miércoles, 24 de noviembre de 2010




Dúas interesantes propostas para introducírmonos nas luces e, sobre todo, nas sombras da Inglaterra decimonónica, en plena Revolución Industrial. Unha delas de índole literaria, a outra cinematográfica aínda que baseada nunha novela da época
No primeiro caso, trátase da recopilación de artigos "Paseo por Londres" de Flora Tristán. A pesares do seu título, máis que un "paseo", o que nos brinda a autora é unha análise en profundidade, dura e sincera de diferentes ámbitos da realidade política e social do Londres victoriano. Flora non "pasea" senón que se mete de cheo na realidade das fábricas, o Parlamento, os cárceres, as carreiras de Ascot, os clubes...Un mosaico completo, en definitiva, dun lugar e un momento de enorme ebulición histórica, económica e social.
Especialmente recomendables os capítulos adicados a "Los obreros de las fábricas"(px.93), "Los cartistas"(px.65), "Las mujeres inglesas"(px.275), "Indolencia de la vejez.Trabajo impuesto a la infancia"(px.309). Mención aparte merece -¡ non volo perdades !- o esbozo bibliográfico da autora (px.9) realizado polo recente Premio Nobel, Mario Vargas Llosa. Nel descúbrenos a triste e intensa, aínda que breve, vida dunha muller valente, autodidacta, rachadora, adiantada ao seu tempo, pioneira do feminismo (nunha época na que a muller non se tiña en conta para nada), comprometida e rebelde contra os abusos ás clases máis desfavorecidas.
No segundo caso, propomos a película "Oliver Twist" baseada na novela do mesmo título de Charles Dickens. A obra sitúase na mesma época e lugar que os artigos de Flora Tristán, a visión que se nos amosa desa mesma realidade non é moito máis optimista.
O autor inglés reflicte a miseria urbana, o mundo da hampa, a delincuencia infantil, o triste papel das mulleres da época, a explotación laboral dos nenos...Todo isto a traverso dos avatares que vai sufrindo o seu pequeno protagonista, Oliver, un orfo londinense que se ve inmerso nun mundo de adultos crueis, delincuencia e miseria.
Interesantes e recomendabeis ámbalas dúas propostas. Animámosvos a abordalas e, despois a compartir as vosas dúbidas, opinións e sensacións con nós. Cambiaremos impresións, ampliaremos as nosas visións dos temas e, así, as disfrutaremos dobremente.
Carmen H. e Nieves A.

14 comentarios:

  1. Eu vin a película "Oliver Twist".
    Creo que reflicte moi ben o que puido ser a realidade da Inglaterra Victoriana, na que todo era miseria e corrupción, e emocións sempre repletas de gañas de vivir, non de ser escravo. Creo que tivo que ser moi triste que nenos tan pequenos tivesen que ver eso, que as mulleres fosen infravaloradas e tratadas desa maneira, e que algúns homes estiveran por riba de todo, eso é o máis penoso.
    Na miña opinión, cabería destacar un aspecto que me chamou moito a atención, e é que por moito poder ou benes materiais que tiveran algúns personaxes, ninguén parecía feliz.
    En opinión á película, creo que está moi ben ambientada, ten unha banda sonora estupenda e os actores son bastante bos, cousa que se reflicte no odio que acabamos tendo cara uns e a penuria e cariño que mostran outros. E, aínda que varía bastantes aspectos ou omite pasaxes importantes da obra narrativa, creo que é digna de ser vista, polo que aconsellaría que calquera a vise, e, ademais, pódese aprender moito desa importante época que marcou o futuro de Inglaterra.

    ResponderEliminar
  2. alba lópez alejandre30 de noviembre de 2010, 6:44

    Eu vin a pelicula Oliver Twist.
    Gustoume moito xa que deflicte perfectamente a vida daquela épocac sobre todo como eran as condicións de traballo ,e dicir, a explotación que os industriais exercían sobre os seus traballadores. Outra cousa que tamén me chamou moito a atención foron os tratos que se lle dabán os nenos, xa que os trataban peor que ós escravos; e tamén o machismo que se reflicte nun anaco da película.
    Tamén me gustaría destacar a difenrenza que había entre o campo e a cidade; xa que no campo ainda que os campesiños foran pobres tiñan de que comer e na cidade a maioría non tiña medio de sustento polo que se adicaban a roubar.
    A película encantoume e reconmendolla a tódalas persoas de tódalas idades.

    ResponderEliminar
  3. Leticia Payo Serafín1 de diciembre de 2010, 7:22

    Vin a película de Oliver Twist e a verdad é que me encantou porque reflicte moi ben como era a vida por aquel entonces. Unhas das cousas que me parece que queda moi ben definido son os traballos forzosos que teñen que realizar os nenos. O que máis me impactou foron as pésimas condicións de traballo, porque non é o mesmo estudalo no libro de texto que velo nunha película, que, a opinión miña, adáptase moi ben ao que sucedía en realidade, por iso me chocou moi, ver a eses nenos e nenas desfacendo as cordas para as vestimentas do rei, alí sentado todos por orden e vestidos igual, sen rechistar, é unha imaxe que me impactou moito.
    Por eso recomendo ver a película, sobre todo aos alumnos que están a estudar esa época da historia, xa que creo que a película pódeos axudar a ver un pouco mellor como era a vida nesa época. Tamén a recomendo para as persoas que simplemente teñan curiosidade por aprender ou que lles guste o cine, esta película é moi entretenida e ao mesmo tempo apréndese moito.

    ResponderEliminar
  4. María Caíña Hurtado10 de diciembre de 2010, 2:17

    Eu vin a película de Oliver Twist e gustoume moito. Por unha parte gustoume a historia que se conta e, por outro lado, a forma en que mostra certos aspectos da vina na Revolución Industrial. Sorprendéronme as malas condicións nas que se atopaban os nenos que traballaban nos talleres do hospicio, a falta de hixiene e a mala alimentación que levaban.
    Tamén me sorprendeu que moitos nenos tivesen que roubar para poder comer, e a diferencia de clases que existía en Londres naquela época.
    A película axudoume a comprender mellor o que estudiei sobre a Revolución e a vida que se levaba nela.
    En conclusión, a película encantoume e paréceme que mostra moi ben a realidade da época.

    ResponderEliminar
  5. Guadalupe Sofía García Marnotes11 de diciembre de 2010, 12:41

    Cando vin a película de Oliver Twist a verdade e que me impactou moito o trato que recibian os nenos,que os trataban coma obxectos que non se podian queixar,e aínda que os libros e mesmo os profesores nos dín que esto pasaba nesta época nunca chegas a crelo ata que o ves cos teus propios ollos.Tamén me impactou o trato que recibían as mulleres e as condicións sociais nas que se encontraban as persoas.Na película reflictese as cidades como lugares escuros,sucios,como "antros",o que na miña opinión ten que ver co feito de que,naquela época,foras rico ou pobre nunca estabas contento.
    A verdade e que me gustou moito a película e a historia que nela se conta,xa que grazas a ela puiden conprender mellor o que sucedia nesa época e os comportamentos socias que había.

    ResponderEliminar
  6. Tatiana Vergara González.13 de diciembre de 2010, 6:04

    Eu tamén vín a película de Oliver Twist e encantoume.Este film reflexa a situación de Inglaterra durante a Revolución Francesa.A verdade que a película coida con detalle todos aqueles aspectos como a forma de traballar dos nenos,os nenos que eran vendidos para ser aprendices dun oficio ou a néboa que afectaba a toda a cidade.Ademáis vese claro a forma de vida das persoas,os burgueses coas súas casas enormes e rodeadas de xardín frente aos marxinados que incluso tiñan que roubar para comer.
    En conclusión creo que deberíamos de ver máis películas que esten relacionadas co temario que estamos dando para comprenderlo mellor.

    ResponderEliminar
  7. Eu vin a película de Oliver Twist. A verdade e que me sorprendeu para ben. A película tíñame moi boa pinta pero pensaba que ía a facérseme moi larga, e a verdade e que non foi así. Sorprendeume moito as diferencias que se apreciaban entre a alta burguesía e o proletariado, a xente que non tiña un teito no que acollerse, os ladróns da rúa... Tamén me sorprendeu moito o feito de que por aprender a un neno, a un menor a delinquir, eses nenos debían estar agradecidos ás persoas que lles ensinaban. Outra cousa que chamou a miña atención foi o papel da muller nesa época, como eran tratadas e como se vían elas a si mesmas.
    A pesares de que penso que a película é bastante boa, penso que o feito de que un burgués "adoptara" sen motivo algún a un neno, fíxome pensar que posiblemente nesa época non houbese moitas persoas que fixeran eso, se é que en realidade había algún.
    En xeral a película gustoume bastante e pareceume entretida.

    ResponderEliminar
  8. Eu vin a película Oliver Twist.
    Gustoume moito e chamoume moito a atención como vivía a sociedade de esta época.
    O que máis me chamou a atención foi que houbese tanta prostitución e nenos polas rúas, e tamén que estivesen todos tan explotados, e paréceme que reflexa moi ben a sociedade da época, posto que mesmo nas fábricas os proletarios estaban traballando moitas horas seguidas e en malas condicións.
    Fixeime tamén no ambiente escuro proporcionado polas fábricas e que se reflexaba no lúgubre da cidade, que parecía ata triste.
    Sen dúbida, recomendaría a película

    ResponderEliminar
  9. jonatan veiga varela15 de diciembre de 2010, 12:08

    Eu lin o libro de Flora tristan.
    Gustoume e pareceume interesante porque todo o que di era a realidade daquel tempo e o que mais me chama a atención son as condicións nas que tiñan que vivir os traballadores, a variabilidade do salario entre homes e mulleres, a explotación infantil,as horas de descanso e laborais estaban moi descompensadas e a actitude abusiva dos xefes sobre os seus traballadores.

    ResponderEliminar
  10. Eu tamén lin o libro de Flora Tristán.
    A min, o que máis me impactou, foi cando Flora di que preferiría ser unha esclava antes que ser do proletariado inglés, xa que os esclavos cando estan emfermo teñen vos cuidades, e polo menos, están ben mantidos...
    Este capitulo pareceume moi interesante, pero agora que me dixeron que o resto do libro tamén tiña cousas moi interesntes desa época, déronme ganas de lelo enteiro.

    ResponderEliminar
  11. Eu vín a película, e pensaba que non iba ser tan interesante. Reflexaba como se desenvolvia a industrialización da época, xa que a maioria da xente estaba na cidade e o no campo apenas vivía xente. Representa o traballo dos prolietariados, que traballan moitas horas e apenas ganan para vivir, a pouca hixiene, a explotación dos menores, etc.
    Reflicte moi ben a diferencia de clases.
    En conclusión, recomendaría esta película.

    ResponderEliminar
  12. María Pérez López16 de diciembre de 2010, 1:19

    Eu lin o capítulo dos obreiros das fábricas de Flora Tristan.
    Pareceume moi interesante porque reflicte moi ben como era a vida dos traballadores nas fabricas.
    O que mais me chamou a atención foi que os nenos e as mulleres bueno todos os traballadores en xeneral por traballar en unhas condicións tan malas collían moitas enfermidades.

    ResponderEliminar
  13. Eu vin a pelicula de Oliver Twist.
    Gustoume sobre todo a realidade das escenas, do ben que se representa a epoca na que se da. Na pelicula vese como os nenos, xa dende pequenos xa traballaban, o ambiente sucio e pouco hixienico, o auxe da revolucion industrial...
    E unha pelicula moy completa nese sentido porque hay outras peliculas de ambito historico que solo se centra na propia historia dos personaxes pero nesta atendese os demais detalles.
    En conclusion, menos examenes e mais documentales.

    ResponderEliminar
  14. E unha pelicula moi interesante e tamen algo triste. Nela vemos todas as dificultades que ten que pasar un neno para poder vivir "ben", porque moi ben moi ben non puido vivir ata ao final da pelicula. A escena que mais me sorprende e cando se xuntan toos os nenos na fabrica e ao que lle saira o pau mais pequeno tiña que pedir mais de comer.

    ResponderEliminar