O pasado 5 de Xuño, o alumnado e o profesorado dos Clubs de Lectura do IES Nº1 e do IES Chamoso Lamas, celabramos a III Festa da Palabra en Moldes. Grazas ao IES Chamoso Lamas por organizar este xa tradicional encontro, co agarimo e eficacia de sempre. Grazas tamén aos que nos acolleron e explicaron, e sobre todo grazas ao alumnado que se animou a acompañarnos. Sen eles esta actividade non tería sido posible. Unha xornada para non esquecer...Agardamos xa a do próximo ano.
