domingo, 26 de novembro de 2023

"Contas á Carreira".Semana da Ciencia en Galego III.

 Rematamos á Semana da Ciencia en Galego, co concurso matemático "Contas á Carreira", que baixo a coordinación de Encina, tivo lugar na biblioteca.

 Esta semana chea da actividades e experimentos do máis variado, grazas á colaboración e implicación do equipo de profesores do Club de Ciencias., acadou unha alta participación dos alumnos/as, que día a día encheron o laboratorio e a Sala Rosalía. Esperamos repetir a experiencia con novas e variadas propostas o próximo ano.



xoves, 23 de novembro de 2023

Semana da Ciencia en Galego II.

Continuamos coa Semana da Ciencia na Biblio. Cada día aumenta o número de alumnos que se suman aos experimentos que o Club de Ciencias propón durante os recreos. Estes días tocoulle a Cristina e Susana que dirixiron novas actividades relacionadas coa Bioloxía a Física e as Matemáticas. Destacar a construcción de moléculas con gominolas, poliedros ou os xogos con imanes......

Non vos perdades o Concurso "Contas á Carreira" que dirixido por Encina, porá fín a esta intensa semana científica.






martes, 21 de novembro de 2023

Semana da Ciencia en Galego.

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego comezamos a nosa Semana Científica na biblioteca. Os recreos están cheos de experimentos e obradoiros dirixidos polo profesorado do Club de Ciencias. Cada día aumenta a participación do alumnado e nótase o ambiente científico. 

Aquí tedes unha mostra destes primeiros días adicados á Física e Química e aos Xogos de lóxica matemática.






mércores, 15 de novembro de 2023

Encontro con Paula Carballeira.

Hoxe o alumnado de 1º ESO tivo o privilexio de escoitar á escritora, actriz e gañadora do Premio   Nacional de Literatura Dramática, Paula Carballeira. As pantasmas, vampiros e otros personaxes terroríficos dos contos de medo tradicionais cobraron vida garzas ao bo facer desta gran narradora. Ao remate do encontro, firmounos exemplares do seu libro "As Alumnas" que atoparedes na nosa biblioteca. Grazas tamén aos Departamentos de Literatura Castelá e Literatura Galega por facer posible esta marabillosa charla.



 

Semana da Ciencia en Galego. 20-24 de Novembro

Iniciamos as actividades científicas na Biblioteca, grazas á colaboración dos profesores que forman o Club de Ciencias do I.e.s. Josevi, Ricardo, Sira, Cristina, Susana e Encina,  deseñaron un amplo programa de actividades que terán lugar nos recreos da semana do 20-24 de Novembro na biblioteca, para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego. ¡Animádevos a participar e desfrutade destas xornadas científicas! Aquí vos deixo o calendario das mesmas.

xoves, 2 de novembro de 2023

Gañadores dos Concursos do Samaín

 Gran participación do alumnado nas actividades programadas polo Samaín. No video atoparedes os nomes dos gañadores do Concurso de Cabazas e do Concurso de Disfraces. O xurado ainda anda a darlle voltas aos gañadores do Concurso de Relatos de Medo. Tamén atoparedes imaxes das exposicións da Biblio coas lecturas recomendadas para pasar moito medo .....(Pinchade nas imaxes)