mércores, 18 de novembro de 2009

OS LECTORES RECOMENDAN ...





Se leéstedes un libro ou un comic que vos enganchou, podedes facer vosas recomendacións tanto no blog, como nos tablóns da biblioteca. Por exemplo, a Alejandro de 1º de ESO, gústalle e recomenda calquer comic da colección de " Mortadelo e Filemón ".




Flavia, de 1º de ESO, nos recomenda " El Niño con el Pijama de Rayas ", de John Boyne, xa sabedes que do libro fíxose unha adaptación cinematográfica ( película ). Lembrade que, para facer vosas recomendacións debedes de dar o título e oautor-es completo

venres, 6 de novembro de 2009

Películas na Biblioteca

Lembrarvos que na Biblioteca temos un videoclub, cunha pequena colección de películas, que podedes levar prestadas para casa dende 0 Venres ata Luns.Estes son algúns títulos que temos na Biblioteca:
.- " La Vida de los otros "; " Quemar despues de leer "; " Mamma Mia "; " Ratatouille "; " V de vendetta "; " American Gangster "; " Piratas del Caribe "; " Los Simpson "; " Spiderman -3 "; " El Jardinero Fiel "... e moitas mais

xoves, 5 de novembro de 2009

Mahouda: A Pequena Rosa do Deserto

Mahouda é unha rapaza saharaui que pasou dous veráns no Carballiño. Unha das ilusións mais grandes que tiña era poder ter unha festa de cumpreanos, porque nunca celebrara ningún. Así que puxémonos mans á obra. O seu desexo era ter unha " coroa de raiña ", unha tarta con doce velas e que lle cantáramos o " Cumpreanos Feliz ". Como sorpresa tivo tamén contacontos e dous magos... e tamén dous gaiteiros. Unha festa ben completiña e de ahí a cara de felicidade de Mahouda. É doado contentala, porque ela leva a ledicia e a felicidade por onde pasa.

OUTUBRO : MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARE

O mes de outubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. A IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar) propón este ano o lema "“A alfabetización e a aprendizaxe na biblioteca escolar”. O principal obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación de rapac@s e moz@s. Todos os estudos sobre o rendementos escolar e o desenvolvemento educativo amosan que o progreso e o éxito escolar están ligados á existenza de bibliotecas con bos fondos e programas educativos axeitados.




O cartel que nos mandan desde A Asesoría das Bibliotecas Escolares Galegas realizado por Miguelanxo Prado lémbranos que a Biblioteca Escolar é un espazo de lecturas: de lecturas literarias, de lecturas poéticas, dramatizadas, en compañía, en silencio, en voz alta; lecturas de imaxe, lecturas de gráficos, mapas, cadros, ilustracións, lectura da banda deseñada, o cine; lecturas informativas: o xornal, a revista divulgativa, a enciclopedia, a monografía que amplía e profundiza, o dicionario; lecturas para contrastar, para ampliar... lectura en pantalla, lectura en papel... lecturaS. "Lectura de todo tipo de texto, en todo tipo de soporte, con todo tipo de finalidades", velaí de que falamos cando falamos de lectura nestes momentos.

No noso centro, o IES nº 1 d' O Carballiño, estamos a celebralo de diferentes xeitos: con agasallo de libros e marcapáxinas, coa posta en marcha das Mochilas Viaxeiras, coa creación dun club de lectura en 1º de Bacharelato, e no vestíbulo temos un proxector coa explicación da CDU e diferentes vídeos de promoción da lectura.




Agora desde O Castro de Baronceli deixámosvos este vídeo tan marchoso porque comezamos o curso bibliotecario con moito ritmo: