xoves, 30 de maio de 2024

Festa do Libro 2024.Club de Lectura.

Hoxe, os Clubes de Lectura do IES Nº1 e do IES Chamoso Lamas xuntáronse para render homenaxe a autores da literatura galega. Textos de Rosalía de Castro, Fariña Jamardo, Manuel María,Olga Novo, Uxío Novoneyra e Luisa Villalta foron recitados polo noso alumnado na Praza de Abastos e na Eira de Frores ao son da música do piano de Alfonso Medela. 

Entre os actos, o alumnado dos dous centros gozou dun chocolate con churros, xentileza da Praza de Abastos. Despois, todos se desprazaron ata o Chamoso Lamas para seguir gozando desta xornada de confraternidade e literatura.

 





Roteiro Manuel María.

Alumnado do noso centro, participou un ano máis nesta festa da lingua que é o Roteiro Manuel María, escritor moi vencellado á vila do Arenteiro. A actividade estivo organizada pola Asociación Cultural Avantar, e nos acompañaron alumnos e profesores do IES Chamoso Lamas.

 

martes, 14 de maio de 2024

Semana das Letras Galegas.Martes 14 de Maio.Recital Poético Luísa Villalta.


Video-resumo do fantástico Recital Poético adicado a Luísa Villalta, que tivo lugar hoxe durante o segundo  recreo na entrada do instituto. Participaron os alumnos do Club de Lectura "Argentarium" de 4º ESO, así como profesoras e profesores do centro.
                         



 

Semana das Letras Galegas.Luns 13 de Maio. Video adicado Luísa Villalta.


 

Aquí tedes o video realizado polos alumnos de 4º ESO e 1º de Bachareralo coa colaboración do Departamento de Tecnoloxía, e adicado a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.




Semana das Letras Galegas 2024. Programa de actividades.

 O Departamento de Lingua e Literatura Galega, xunto con profesores e alumnos do centro, elaboraron un amplo programa de actividades, que se desenvolverán ao longo da semana do 13-16 de Maio, para celebrar o Día das Letras Galegas. Día adicado este ano, á escritora e violinista Luísa Villata.


O programa é o seguinte:

Luns, 13 de Maio

- Decoración  da entrada do Instituto a cargo dos alumnos de 1º da ESO, con collages e presentacións adicadas a homenaxeada.

- Estreno do video realizado por alumnos e profesores de 4º Eso -1º Bacharelato, con recitado de poemas da autora, a cargo de alumnos e profesores. Video realizado coa colaboración do departamento de Tecnoloxía.

Martes, 14 de Maio

1º Recreo:

- Lectura dunha pequena autopoética de Luísa Villalta relacionada coa música e a poesía.

- Lectura dun soneto de Luísa Villata sobre o son e a poesía (alumnado de 2ºeso)

Todo acompañado pola violinista Erea, alumna de 2º ESO.

2º Recreo: 

 -Recital de Haikus e poemas da autora, da man dos alumnos do Club de Lectura "Argentarium" e de profesores do centro.

Mércores, 15 de Maio  

1º Recreo:

-Lectura dun poema sobre a paz.

-Presentación de DEBILIDADE,o último poema da autora a cargo de Marisa (profesora de inglés). Será recitado por unha das alumnas de 2º ESO de orixe palestina.

2º Recreo:

O grupo de baile do IES, dará remate aos actos da Semana das Letras Galegas coreografiando unha peza da "Banda da Loba"


Esperamos que desfrutedes moito desta ampla programación