martes, 29 de enero de 2013

ENTREVISTA A RAMÓN CARIDE OGANDO

P.: Ti fuches pioneiro en escribir literatura fantástica para mozos. Que te levou a apos-tar por ese xénero hai máis de 20 anos?

Ramón Caride: " Básicamente son un gran lector deste tipo de literatura, e así foi un paso natural. Agora está de moda en parte por Internet e as novas tecnoloxías, pero eu xa lía este tipo de novela nos anos 70. A miña primeira novela foi: "Soños eléctricos", publicada no ano 1992 (Premio Blanco Amor). Esto animoume a seguir escribindo novela fantástica, a seguinte foi: "Perigo vexetal" (1995), que tamén gustou moito."

P.: Que opinas do actual renacemento deste tipo de xénero literario? Pode ter algo que ver coa crise?

Ramón Caride: " O que eu fago é ciencia ficción, é dicir, fantasía con fundamentos cien-tíficos. No cine este xénero está moito máis definido que na literatura. Penso que non ten que ver coa crise: os rapaces e rapazas len agora moita literatura fantástica... pero tamén a lían antes da crise. Por exemplo, "Harry Potter" ou a saga "Crespúsculo"."

P.: Por que pensas que lle gusta tanto aos mozos a literatura fantástica?

Ramón Caride: " Porque os moz@s teñen imaxinación... a literatura fantástica ten un tipo de lectores, sobre todo na adolescencia, porque hai un mundo por explorar e queres ver moitas cousas, ten que ver coa maduración e a explosión de intereses que hai nesa etapa da vida. Aínda que hai un sector de lectores adultos aos que tamén lle interesa este tipo de literatura ".

P.: Como gran escritor de novelas infantís e xuvenís, pensas que el Galicia os moz@s len pouco, aceptablemente, moito...?

Ramón Caride: " Non len todo o que poderían ler, pero cando descubren sagas, si que se enganchan á lectura. Hoxe a literatura infantil e xuvenil é a que está tirando do mercado literario ".

P.: Tamén escribes poesía. Por que se le moita menos poesía que narrativa? Ou como podería a poesía chegar a máis lectores e deixar de ser un couto pechado só para iniciados?

Ramón Caride: " Primeiro hai que crear lectores. Os creadores deben facer os libros o mellor que poidan: máis completos, máis acabados... para enganchar aos lectores ".

P.: No teu derradeiro libro, "Exogamia 3.0", aínda que utilizas elementos de ciencia ficción, nos falas de problemas actuais e que nos preocupan a todos como: a utilización das novas tecnoloxías, a fenda entre ricos e pobres, a contaminación, manipulación xenética... En resumo: como ves o futuro máis próximo? Debemos desbotar a esperan-za? Ou pesas que hai razóns para o optimismo?

Ramón Caride: " Sempre estamos falando da nosa vida. O futuro creo que vai ser complicado, aínda que o pasado tamén o foi, sempre houbo e haberá problemas, aínda que o ser humano sempre tende a mellorar. En conxunto son optimista, creo que temos máis ferramentas que antes para que as cousas melloren, pero non debemos conformar-nos e non deixarnos vencer polo pesismismo ".

P.: Eres profesor nun I.E.S. de Cambados. Dende o teu punto de vista, pensas que a xuventude actual é máis egoísta, insensible, ou carece de principios que as xeracións precedentes, como din moitos adultos?

Ramón Caride: " Eu creo que non. Sempre houbo esa sensación dende o punto de vista histórico con respecto as xeracións que veñen detrás e que ó mellor lle esiximos dema-siado: pensamos que teñen que ser infinitamente mellor ca nós, e eso é imposible. As cousas hai que aprecialas nunha escala temporal axeitada ".

P.: Cres que o soporte dixital acabará substituíndo ó soporte impreso clásico (o libro de toda a vida?

Ramón Caride: " É dificil que o substitúa ao cen por cen, pero sí que vai a modificar en parte os habitos de lectura. Xa pasou, por exemplo, cós diccionarios e enciclopedias: hoxe en día, os diccionarios prácticamente xa non se publican en tomos, é moito máis operativo consultar en Internet ou mesmo nun CD o significado das palabras. Tamén Internet está desterrando aos xornais de papel, pola falta de inmediatez destes últimos ".

     " A novela aguanta moito mellor do que se pensaba: podes levala á praia, subraiala... O libro literario sempre aporta moitos máis datos ca un electrónico: editorial, maqueta-ción, deseño, ilustración, etc ".

     " O problema do dixital é que aínda resulta caro e en moitos lugares do mundo totalmente inaccesible, pero tamén ten o valor do inmediato: Ten cousas boas e non tan boas ".


     Agradézolle a Ramón Caride Ogando a súa amabilidade e boa disposición para a realización desta entrevista.


Manuel Vázquez Augusto  3º E.S.O. B



   
     

     



No hay comentarios:

Publicar un comentario