jueves, 19 de enero de 2012

POEMAS SOBRE O CARBALLIÑO




O Equipo do BiBlog na praza das Galiñas
     O equipo da Biblioteca, pensou que era unha boa idea saír a dar un paseo pola vila, e comprobar se hai poemas que falen de O Carballiño e se atopen nas rúas. Pois ben: tivemos sorte, xa que na vila hai un roteiro poético, con versos que o poeta chairés Manuel María, lle adicou á distintos lugares senlleiros de O Carballiño que se publicou co nome "O Cantigueiro do Orcellón". Nel, atopamos poesías adicadas á Eira e a Fonte de Flores, á Pena dos Namorados, ó Balneario... Como mostra deixamos aquí o poema adicado á Praza das Galiñas: esta praciña -ubicada no corazón do Carballiño- era onde antigamente nas feiras se poñían os vendedores (máis ben vendedoras) de galiñas e ovos de toda a comarca. Onde hoxe se atopa a fonte, había unha pequena casa. Alí un veciño do pobo, ó que todo o mundo lle chamaba "Gito", vendía todo tipo de cacharriños de barro.


"CANCIÓN DA FEIRA"

Foron os frades de Oseira
no vello tempo pasado
os que fundaron a feira
e deron vida ó mercado.
Xenta da tralla e do mallo
da bisbarra de Orcellón
¡baixo a sombra dun
carballo
fixo da feira un feirón!

Dende montes ó Ribeiro
e dende Arnoia a Chantada:
¡as feiras do derradeiro
deixan a xente pasmada!


Heime poñer en camiño
e meterme a vendedor:
¡as feiras do Carballiño
son unha festa maior!

Posto a tratar, ¿que faría?
¿En que poido eu 
negociar?
¡Soio ofrezo poesía
e non ma queren mercar!



Manuel María: "Cantigueiro de Orcellón"  
Eira de Flores: Cabaceiro
Fonte de Flores: A máis antiga do Carballiño

Cruceiro na Eira das Flores

1 comentario:

  1. Fáltanos o poema do Balneario e a pena dos Namorados... agardamos poder " Colgalos " máis adiante

    ResponderEliminar