martes, 3 de decembro de 2024

Presentación "A Vera Cruz de Antonio Palacios"

Hoxe os alumnos de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, tiveron o privilexio de asistir á presentación do libro "A Vera Cruz de Antonio Palacios" do investigador e ex profesor do centro, Rafael Otero Janeiro. Esta publicación do Instituto de Estudios Carballiñeses foi galardoada con premio Antón Losada Diéguez  na súa XXXIX edición (2024) na categoría de ensaio e investigación, e con ela o Instituto de Estudios Carballiñeses celebra o seu 25 aniversario.

Dar as grazas o autor e a profesora de arte e coordinadora do Club de Lectura "Argentarium" Nieves Abelleira pola súa colaboración coa nosa biblioteca. 


 

xoves, 28 de novembro de 2024

Mes da Ciencia en Galego. Xogos de Lóxica.

Rematamos as Xornadas de Ciencia na Biblio cunha divertida actividade, dirixida de novo por Carmen , profesora de Matemáticas do IES. Os Xogos de Lóxica mantiveron durante o segundo recreo deste Xoves , a nosa atención. De novo, a participación foi alta e o recreo fíxose curto para desenvolver esta actividade final.

O ano que ven, máis e mellor.





mércores, 27 de novembro de 2024

Mes da Ciencia en Galego. Papiroflexia con Carmen.

 
Continuamos coas Xornadas de Ciencia na Biblio. Desta vez, Carmen Sánchez, profesora de matemáticas, invitounos a participar dun interesante de divertido OBRADOIRO de PAPIROFLEXIA. 

 

OS RECREOS NA BIBLIOTECA NON PODEN ESTAR MÁIS ANIMADOS.....

 

martes, 26 de novembro de 2024

Mes da Ciencia en Galego. Experimenta con Josevi e José Manuel.

Iniciamos as II Xornadas Científicas na biblio "Lecer do Ler" da man de Josevi e José Manuel, profesores de Física e Química do centro. Durante os recreos deste martes, 26 de Novembro, mostráronnos exemplos de magnetismo e fixeron interesantes experimentos de química que nos tiveron concentrados e atentos a todos os asistentes. 

O noso voluntario Gabriel, alumno de 2º de Bacharelato, deu inicio a estas Xornadas, lendo o manifesto de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, e premio nacional de investigación 2023.

 


 

luns, 25 de novembro de 2024

25 N. Día da eliminación da violencia contra as mulleres.

Seguimos conmemorando o Día da Eliminación da Violencia contra as mulleres no IES Nº1 do Carballiño e na Biblioteca "Lecer do Ler". Desta vez, os alumnos de 4º ESO D, voluntarios tamén da nosa biblioteca, elaboraron unha serie de murais reivindicativos que adornaron os corredores do centro, así como un video que complementou este gran traballo. 

Aquí vos deixo unha mostra de todos os materiais elaborados polos nosos voluntarios de 4º D.




domingo, 24 de novembro de 2024

25 N na Biblio. Punto Violeta.

Na Biblioteca "Lecer do Ler" estamos a estrear o PUNTO VIOLETA. Neste punto, poderedes atopar lecturas cuxas temáticas buscan previr a violencia de xénero, mostrar a diversidade sexual e novos modelos familiares. Libros que reforzan a autoestima, visibilizan as mulleres na historia, amosan novas masculinidades, traballan a educación afectivo-sexual e loitan contra a homofobia e o acoso escolar. Xa a vosa disposición.....

 25 de Novembro. Pola eliminación da violencia contra as mulleres.


mércores, 20 de novembro de 2024

Iniciamos a Semana da Ciencia en Galego na Biblioteca. Grazas pola colaboración, aos profesores que forman o Club de Ciencias do IES. As actividades  terán lugar nos primeiros recreos da semana do 26-28 de Novembro na biblioteca "Lecer do Ler" 

¡Animádevos a participar e desfrutade destas xornadas científicas! Aquí vos deixo o calendario das mesmas.

 



domingo, 17 de novembro de 2024

Benvida aos novos usuarios.

Un ano máis recibimos aos novos alumnos de 1º ESO. Estreamos novos usuarios na biblio "Lecer do Ler"e esperamos que desfrutedes deste espazo tanto coma nós.

Benvidos !!!

 

mércores, 6 de novembro de 2024

Gañadores CONCURSO de CABAZAS. Samaín 2024.

 

Grazas a ANPA pola súa colaboración no Concurso de  Cabazas do Samaín.

Os gañadores foron:

- 1º Premio: Iria de 2º ESO. (Arriba esquerda)

- 2º Premio: Martina de 2º ESO. (Abaixo esquerda)

- 3º Premio: Noel de 1º ESO (Arriba dereita)

Parabéns e a disfrutalo !!!


domingo, 3 de novembro de 2024

Concurso de Cabazas. Samaín 2024

Cal será a gañadora?????

 
                            ????

 




xoves, 24 de outubro de 2024

Celebración do Día das Bibliotecas 2024.

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades desenvoltas na Biblioteca "Lecer do Ler" neste 24 de Outubro. Despois de ler o manifesto de Agustín Fernández Paz, o equipo directivo agasallou aos alumnos con doces e caramelos. Houbo reparto de marcapáxinas e unha gran animación durante os dous recreos. 

Por un futuro sostible e lector. Biblioteca "Lecer do Ler"




martes, 22 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas. 24 de Outubro 2024

Día das Bibliotecas 2024: Por un futuro sostible

O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
 
As bibliotecas escolares amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 20230 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Achégate  á  biblioteca do noso centro, "Lecer do Ler", e celebra con nós este importante día.

xoves, 4 de xullo de 2024

A ODISEA das ODISEAS. Podcast 4º ESO Cultura Clásica.

Para rematar este intenso curso 2023-24, os alumnos de 4º ESO de Cultura Clásica, ofrécennos un podcast onde entrevistan a dous grandes expertos na Odisea. Eles xunto co seu profesor Antón Carballude, removeron ceo e terra para poder ofrecernos esta entrevista exclusiva. Grazas a todos polo excelente traballo, e agora, a desfrutar das vacacións.


 

mércores, 19 de xuño de 2024

Club de Lectura "Argentarium"

Como remate das actividades do Club de Lectura "Argentarium", os alumnos integrantes do Club, xunto cos seus profesores, desprazáronse ata a localidade de Panxón para facer un roteiro literario. Visitaron o Templo Votivo ao Mar en Panxón, Monteferro e remataron na Praia de Patos.
Un remate perfecto para un longo curso cheo de libros e aventura.
 ¡Bo traballo rapaces e boas vacacións!


 

xoves, 30 de maio de 2024

Festa do Libro 2024.Club de Lectura.

Hoxe, os Clubes de Lectura do IES Nº1 e do IES Chamoso Lamas xuntáronse para render homenaxe a autores da literatura galega. Textos de Rosalía de Castro, Fariña Jamardo, Manuel María,Olga Novo, Uxío Novoneyra e Luisa Villalta foron recitados polo noso alumnado na Praza de Abastos e na Eira de Frores ao son da música do piano de Alfonso Medela. 

Entre os actos, o alumnado dos dous centros gozou dun chocolate con churros, xentileza da Praza de Abastos. Despois, todos se desprazaron ata o Chamoso Lamas para seguir gozando desta xornada de confraternidade e literatura.

 





Roteiro Manuel María.

Alumnado do noso centro, participou un ano máis nesta festa da lingua que é o Roteiro Manuel María, escritor moi vencellado á vila do Arenteiro. A actividade estivo organizada pola Asociación Cultural Avantar, e nos acompañaron alumnos e profesores do IES Chamoso Lamas.

 

martes, 14 de maio de 2024

Semana das Letras Galegas.Martes 14 de Maio.Recital Poético Luísa Villalta.


Video-resumo do fantástico Recital Poético adicado a Luísa Villalta, que tivo lugar hoxe durante o segundo  recreo na entrada do instituto. Participaron os alumnos do Club de Lectura "Argentarium" de 4º ESO, así como profesoras e profesores do centro.
                         



 

Semana das Letras Galegas.Luns 13 de Maio. Video adicado Luísa Villalta.


 

Aquí tedes o video realizado polos alumnos de 4º ESO e 1º de Bachareralo coa colaboración do Departamento de Tecnoloxía, e adicado a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.




Semana das Letras Galegas 2024. Programa de actividades.

 O Departamento de Lingua e Literatura Galega, xunto con profesores e alumnos do centro, elaboraron un amplo programa de actividades, que se desenvolverán ao longo da semana do 13-16 de Maio, para celebrar o Día das Letras Galegas. Día adicado este ano, á escritora e violinista Luísa Villata.


O programa é o seguinte:

Luns, 13 de Maio

- Decoración  da entrada do Instituto a cargo dos alumnos de 1º da ESO, con collages e presentacións adicadas a homenaxeada.

- Estreno do video realizado por alumnos e profesores de 4º Eso -1º Bacharelato, con recitado de poemas da autora, a cargo de alumnos e profesores. Video realizado coa colaboración do departamento de Tecnoloxía.

Martes, 14 de Maio

1º Recreo:

- Lectura dunha pequena autopoética de Luísa Villalta relacionada coa música e a poesía.

- Lectura dun soneto de Luísa Villata sobre o son e a poesía (alumnado de 2ºeso)

Todo acompañado pola violinista Erea, alumna de 2º ESO.

2º Recreo: 

 -Recital de Haikus e poemas da autora, da man dos alumnos do Club de Lectura "Argentarium" e de profesores do centro.

Mércores, 15 de Maio  

1º Recreo:

-Lectura dun poema sobre a paz.

-Presentación de DEBILIDADE,o último poema da autora a cargo de Marisa (profesora de inglés). Será recitado por unha das alumnas de 2º ESO de orixe palestina.

2º Recreo:

O grupo de baile do IES, dará remate aos actos da Semana das Letras Galegas coreografiando unha peza da "Banda da Loba"


Esperamos que desfrutedes moito desta ampla programación

xoves, 25 de abril de 2024

Gañadores I Concurso de Fotografía Literaria

Hoxe fixemos entrega dos Diplomas e Premios do I Concurso de Fotografía Literaria

Parabéns aos dous merecidos gañadores.



 

mércores, 24 de abril de 2024

Libros nas Rúas 2024. Día do Libro.

Continuamos coas actividades programadas para o Día do Libro 2024. Un ano máis, os membros do Club de Lectura "Argentarium" volveron sair as rúas da nosa vila, para agasallar aos viandantes cun libro, que foron deixando en diferentes localizacións. Esperamos que esta  nova edición da actividade "Este libro é para tí" teña o mesmo éxito dos anos  anteriores.

Aquí vos deixo un video resumo deste día. 



 

martes, 23 de abril de 2024

Celebración Día do Libro 2024. "Amigo Invisible"

Con motivo da Celebración do Día Internacional do Libro o 23 de Abril, o equipo da  biblioteca "Lecer do Ler", organizamos unha serie de actividades das que vos iremos informando ao longo desta semana. 

Hoxe tivo lugar o acto central das mesmas, e convocou nas nosas salas, a unha boa parte do profesorado do centro. O intercambio de libros dentro da actividade do "Amigo Invisible" foi todo un éxito, quedando a mesma aberta a próximas convocatorias. 

Aquí tedes un resumo fotográfico da festa que se organizou na biblio.





Gañadores do I Concurso de Fotografía Literaria.

  ¡ Xa temos gañadores do I Concurso de Fotografía Literaria!

 PRIMEIRO PREMIO: Noelia Covela Campuzano (1º Bacharelato B)

 Regato e Muiño de Valcovo (Irixo)

 
 
 SEGUNDO PREMIO: Diego Rodríguez Sánchez (1º ESO C)
 
Librería Lello (Oporto-Portugal) 
 

 

domingo, 14 de abril de 2024

I Concurso de Fotografía Literaria. Día do Libro 2024.

 Convidámosvos a participar o I Concurso de Fotografía Literaria con motivo do Día do Libro 2024 ( bases na foto adxunta). Iniciamos así o programa de actividades que terán lugar na biblioteca "Lecer do Ler" o Día 23 de Abril, día que estará cheo de sorpresas para os usuarios, tanto profes como alumnos. Non esquezades visitar a biblioteca se non queredes perder a gran festa do libro 2024.




xoves, 14 de marzo de 2024

Gañadores "Adiviña quen Son" Día da Muller e da Nena na Ciencia.


Xa temos gañadores da Caza do Tesouro  "ADIVIÑA QUEN SON". Parabéns e que desfrutedes moito dos vosos agasallos.

Os gañadores e gañadoras son:

- día 7 de Marzo, Xoves: 

            1º premio Carla ,2º Bach

            2º premio Antía, 4º eso

-día 8 de Marzo: Martín, 1º eso 

 

 

 

                                                 

xoves, 7 de marzo de 2024

8 de Marzo 2024. Día Internacional da Muller.

Nesta data tan destacada, o noso alumnado asistirá aos actos institucionais que terán lugar na Casa do Concello do Carballiño. Alí representarán ao noso centro cunha serie de actividades :

- Interpretación a cargo do grupo musical do centro acompañados pola profesora Almudena Mosquera, do tema de Rozalén "La Puerta Violeta".

- Representación teatral a cargo das alumnas e alumnos de 3º D, sobre a vida dunha serie de  mulleres destacas da historia.  

Ademais continuamos coa celebración nas instalacións da biblioteca da Busca do Tesouro: Adiviña quen son, adicado as mulleres na ciencia. 

Estades todos canvidados a estas actividades.

 

mércores, 6 de marzo de 2024

Caza do Tesouro: Adiviña quen Son


 Aínda que con certo retraso, o Club de Ciencias e a Biblio "Lecre do Ler", celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia, coa convocatoria dun Concurso ou Caza do Tesouro baixo o título de "ADIVIÑA QUEN SON". Trátase de buscar información, mediante unha serie de pistas escondidas na biblioteca, sobre a biografía e os datos máis destacados da vida e obra de mulleres científicas de diferentes épocas.

Os gañadores terán como premio un libro ilustrado sobre as vidas de diferentes mulleres destacadas na historia polos seus méritos investigadores e científicos. Pero todos os participantes contarán cun pequeno agasallo.

A Caza do Tesouro celebrarase na biblioteca "Lecer do Ler"os:

- día 7 de Marzo, Xoves, no Primeiro Recreo 

- día 8 de marzo, Venres, no Segundo Recreo

Esta convocatoria está aberta a todo o alumnado. Que o desfrutedes.....!!!

domingo, 25 de febreiro de 2024

Video Recital Día de Rosalía 2024


Tal como as nubes
que impele o vento,
i agora asombran, i agora alegran
os pasos inmensos do ceo,
así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas,
de estranas feituras, de cores incertos,
agora asombran,
agora acraran
o fondo sin fondo dos meus pensamentos.
 
                Rosalía de Castro: Follas novas (1880)

 
 

                                                                                       


martes, 20 de febreiro de 2024

Día de Rosalía 2024. Recital Poético.

 

 

 

 

 Dende a Biblioteca "Lecer do Ler" queremos convidarvos a homenaxear a nosa escritora máis universal, lendo os seus fermosos poemas e poñendo en valor a súa obra. Todos aqueles que queirades  participar podedes apuntarvos na biblioteca.

O recital, celebrarase nos dous recreos do Venres día 23 de Febreiro, data en que se conmemora o nacemento da escritora, na biblioteca. 

Haberá agasallos para os participantes.


venres, 16 de febreiro de 2024

Video Entroido 2024. Biblio "Lecer do Ler"

 Os mandatos dos Mecos Lectores, foron todo un éxito este Entroido. A nosa querida Biblioteca, non parou de recibir visitantes "literarios" en toda a semana. 

Aquí vos deixo un video dos momentos máis interesantes.

O próximo ano, máis e mellor.....



 

mércores, 31 de xaneiro de 2024

Mandatos dos Mecos Lectores

 Xa está próximo o Entroido 2024, e os Mecos Lectores pasáronse pola biblioteca "Lecer do Ler", en compañía das nosas voluntarias. Despois de tomar un sabroso café, deixáronnos unha lista de mandatos de obrigado cumprimento para os usuarios que neste Entroido 2024, visiten as nosas instalacións. A continuación podedes ver o video coas as novas que nos deixaron.
Xa sabedes...

¡Si a Biblioteca queredes vir, os mandatos dos Mecos debedes cumprir!




xoves, 25 de xaneiro de 2024

Club "Argentarium".

Xa están aquí as novas propostas lectoras do Club "Argentarium",en formato cómic e novela gráfica para que desfrutedes moito máis. O club literario e de novela histórica inician o segundo trimestre cheos de aventuras. 




 


mércores, 24 de xaneiro de 2024

14 de Marzo, Día escolar das Matemáticas.Concursos Matemáticos.2023-24

Un ano máis o Departamento de Mates en colaboración coa Biblioteca "Lecer do Ler", convoca dous concursos: V Concurso de Monólogos, Relatos e Poemas Matemáticos, e  V Concurso de Fotografía Matemática. Estes concursos están abertos a todo o alumnado, persoal docente e non docente do Ies Nº 1. A temática escollida dos relatos e fotografías ten que estar relacionada co mundo das matemáticas, nas súas múltiples manifestacións.

 Aquí atoparedes as bases das dúas convocatorias.¡¡¡ Animádevos a participar!!!