martes, 28 de febreiro de 2012

ENTROIDO NO I.E.S.

    O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido no centro. Houbo concurso de disfraces nas modalidades de: individual, parellas e grupos de tres ou máis integrantes. A festa estivo moi animada. Aquí tendes a mostra.



luns, 13 de febreiro de 2012

LIBROS QUE MERECE A PENA LER

Portada nunha das versions da biblioteca

    Nesta entrada vouvos falar dun libro tan famoso coma bo: "A illa do tesouro" (Treasure Island) creada en 1883  polo escritor británico, que seguro que coñecedes, Robert L. Stevenson (1850-1894).

    Trata dun rapaz chamado Jim Hawkins que, ó día seguinte da morte do seu pai, descubre casualmente un extraño baúl dun vello pirata que morreu na súa pousada. O mapa será o responsable dunha emocionante expedeición a unha isla descoñecida na busca do tesouro do capitán Flint.

Robert L. Stevenson
     Nesta aventura destacan os termos mariñeiros que se usan (moitos deles seguramente tédelos que buscar no diccionario). En dúas das versións que temos na biblioteca podedes ver o mapa da famosa illa do tesouro e un debuxo da goleta na que viaxan os nosos aventureiros, chamada Hispaniola, no que se vos explica como era.