización Lingüística. A temática escollida, foi a "Acción polo clima, e o cambio climático".
Aquí tedes un video que recolle un conxunto de Microrrelatos, escritos por alumnos de diferentes niveis, para concienciar sobre os problemas climáticos que afectan á saúde do noso planeta.
Se queres sorprender a alguén ou decirlle algo agradable, vai á Biblioteca e pide a túa tarxeta de felicitación. Alí podes escribir a túa mensaxe e depositala no "Buzón de San Valentín". Farémola chegar ao seu destino, o 14 de Febreiro.
As nosas voluntarias xa están a traballar na elaboración das tarxetas e na decoración da Biblioteca. Podedes visitarnos e participar nesta actividade durante toda a semana.