No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, rapazas e rapaces do IES Nº 1 do Carballiño, foron convidados a participar xunto cos demais centros da vila a unha xuntanza na Praza Maior do Carballiño , dentro dos actos programados pola Concellalía de Igualdade e Benestar do Concello. Tratábase de ler pequenos fragmentos de poesías, frases, cancións , etc.. nos que se plasmase o noso rexeitamento ante esta auténtica traxedia que, por desgraza aínda non está erradicada. Do noso centro participaron seis rapazas e un rapaz.
Patricia ( 2º ESO ) recitou un pequeno poema , e tamén unha frase de José Martí : " Os bárbaros que todo o fían á forza e a violencia, nada construen, porque a fría semente é de odio "
Sandra ( 2º de ESO ), recomendou o libro: " El diario azul de Carlota " de Gemma Lienas. No que a partires das testemuñas que Carlota vai recollendo da súa nai, aboa e a súa tia Octavia, a protagonista escribe un diario azul: fala de violencia escolar e de violencia infantil, que funcionan con mecanismos semellantes ós da violencia de xénero. Tamén aporta claves ou estratexias da faciana dun posible maltratador: un noivo que controla demasiado, ou que envía máis de 25 sms no recreo a súa noiva.
María Vázquez recomendou o libro : " Mil soles espléndidos "
de Khaled Hosseini.: conta a conmovedora historia de amizade entre dúas mulleres afganas de orixes moi dispares: Mariam e Laila, cuios destiños se entrelazan por mor do azar e as convulsións que ven de sufrir Afganistán nos derradeiros trinta anos. As terribles circunstancias farán que as dúas protagonistas vaian forxando un vínculo invisible, que lles dará forzas para superar o medo, e dar cabida á esperanza.
Marian ( 2º ESO ). Recitou un texto de Kofi Annan:
" A igualdade das mulleres debe ser un compoñente central en calquer intento por resolver os problemas sociais, políticos e económicos ".
E tamén o artigo 15 da Constitución Española : " Todos teñen dereito á vida e a integridade física e moral, sin que en ningún caso poidan ser sometidos a torturasnin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes.
María Millán nos animou tamén á lectura do libro : " O Club da calceta " , de María Reimóndez , onde seis mulleres moi diferentes entre sí acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións, pero tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María reimóndez dálles voz a estas mulleres que dende as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora.

Marta . Tamén comentou brevemente outro libro : " O Inferno de Marta ", de Pascual Alapont. Neste libro se conta a historia de Marta, unha rapaza nova que non sabe que cando aceptou sair con aquel mozo, poñía literalmente un pé no inferno: a partir de entón sería tan doloroso penetrar coma tratar de escapar de alí. Esta novela está escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluido.
Complétase con : " A Máscara do amor ", un texto no cal o psicólogo e criminalista Vicente Garrido analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no maltrato físivo ou psicolóxico.
Manuel ( 4º de ESO ), alumno do Conservatorio do Carballiño, e que forma parte da Banda de Música , interpretou con saxofón un pequeno fragmento musical : "
6º solo de concerto " de
J.B. Singelee
 |
| tivemos sorte co tempo |