domingo, 30 de novembro de 2025

Premios Obradoiro de Escritura Creativa.2025.



                 Xa temos gañadoras do Obradoiro de Escritura Creativa. Parabéns a todas. 

mércores, 26 de novembro de 2025

25N Día da Eliminación da Violencia contra a muller

Un ano máis dende a Biblio "Lecer do Ler" en colaboración co equipo de igualdade , e a dirección  do centro, vimos de celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

Nas salas da Biblioteca desplegamos un tendal de collages, con mensaxes reivindicativas, e expuxemos unha serie de recomendacións lectoras. Por outra banda, os alumnos de 2º ESO,en nome de toda a comunidade educativa, participaron nos actos do Concello teatralizando unha serie de situacións, onde o maltrato está presente. Con esta proposta quixemos chamar a atención sobre as caras da violencia, sobre todo daquelas disfrazadas de amor.O control non é romántico, é violencia, por eso o noso berro este 25 N foi:

"NON A NINGUNHA CARA DA VIOLENCIA"

Video-presentación:





venres, 21 de novembro de 2025

Semana da Ciencia en Galego.

Grazas a colaboración dos distintos departamentos e da nosa biblioteca, na semana do 17-21 de Novembro, durante os periodos de lecer, asistimos aos diferentes obradoiros científicos que se desenvolveron na biblio "Lecer do Ler". A oferta foi variada, dende obradoiros de papiroflexia, experimentos de física e química, xogos e concursos matemáticos, experimentos de bioloxía e tecnoloxía.

No seguinte video atoparedes o video-resumo das diferentes actividades.







xoves, 13 de novembro de 2025

Novembro.Mes da Ciencia en Galego.

Un ano máis o IES Nº 1 celebra o mes da Ciencia en Galego, cunha chea de actividades. 

Grazas a colaboración dos distintos departamentos e da nosa biblioteca, na semana do 17-21 de Novembro, durante os periodos de lecer, poderedes asistir e participar nos diferentes obradoiros científicos que se desenvolverán na biblio "Lecer do Ler". A oferta é moi variada,dende obradoiros de papiroflexia, experimentos de física e química, xogos e concursos matemáticos, experimentos de bioloxía.....O programa foi pensado para vós e para o voso desfrute,así que, esperamos a vosa asistencia e participación.

No seguinte cartel atoparedes o calendario das diferentes actividades.



luns, 10 de novembro de 2025

Clubs de Lectura "Argentarium" 2025/26

 Benvidos ao Club de Lectura " Argentarium" do IES Nº1 do Carballiño. Iniciamos o curso 2025/26 con importantes novidades, xa que ademáis dos tradicionais grupos de lectura histórica e literatura galega, sumamos este ano por  primeira vez un Club de Lectura de Adultos.

Iniciamos este primeiro trimestre, con dúas lecturas do escritor local, Miguel Anxo Fernández: "O Sabre do Francés" nos grupos de lectura histórica de 1º de Bacharelato e "Un Nicho para Marilyn" no grupo de adultos. Contaremos coa presenza do autor nas sesións inaugurais de ambos clubs. Ambos libros poderedes atopalos  na nosa biblioteca.

Tamén cabe destacar a relación de irmandade que temos cos clubes de lectura do IES Chamoso Lamas. Así, a pertenza ao noso club de adultos dávos acceso tamén ao club de adultos do Chamoso. 

A continuación vos deixo información sobre as datas, horarios e lugar das primeiras sesións do noso Club de Lectura.

      







luns, 3 de novembro de 2025

Samaín 2025 na Biblio.

Día terrorífico na biblioteca "Lecer do Ler". Recibimos a visita de personaxes monstruosas que se retrataron no noso photocall. Houbo entrega de agasallos aos gañadores dos concursos de escritura creativa e de cabazas, mostra de libros de terror, xogos de truco-trato e unha morea de sorpresas máis que fixeron desfrutar moitísimo aos nosos usuarios.

 Video da celebración

 

Premios Buloteca:Contra os Bulos Bibliotecas

Para conmemorar o Día da Biblioteca 2025, entregamos os premios do concurso de relatos curtos, "Buloteca: Contra os bulos, biblioteca"nas categorías de 1º e 2º ESO. Os gañadores e gañadoras foron os seguintes: 
1º ESO
 -1º Premio: Laura Pinal Gómez de 1º C
 -2º Premio: Yanira da Silva de 1º B

2º ESO
 - 1º Premio, 2º A : Violeta Nogueira Botana
                                María González Fernández
                                Tania Vázquez Penas
 - 2º Premio, 2º C: Encina Hortas de la Fuente
                                María Reza Pousa
                                Jacob Berigay Caraballo
                                Daniel Gulín


 

domingo, 19 de outubro de 2025

Concurso de Cabazas. Samaín 2025.

Chegou a hora do Concurso de Cabazas Samaín 2025. 

Como vén sendo tradicional, convocamos un novo concurso de cabazas en colaboración coa Vicedirección e o Departamento de Dinamización de Lingua galega. As cabazas gañadoras exporanse nas dependencias do centro e na biblio"Lecer do Ler" na semana do 27-30 de Outubro.

Aquí vos deixo as bases para participar.






Obradoiro de Escritura Creativa. Samaín 2025.

A Biblio "Lecer do Ler" non para. Desta vez, xunto co Departamento de Lingua e Literatura Galega, ofrecemos un Obradoiro de Escritura Creativa para celebrar o próximo Samaín 2025. Todos os alumnos estades convidados a participar. 

Os relatos máis orixinais formarán parte da exposición de "monstros " que se mostrará nas dependencias da nosa biblioteca, na semana do 27-30 de Outubro. Estades convidados a visitala.

Aquí tedes as instrucións para participar neste "monstruoso" obradoiro.



domingo, 12 de outubro de 2025

Xornadas de Formación de Usuarios 2025/26

Un ano máis, damos a benvida aos alumnos de 1º ESO, novos usuarios da biblioteca "Lecer do Ler". 

Nas primeiras semana do mes de outubro realizamos varias xornadas de formación, onde os novos usuarios foron informados das normas de funcionamento da nosa biblioteca no referido á localización de libros, servizo de préstamo, recursos e fondos dispoñibles, actividades de dinamización, clubes de lectura etc...Todos recibiron un tríptico co resumo da información máis destacada. 

Remataremos este pequeno recibimento o Día 24 de Outubro, Día das Bibliotecas, cunha pequena festa de benvida nos dous recreos, onde se entregarán os premios do concurso literario e haberá algunha que outra sorpresa máis.

As xornadas foron moi ben recibidas polo alumnado e para mostra este pequeno resumo fotográfico.

  

            


Concurso de Microrrelatos: "Bulotecas: Contra os bulos, bibliotecas"

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación. 

Na biblioteca "Lecer do Ler" iniciamos as celebracións desta efeméride, convocando aos alumnos de  1º e 2º ESO a participar no concurso "BULOTECAS: Contra os bulos, bibliotecas". Contamos coa colaboración das profesoras do Departamento de Lingua e Literatura galega, Selena González Anseras e Susana Blanco Diéguez, membros do equipo de biblioteca e de dinamización lingüística respectivamente.

As bases do concurso podedes atopalas nesta publicación. E os premiados nas respectivas categorías de 1º ESO e 2º ESO recibirán os seus premios na festa que se celebrará nos recreos do día 24 na biblioteca "Lecer do Ler".


13 de Outubro. Día das Escritoras 2025.

Desde 2016 o Día das Escritoras,busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025  o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l"

"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
Anna Caballé, comisaria de la X edición del Día de las Escritoras

Na biblioteca "Lecer do Ler" elaboramos os seguintes marcapáxinas cunha escolma das autoras máis destacadas da década dos 70. Poderedes conseguilos visitando a biblioteca nos recreos do luns,13 de outubro.

O noso agradecemento e recoñecemento a estas autoras, mulleres que nos anos 70 publicaron en galego, pola súa obra e o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura.

  

sábado, 7 de xuño de 2025

III Festa da Palabra. Club de Lectura "Argentarium"


O pasado 5 de Xuño, o alumnado e o profesorado dos Clubs de Lectura do IES Nº1 e do IES Chamoso Lamas, celabramos a III Festa da Palabra en Moldes. Grazas ao IES Chamoso Lamas por organizar este xa tradicional encontro, co agarimo e eficacia de sempre. Grazas tamén  aos que nos acolleron e explicaron, e sobre todo grazas ao alumnado que se animou a acompañarnos. Sen eles esta actividade non tería sido posible. Unha xornada para non esquecer...Agardamos xa a do próximo ano.

venres, 16 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025. Concerto de Música Tradicional no IES Nº1.


Letras e Música fixeron unha homenaxe co gallo das Letras Galegas á nosa música tradicional. Parabens aos que participaron e grazas ao público asistente por arroupalos.Todos desfrutamos e vibramos. Déixovos un pequeno resumo no video seguinte. Que o desfrutedes tanto coma nós. 



 

domingo, 11 de maio de 2025

Letras Galegas 2025. Música e Cantares

Xa estamos a elaborar o Programa do Día das Letras Galegas 2025. Aqui tedes un pequeno adianto. 

O Venres, día 16 de Maio, o alumnado do centro celebrará un Recital Musical  nos dous periodos de lecer. Teremos actuacións instrumentais , cantos tradicionais, versións, himnos.....e máis sorpresas coa colaboración do Departamento de Música e a Vicedirección do centro.

Tamén podedes atopar información e libros sobre as homenaxeadas deste ano, as Cantareiras, na mostra e exposición instalada na biblioteca e nos paneis dos corredores de ESO e Bacharelato. Grazas tamén ao Departamento de Lingua e Literatura Galega pola súa colaboración.

Esperamos que desfrutedes moito coas actividades previstas e as que están por vir....
 

domingo, 27 de abril de 2025

OBRADOIRO de XADREZ

 

Este Venres, 25 de Abril, tivo lugar un interesante Obradoiro de Xadrez organizado polo equipo da  Biblio "Lecer do Ler". Contamos coa colaboración de Santiago Cerviño, ex profesor de Filosofía do IES e persoa moi vinculada ao mundo do xadrez en Galicia. Santiago impartiu unha charla sobre os aspectos máis relevantes deste xogo, clubs de xadrez, persoas destacadas en Galicia, grandes campeóns,plataformas de xogo,etc...mantendo a atención de todos os alumnos presentes. 
A continuación desenvolvéronse dúas sesións de partidas simultáneas na biblioteca, contando cun total de 40 alumnos participantes. 
Dar as grazas en nome do todo equipo, a Santiago e aos alumnos o participantes. Aquí atoparedes unha pequena mostra de tan interesante día.



xoves, 24 de abril de 2025

Club de Lectura "Argentarium". Visita do Club IES Chamoso Lamas.

Seguindo coas intensas actividades desta semana na Biblio"Lecer do Ler" hoxe recibimos a visita dos membros do Club de Lectura do IES Chamoso Lamas. Acompañados polos seus profesores e baixo a coordinación do seu profesor de Historia, Juan, os rapaces do club compartiron unhas horas de convivencia no noso centro, visitando as instalacións da biblioteca e facendo novas amizades cos alumnos do Club "Argentarium" que os agasallaron cun aperitivo na cafetería.
Todos quedamos ansiosos por repetir a experiencia o próximo ano, devolvendo a visita aos nosos convidados.
Un pequeno resumo do día no video seguinte.



 

mércores, 23 de abril de 2025

Día do Libro 2025. O Amigo Invisible.

Como xa ven sendo tradición, hoxe 23 de Abril, os profes do IES Nº1 do Carballiño e a Biblioteca "Lecer do Ler",celebramos un "Amigo Invisible"  intercambiando  libros durante o segundo recreo, con  motivo da celebración do Día Internacional do Libro 2025.
A  festa e o banquete servido por Carlos e Adela fixo deste, un día redondo.
Grazas a tod@s por participar e que a tradición continúe o ano que vén.
Aquí podedes ver o video resumo deste día.








martes, 22 de abril de 2025

Día do Libro 2025. Os lectores recomendan......

Comezamos as actividades na biblioteca "Lecer do Ler"con motivo do Día Internacional do Libro 2025. O alumnado de 3º ESO C xunto cos alumnos colaboradores-voluntarios de 4ºESO D, elaboraron esta fermosa composición fotográfica exposta nos corredores da biblioteca. Alí poderedes atopar unha serie de libros de temática diversa, que os vosos compañeiros recomendan ler para pasalo ben e activar a imaxinación. 

A continuación vos deixo o video da exposición. Que o desfrutedes......



luns, 7 de abril de 2025

OBRADOIRO de XADREZ. 25 de ABRIL.

Xa está todo preparado para a celebración do primeiro obradoiro de xadrez na Biblioteca Lecer do Ler. O ex profesor de Filosofía do noso centro Santiago Cerviño, impartirá unha charla e un obradoiro a todo o alumnad@ interesado nesta intersante disciplina. Santiago defende os beneficios do xadrez no desenvolvemento de moitas habilidades e competencias do alumnado. Porque o xadrez é máis que un xogo e convértese nunha ferramenta moi útil na aula e na vida.







 

luns, 17 de marzo de 2025

VI Concurso de Fotografía Matemática.

Despois da entrega de premios dos diferentes concursos celebrados a pasada semana, o Departamento de Matemáticas e a biblioteca "Lecer do Ler" convocamos unha nova competición esta vez de fotografía matemática. Aquí vos deixo as bases deste novo concurso que xa vai pola VI edición. .As fotos gañadoras obterán premios en metálico e serán expostas no centro.

¡Animádevos a participar!





domingo, 16 de marzo de 2025

Concursos Matemáticos 2025. Gañadores e entrega de diplomas.

Entrega de premios aos gañadores dos Concursos Matemáticos2025.

¡Parabens a todos os gañadores!


xoves, 27 de febreiro de 2025

II RECITAL POÉTICO ROSALÍA 2025

Un ano máis, grazas aos alumn@s e profeso@s do Departamento de Lingua e Literatura galega, celebramos o Día de Rosalía cunha chea de actividades que se desenvolveron entre o 24-27 de Febreiro.

A semana iniciouse cunha visita á Residencia de Maiores do Carballiño para compartir tempo e experiencias cos nosos avós. A rapazada recitou poemas de Rosalía  emocionando a todos os presentes.

Nos seguintes días alumnos de 3ºESO decoraron os corredores con postais alusivas a diferentes poemas da nosa querida autora.

Xa como remate, o Xoves 27 de Febreiro tivemos o pracer de escoitar aos alumnos de 2º ESO no II Recital Poético Rosalía 2025, que tivo lugar na biblio "Lecer do Ler"durante o segundo recreo .

A continuación vos deixo un video-resumo de todas esta actividades.


 
 

domingo, 23 de febreiro de 2025

DÍA de ROSALÍA


 Mañá, día 24 de Febreiro terá lugar  un encontro xeneracional moi especial entre os maiores do Asilo de O Carballiño e o noso alumnado de 2º ESO , compartindo lecturas  e poemas da nosa querida escritora Rosalía de Castro. De seguro lembraremos xunt@s a valía das súas verbas.

luns, 17 de febreiro de 2025

ENCONTRO con DAVID RUBÍN

David Rubín:"O feito de dedicarse ao cómic en España é cuestión de heroes".

Un dos autores do momento. Desde que publicou os dous volumes de 'O heroe', a súa carreira non fixo máis que subir. Rubín traballa a ambos os dous lados do Atlántico: en España triunfou cunha aclamada adaptación de 'Beowulf', e en EE. UU. debuxou cómics como 'Aurora West' e 'La Fiction'.

 Hoxe os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato do Club de Lectura "Argentarium" tiveron o privilexio de coñecer a uns dos ilustradores galegos de máis soa internacional nun encontro onde nos falou do seu proceso creativo e dos seus últimos proxectos. 

Aquí vos deixo un pequeno recordo de tan interesante encontro.


 

domingo, 16 de febreiro de 2025

VIDEO-RESUMO. SAN VALENTÍN 2025

 

Por fin  o día máis esperado chegou á biblio "Lecer do Ler". Cupido non fallou e deixou fermosas mensaxes aos alumnos e profesores do noso IES.
No seguinte video podedes ver un video-resumo da súa visita.
¡Feliz día do AMOR! 








xoves, 13 de febreiro de 2025

RESUMO da SEMANA da MULLER e da NENA na CIENCIA

Hoxe rematamos a Semana adicada a Muller e a Nena na Ciencia, coa visita de Margarita Vázquez, ex alumna do centro e profesora e investigadora do CINBIO, que tivo un interesante enconto cos alumnos de 4º ESO que forman parte do Club de Ciencias do IES. 

Con ela, poñemos fin a un amplo programa de actividades desenvoltas na biblioteca "Lecer do Ler", grazas á colaboración dos Departamentos de Matemáticas, Bioloxía e profesores e alumnos do Club de Ciencias. 

No seguinte video atoparedes un resumo desta  semana científica.

 

 

 

 


 

CHARLA con DAVID RUBÍN.

 

O Luns 17 de Febreiro os alumnos de 4º ESO e do Club de lectura "Argentarium", están convidados a unha interesantísima charla co autor e ilustrador David Rubín, no salón de actos do IES. 
Grazas ao Departamento de Lingua e Literatura Galega por facer posible este encontro. 

luns, 10 de febreiro de 2025

SEMANA DA MULLER e da NENA na CIENCIA


Comezamos as activiades para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Dende a biblioteca "Lecer do Ler" deseñamos un amplo programa con obradorios , charlas, exposicións e concursos científicos. Este programa  desenvolverase na semana do 10 ao 13 de Febreiro e conta coa participación do equipo da biblioteca e dos profesores e alumnos do Club de Ciencias. Esperamos que vos guste. 

Aquí vos deixo o cartel de actividades.













luns, 3 de febreiro de 2025

CONCURSO-EXPOSICIÓN. DÍA DA MULLER E DA NENA na CIENCIA.

Comezamos as actividades adicadas ao Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora na semana do 10-13 de Febreiro na Biblioteca "Lecer do Ler". 

Esta primeira proposta é a Exposición titulada "A muller innovadora na Ciencia", que xa podedes visitar nos corredores de 3º- 4º ESO. Alí atoparedes unha serie de paneis informativos sobre mulleres que tiveron un papel protagonista en diferentes disciplinas científicas (matemáticas, física, química....). Completa a actividade un Concurso sobre a temática da exposición, do cal podedes consultar as bases nesta mesma publicación. O Concurso desenvolverase na biblioteca e contará con interesantes premios para os gañadores/as.

Visitade xa esta interesante mostra, e animádevos a participar. 

BASES

CONCURSO: “ A MULLER, INNOVADORA NA CIENCIA “
Responde ás preguntas relacionadas coa exposición e gaña premios.

 - Visita a exposición “ A muller, innovadora na ciencia”, que está nos corredores de 3º e 4º da ESO.
- Pide na Biblioteca as preguntas que debes responder.
- Contesta a todas as preguntas, e se o precisas volve á exposición.
- Entrega na Biblioteca, antes do xoves 13 de febreiro, as túas respostas, co teu
nome e curso.


PREMIOS: Haberá 3 premios de 15€, 10€ e 5€ para o alumnado que mais repostas
acerten.
(Se hai varias persoas co mesmo número de respostas acertadas, repartiránse os
premios de xeito proporcional.)

ORGANIZADO pola Biblioteca “ Lecer do ler” e o Departamento de Matemáticas.

domingo, 2 de febreiro de 2025

HAI UNHA MENSAXE PARA TÍ na BIBLIO.

Xa se achega o día máis especial do ano, e na Biblio "Lecer do Ler" hai unha mensaxe para tí. ¿Quén é o teu/túa admiradora secreta? Se queres descubrilo visita a nosa biblioteca, e participa  nesta divertida actividade.

¡Feliz Día de San Valentín!

martes, 28 de xaneiro de 2025

Día da Non Violencia e da Paz. 30 de Xaneiro.

Con motivo da celebración do Día Mundial da Non Violencia e da Paz o 30 de Xaneiro, os alumnos de Proxecto Competencial de 3ºESO B-C xunto co grupo de Voluntarios da nosa biblioteca case todos do grupo de 4ºD, estiveron a elaborar unha serie de debuxos e murais con frases e consignas alusivas, para lembrarnos a importancia destes valores nos tempos que corren.

Este traballo dende hoxe, decora os taboleiros e corredores do centro. E para facelo ainda máis visible o acompaña un video-resumo, que vos adianto nesta publicación,e que se proxectará o día 30 na entrada e na biblioteca do centro.

"Se queremos un mundo en Paz e Xustiza, debemos poñer decididamente a Intelixencia ao servizo do Amor."

(Antoine de Saint-Exupéry) 

 


 

mércores, 22 de xaneiro de 2025

Hora de Ler. Velloucas e Minchas

O alumnado de 1ºESO  agasallounos con estas marabillosas maquetas,inspiradas no libro de Lorena Conde "Velloucas e Minchas" que estiveron a ler cos seus profesores de lingua e literatura galega na "Hora de Ler". Poderedes velas na exposición que atoparedes na entrada do instituto. ¡Que o desfrutedes!

martes, 21 de xaneiro de 2025