Este Venres, 25 de Abril, tivo lugar un interesante Obradoiro de Xadrez organizado polo equipo da Biblio "Lecer do Ler". Contamos coa colaboración de Santiago Cerviño, ex profesor de Filosofía do IES e persoa moi vinculada ao mundo do xadrez en Galicia. Santiago impartiu unha charla sobre os aspectos máis relevantes deste xogo, clubs de xadrez, persoas destacadas en Galicia, grandes campeóns,plataformas de xogo,etc...mantendo a atención de todos os alumnos presentes.
A continuación desenvolvéronse dúas sesións de partidas simultáneas na biblioteca, contando cun total de 40 alumnos participantes.
Dar as grazas en nome do todo equipo, a Santiago e aos alumnos o participantes. Aquí atoparedes unha pequena mostra de tan interesante día.




