martes, 20 de noviembre de 2012

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O  MALTRATO  EN  CIFRAS:

  • Do 45% ao 60% das agresións ás mulleres, teñen lugar na casa, e a maioría son cometidas polas suas propias parellas.

  • A VIOLENCIA, é a principal causa de morte nas mulleres entre os 15 e os 45 anos, máis que o cancro e os accidentes.

  • Unha de cada TRES MULLERES NO MUNDO foi agredida física e sexualmente ó longo da súa vida.

  • En UN DE CADA TRES FOGARES NO MUNDO, hai maltrato emocional, intimidación e abuso físico e sexual sobre mulleres de distintas idades.





      Non debemos esquecer, que a violencia de xénero non se produce só en mulleres adultas e a mans das súas parellas, senon que tamén en moitos paises- demasiados por desgraza -millóns de nenas son escravizadas, humilladas, feridas ou mortas con total impunidade dentro do núcleo familiar: aínda existen moitos lugares onde calquera besta de carga, unha cabra, un mulo, unha ovella... son máis valiosas que as propias mulleres... incrible... pero certo.

     O cantante e compositor John Lennon, escribiu unha vez que "A muller era o negro do mundo",   de iso xa fai máis de 40 anos, pero a frase e a canción seguen tendo hoxe toda a súa vixencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario