mércores, 1 de decembro de 2010


CLUB DE LECTURA 1º DA ESO.

Hai dúas semanas que no grupo de lectura de 1º da ESO, estamos lendo a novela de Jordi Sierra i Fabra : " El Asesinato de la Profesora de Lengua ". O autor, revela xa nas primeiras páxinas , que a experiencia de ler, pode ser tamén un xogo. Cada capítulo é unha invitación á lectura: facendo referencias a obras da literatura universal , intoducindo pasatempos e probas que requrirán un lector activo, que se terá que implicar a fondo para resolver o enigma da novela.
Nas reunións do Club de Lectura, reflexionamos sobre distintos valores que se propoñen na lectura do libro:
.- O valor da lectura coma fonte de coñecemento, placer, liberdade e individualidade.
.- A intelixencia é unha nota común ós protagonistas da historia.
.- A amizade e o compañerismo.
.- Relacións entre profesores e alumnos.









mércores, 24 de novembro de 2010




Dúas interesantes propostas para introducírmonos nas luces e, sobre todo, nas sombras da Inglaterra decimonónica, en plena Revolución Industrial. Unha delas de índole literaria, a outra cinematográfica aínda que baseada nunha novela da época
No primeiro caso, trátase da recopilación de artigos "Paseo por Londres" de Flora Tristán. A pesares do seu título, máis que un "paseo", o que nos brinda a autora é unha análise en profundidade, dura e sincera de diferentes ámbitos da realidade política e social do Londres victoriano. Flora non "pasea" senón que se mete de cheo na realidade das fábricas, o Parlamento, os cárceres, as carreiras de Ascot, os clubes...Un mosaico completo, en definitiva, dun lugar e un momento de enorme ebulición histórica, económica e social.
Especialmente recomendables os capítulos adicados a "Los obreros de las fábricas"(px.93), "Los cartistas"(px.65), "Las mujeres inglesas"(px.275), "Indolencia de la vejez.Trabajo impuesto a la infancia"(px.309). Mención aparte merece -¡ non volo perdades !- o esbozo bibliográfico da autora (px.9) realizado polo recente Premio Nobel, Mario Vargas Llosa. Nel descúbrenos a triste e intensa, aínda que breve, vida dunha muller valente, autodidacta, rachadora, adiantada ao seu tempo, pioneira do feminismo (nunha época na que a muller non se tiña en conta para nada), comprometida e rebelde contra os abusos ás clases máis desfavorecidas.
No segundo caso, propomos a película "Oliver Twist" baseada na novela do mesmo título de Charles Dickens. A obra sitúase na mesma época e lugar que os artigos de Flora Tristán, a visión que se nos amosa desa mesma realidade non é moito máis optimista.
O autor inglés reflicte a miseria urbana, o mundo da hampa, a delincuencia infantil, o triste papel das mulleres da época, a explotación laboral dos nenos...Todo isto a traverso dos avatares que vai sufrindo o seu pequeno protagonista, Oliver, un orfo londinense que se ve inmerso nun mundo de adultos crueis, delincuencia e miseria.
Interesantes e recomendabeis ámbalas dúas propostas. Animámosvos a abordalas e, despois a compartir as vosas dúbidas, opinións e sensacións con nós. Cambiaremos impresións, ampliaremos as nosas visións dos temas e, así, as disfrutaremos dobremente.
Carmen H. e Nieves A.

luns, 22 de novembro de 2010

xoves, 11 de novembro de 2010

Otoño-Autumn

xoves, 4 de novembro de 2010

CLUB DE LECTURA ARGENTARIUM.
Comenzamos este curso unha nova andaina do club de lectura. a foto correponde a primeira reunión co grupo de 1º da ESO. O libro escollido para principiar é : " Maldito DNI ", de Pepe Carballude, que nos fala dos atrancos legaís que se lle presentan ó protagonista da historia, que quere " desaparecer " ou " morrer " agás para a súa familia. Leremos un libro por mes, e as reunións serán na Biblioteca.

mércores, 3 de novembro de 2010


Iste era o aspecto " tenebroso " que presentaba a entrada principal do instituto: caliveras, pantasmas, e cabazas con luces acesas.



" O SAMAÍN " NO IES.
Na semana do 25 ó 30 de outubro , celebrouse no Instituto a festa do samaín, antigo rito celta, que os emigrantes irlandeses levaron ós E.E U.U., parece ser que en Galicia tamén se celebraba, e agora, está en franca recuperación. Os seminarios de Inglés e Galego, organizaron distintas actividades. A máis vistosa foi a exposición das cabazas decoradas polos alumnos de 1º da ESO.

mércores, 20 de outubro de 2010




O NOSO VIDEOCLUB.
Lembrarvos que temos tamén unha pequena colección de películas ( DVD) que podedes levar prestadas ós fins de semana: dende o Venres, ate o Luns, e tamén en víspera de festivo. A lista completa de títulos está posta nos distintos taboleiros da Biblioteca e das Aulas.

luns, 18 de outubro de 2010

NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA




Eiquí vos deixamos unha pequena mostra das últimas adquisicións da Biblioteca: " A Miña Planta de Laranxa e Lima ", de José M. de Vasconcelos; " Rolda Nocturna ", de Sarah Waters; " Tengo Ganas de ti ", de Federico Moccia; " Xenaro e o Misterio da Mochila verde ", de Mar Guerra; " Viaje al Poder de la Mente " , de Eduardo Punset; " Lúa do Senegal " , de Agustín Fernández Paz; " El Tiempo entre Costuras ", de María Dueñas... e algúns títulos mais, que están nos taboleiros da Biblioteca. Lembrade que todos estes libros, pódense levar en préstamo









































venres, 15 de outubro de 2010

Me gusta leer