Xa empeza a ser unha tradición celebrar o Día do Libro, nunca mellor dito: sacando os libros á rúa. A climatoloxía tamén axudou dando unha tregua, e xa dende as catro da tarde os rapaces e rapazas se puxeron maus á obra ordenando os libros nos postos que o Concello cedeu para a ocasión.
Entre os libros que se espuxeron había un pouco de todo: clásicos como " Romeo e Xulieta ", " Madame Bovary ", " El Proceso " " Casa de Bonecas ", etc.. Non nos esquecemos da Literatura Española : " El Juego de Ripper ", " Donde los Árboles cantan ", " El lector de Julio Verne ", " La reina descalza " e algúns libros máis de Literatura Xuvenil.
| colocando o cartel da biblioteca |
Houbo espazo tamén para os libros de Ciencia como " Unha Guía de Astronomía " " El Diablo de los Números " , " Historia de la Ciencia y la Tecnología " " La materia " " El Mundo de los ordeenadores ", " La Química ", " El cuerpo humano , etc..
Non nos esquecemos do " recuncho " de Documentación Local " que é unha das zonas máis visitadas e donde hai un pouco de todo.. pero sempre relacionado con O Carballiño.
Documentos sobre a Igrexa da Vera Cruz, libros de Toponimia do Carballiño, fauna e flora, sobre o cine, lendas ou antropoloxía, fotografías antigas e mesmo novelas ambientadas ou que falan do Carballiño : " El Cisne de Vilamorta " de Pardo Bazán, " La Cruz del Salvador " de Juán Valcárcel, " Bícame Frank " de Miguel Anxo Fernández, " O frío azul " de Ramón Caride Ogando. Houbo tamén sitio para a Literatura Galega : " Servizo de Urxencias ", " O club da calceta ", " Os libros arden mal ", " Acordes náufragos ", " Unha historia que non vou contar ", etc..
A exposición completouse cun apartado de Libros singulares, comics e fotografías : " Leyendas del Rock ", " Galicia en cen prodixios " , " El libro de los Dinosaurios ", " Las fotografías de Alfonso ", etc..e os comics como: " Ardalén ", " Cartas de Inverno", " As serpes cegas ", " Arrugas ".
Se expuxeron máis de noventa títulos
Subliñar tamén que os alumnos-as dos dous Institutos leron textos en distintos idiomas : castelán, galego, inglés, francés e alemán.
Tamén houbo solta de globos, música en directo, e marcapáxinas de agasallo
Dende aquí queremos darlle as grazas a todos e todas pola súa participación.