jueves, 5 de noviembre de 2009

OUTUBRO : MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARE

O mes de outubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. A IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar) propón este ano o lema "“A alfabetización e a aprendizaxe na biblioteca escolar”. O principal obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación de rapac@s e moz@s. Todos os estudos sobre o rendementos escolar e o desenvolvemento educativo amosan que o progreso e o éxito escolar están ligados á existenza de bibliotecas con bos fondos e programas educativos axeitados.




O cartel que nos mandan desde A Asesoría das Bibliotecas Escolares Galegas realizado por Miguelanxo Prado lémbranos que a Biblioteca Escolar é un espazo de lecturas: de lecturas literarias, de lecturas poéticas, dramatizadas, en compañía, en silencio, en voz alta; lecturas de imaxe, lecturas de gráficos, mapas, cadros, ilustracións, lectura da banda deseñada, o cine; lecturas informativas: o xornal, a revista divulgativa, a enciclopedia, a monografía que amplía e profundiza, o dicionario; lecturas para contrastar, para ampliar... lectura en pantalla, lectura en papel... lecturaS. "Lectura de todo tipo de texto, en todo tipo de soporte, con todo tipo de finalidades", velaí de que falamos cando falamos de lectura nestes momentos.

No noso centro, o IES nº 1 d' O Carballiño, estamos a celebralo de diferentes xeitos: con agasallo de libros e marcapáxinas, coa posta en marcha das Mochilas Viaxeiras, coa creación dun club de lectura en 1º de Bacharelato, e no vestíbulo temos un proxector coa explicación da CDU e diferentes vídeos de promoción da lectura.




Agora desde O Castro de Baronceli deixámosvos este vídeo tan marchoso porque comezamos o curso bibliotecario con moito ritmo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario