Hoxe os alumnos de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, tiveron o privilexio de asistir á presentación do libro "A Vera Cruz de Antonio Palacios" do investigador e ex profesor do centro, Rafael Otero Janeiro. Esta publicación do Instituto de Estudios Carballiñeses foi galardoada con premio Antón Losada Diéguez na súa XXXIX edición (2024) na categoría de ensaio e investigación, e con ela o Instituto de Estudios Carballiñeses celebra o seu 25 aniversario.
Dar as grazas o autor e a profesora de arte e coordinadora do Club de Lectura "Argentarium" Nieves Abelleira pola súa colaboración coa nosa biblioteca.
