viernes, 22 de junio de 2012

               UNHA  DUCIA  DE  LIBROS

Agora que se aproxima o verán e tendes máis tempo para ler, vos deixamos como suxerencia doce libros, unha pequena mostra dos moitísimos que temos na Biblioteca para vos:
                                         
 " O Frío Azul  ".   de Ramón Caride OgandoA historia dun viaxeiro que chega ao mosteiro de Oseira cunha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por saber a calquer prezo a razón da súa insólita desventura. Un relato de guerras e de nigromancia, de poder asoballante, ambientado no século XVI.


                          
 "  O  Club  da  Calceta "   de María  Reimóndez. Seis mulleres-moi diferentes entre sí- acoden a clases de calceta: a través dun espazo tan tradicionalmente feminino como é a calceta, a autora, dalles voz a esas mulleres que dende as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente de frustracións.   

"El  Misterio  Velázquez  "  . de Eliacer  Cansino. As confesións de Nicolás Pertusato, un rapaz ao que o destiño obrigou a participar nuns extranos sucesos ata hoxe esquecidos. Este xoven , que aparece retratado  nas Meninas , recorda a súa vida, a sía loita para manter a súa dignidade a pesares da súa particular condición física e, finalmente , a enigmática relación que mantén co pintor Velázquez, autor do famosísimo cadro. 


            
" Ghostgirl " : Descanse en Paz/ El Regreso . de Tonya Hurley. En dous libriños se nos contan as peripecias de Charlotte Usher, unha adolescente que se sinte profundamente desgraciada, que morre por circunstancias fortuitas, pero entrará nunha nova dimensión, dun xeito fantástico Charlotte regresa para tomar cumprida vinganza de todos os que en vida se riron dela, a humillaron e tamén a ignoraron.

" La Mona Risa ". Los mejores relatos de humor. Con selección e prólogo de Luís M. Pescetti. Woody Allen, Samuel Beckett, Italo Calvino, Alfredo Bryce Echemique, Elvira Lindo, Wenceslao Fernández Flórez, E. Jardiel Poncela, Juan José Millás, etc..son algúns dos autores seleccionados nesta antoloxía de relatos curtos , que teñen como nexo o humor, dende unha diversidade de estilos, temas e enfoques.

" O Último traballo do señor Luna " de César Mallorquí. Novela de aventuras , de ritmo trepidante. Aínda que a trama da comezo en Bolivia, coa fuxida de dona Flor Huanaco a España , o plan de vinganza dun poderoso narcotraficante trasladaráse  ás rúas e aos barrios de Madrid. Tras os seus pasos, chegan un implacable asasino a soldo , coñecido como o sr. Luna  co encargo de matala , e o fillo do narcotraficante, desexoso de herdar o seu imperio  e, polo tanto, máis perigoso aínda que o seu pai.
                          
" Zara y el Libreo de Bagdad " . de Fernando  Marías. Unha bomba estoupa na Barcelona de 1938. Un misil destroza un dormitorio en Bagdad. 60 anos de diferencia. Distintas guerras. As mesmas víctimas. O mesmo exilio. ¿ Estamos condeados a repetir a historia ?. Unha novela valiente e comprometida, e tamén un alegato contra as guerras.

" Un casoiro ben mal amañdo " de Bali Rai. Narra as peripecias vitais dun adolescente punxabi, que se debate entre manter as relacións familiares e vivir a súa propia vida. Esta novela narra dun xeito crú e realista o intento de sobrevivir de moitas comunidades de inmigrantes en espazos culturais alleos e as contradiccións que se xestan nas segundas xeracións no seo desas comunidades.

" O  Derradeiro dos  Mohicanos ". de Fenimore Cooper. Non ha ser difícil para os lectores situárense na paisaxe e na acción referencial de centos de películas e libros onde os pobos indios, os " pel vermella " deambulan a través desa épica e enorme fronteira americana: alí, a natureza convértese en parte integrante dos acontecementos. É a historia dos mohicanos ..

"  A  noite  que Wendy aprendeu a voar ". de Andreu Martín. Esta é unha novela trepidante , na que a moza policía deberá enfrontarse por sí mesma con asasinos perigosos , terá que correr, loitar e facer uso da pistola, coñecerá o fondo do mar..saltará abismos pavorosos  e verá a morte de moi preto . Esta será a noite na que Wendy aprenda a voar.

" Tres Disparos e dous friames ". de Miguel Anxo Fernández. Unha aventura máis do xa famoso personaxe  " Frank Soutelo ": un detective retranqueiro, un tanto cínico, e cunha particular idea da xustiza: terceira novela da serie , na que este detective volve a meterse en leas nos máis escuros e depravados ambiente de Hollywood.




                                                                     


                                                        



                                                                                                               
                                                                   

                                                            






No hay comentarios:

Publicar un comentario