Un ano máis os alumnos do Club de Lectura "Argentarium" participaron no Roteiro Manuel María, organizado pola Asociación Cultural Avantar e a tenda O Zoco. Xunto cos alumnos do Ies Chamoso Lamas e Sagrado Corazón percorreron as rúas da nosa vila, lendo e recitando poemas e relatos, acompañados polos membros da asociación, que teatralizaron e puxeron música ás diferentes paradas do percorrido. Aquí tedes a reportaxe fotográfica deste día.
luns, 29 de maio de 2023
mércores, 24 de maio de 2023
domingo, 21 de maio de 2023
Día do Libro. Libros nas Rúas
O Club de Lectura "Argentarium" volveu sair á rúa, para facer reparto gratuito de libros, con motivo do Día do Libro. A pesar da choiva, os libros pronto desapareceron dos seus lugares.......
xoves, 18 de maio de 2023
Semana das Letras Galegas. Festa do Libro.
Semana da Letras Galegas
Os alumnos integrantes dos nosos Clubs de Lectura acompañados polos seus profesores, Nieves, Isabel e Antón, participaron hoxe na lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego e doutros autores galegos.
A actividade tivo lugar na Praza de Abastos e na Praza Maior do Carballiño, e foi organizada polo Ies Chamoso Lamas dentro da programación que o Concello elaborou para conmemorar o Día das Letras Galegas.
xoves, 11 de maio de 2023
Semana das Letras Galegas. Concerto Fillas de Cassandra.
Pasámolo moi ben...!!
Grazas "Fillas de Cassandra"
A continuación podedes ver un pequeno video da súa canción estrela cantada por toda a rapazada.
mércores, 10 de maio de 2023
Éxito do I First Date Literario con motivo do Día do Libro.
Aquí vos deixo unha mostra da participación dos alumnos de 1º Bacharelato A e B, así como dos integrantes do Club de Lectura. Próximamente publicaremos o video dos encontros.
luns, 8 de maio de 2023
mércores, 3 de maio de 2023
Concerto "Fillas de Cassandra"
Iniciamos as actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, co concerto de
"Fillas de Cassandra" que terá lugar o día 11 de Maio.
Esta actividad enmárcase no contexto do proxecto "Voces da Acrópole".



















