domingo, 30 de novembro de 2025
mércores, 26 de novembro de 2025
25N Día da Eliminación da Violencia contra a muller
Un ano máis dende a Biblio "Lecer do Ler" en colaboración co equipo de igualdade , e a dirección do centro, vimos de celebrar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.
Nas salas da Biblioteca desplegamos un tendal de collages, con mensaxes reivindicativas, e expuxemos unha serie de recomendacións lectoras. Por outra banda, os alumnos de 2º ESO,en nome de toda a comunidade educativa, participaron nos actos do Concello teatralizando unha serie de situacións, onde o maltrato está presente. Con esta proposta quixemos chamar a atención sobre as caras da violencia, sobre todo daquelas disfrazadas de amor.O control non é romántico, é violencia, por eso o noso berro este 25 N foi:
"NON A NINGUNHA CARA DA VIOLENCIA"
Video-presentación:
venres, 21 de novembro de 2025
Semana da Ciencia en Galego.
Grazas a colaboración dos distintos departamentos e da nosa biblioteca, na semana do 17-21 de Novembro, durante os periodos de lecer, asistimos aos diferentes obradoiros científicos que se desenvolveron na biblio "Lecer do Ler". A oferta foi variada, dende obradoiros de papiroflexia, experimentos de física e química, xogos e concursos matemáticos, experimentos de bioloxía e tecnoloxía.
No seguinte video atoparedes o video-resumo das diferentes actividades.
xoves, 13 de novembro de 2025
Novembro.Mes da Ciencia en Galego.
Un ano máis o IES Nº 1 celebra o mes da Ciencia en Galego, cunha chea de actividades.
Grazas a colaboración dos distintos departamentos e da nosa biblioteca, na semana do 17-21 de Novembro, durante os periodos de lecer, poderedes asistir e participar nos diferentes obradoiros científicos que se desenvolverán na biblio "Lecer do Ler". A oferta é moi variada,dende obradoiros de papiroflexia, experimentos de física e química, xogos e concursos matemáticos, experimentos de bioloxía.....O programa foi pensado para vós e para o voso desfrute,así que, esperamos a vosa asistencia e participación.
No seguinte cartel atoparedes o calendario das diferentes actividades.
luns, 10 de novembro de 2025
Clubs de Lectura "Argentarium" 2025/26
Benvidos ao Club de Lectura " Argentarium" do IES Nº1 do Carballiño. Iniciamos o curso 2025/26 con importantes novidades, xa que ademáis dos tradicionais grupos de lectura histórica e literatura galega, sumamos este ano por primeira vez un Club de Lectura de Adultos.
Iniciamos este primeiro trimestre, con dúas lecturas do escritor local, Miguel Anxo Fernández: "O Sabre do Francés" nos grupos de lectura histórica de 1º de Bacharelato e "Un Nicho para Marilyn" no grupo de adultos. Contaremos coa presenza do autor nas sesións inaugurais de ambos clubs. Ambos libros poderedes atopalos na nosa biblioteca.
Tamén cabe destacar a relación de irmandade que temos cos clubes de lectura do IES Chamoso Lamas. Así, a pertenza ao noso club de adultos dávos acceso tamén ao club de adultos do Chamoso.
A continuación vos deixo información sobre as datas, horarios e lugar das primeiras sesións do noso Club de Lectura.




.jpg)

